2 morriña

2 morriña

(< morrer?)

  1. s f

    Corpo morto en estado de descomposición.

    Ex: Os cans uliron rapidamente a morriña porque fedía moito.

    Sinónimos: prea.
  2. s f

    Capa de sucidade que se forma sobre algo causada pola mala hixiene e a falta de aseo.

    Ex: Estes mulidos teñen tanta morriña que vas ter que botarlle lixivia.

    Sinónimos: cotra, roña.

Frases feitas

  • Ter máis morriña ca a chaqueta dun garda civil. Estar algo moi sucio.

Palabras veciñas

Morricone, Ennio | Morrigan ou Morrigu | 1 morriña | 2 morriña | 3 morriña | Morriña | Morriña