"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que transforma a protopectina en pectina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide secundario do opio, do grupo da criptopina. É unha substancia branca, cristalina, sen apenas interese farmacéutico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Materia cósmica que pode transformarse en planeta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contido plasmático celular formado por un sistema coloidal heteroxéneo constituído por unha retícula de filamentos, membranas, microsomas, etc, de natureza proteica ou lípida, dispersos nun medio acuoso. Na maioría das células animais e vexetais diferénciase en citoplasma e núcleo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao protoplasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da célula metabolicamente activa, constituída polo seu contido plasmático total, coas inclusións. Considérase unha unidade biolóxica fundamental, separada da parede celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A máis abundante de todas as porfirinas, formada por unha molécula de porfina substituída por 4 grupos metilo, 2 grupos vinilo e 2 grupos de ácido propiónico. Ten 15 isómeros posibles, dos que o máis abundante é a protoporfirina IX. Atópase na hemoglobina, na mioglobina e na maioría dos citocromos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe osteíctio pulmonado pertencente ao xénero Protopterus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes osteíctios pulmonados, da familia dos lepidosirénidos, da orde dos dipnoos, de distribución africana, con dous pulmóns, que utilizan de forma habitual, especialmente en condicións de falta de osíxeno, e branquias moi reducidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro segmento do tórax dos insectos. Da súa parte lateral xorde o primeiro par de patas. Dorsalmente, o pronoto pode estar moi desenvolvido, como en certos coleópteros, e ten valor taxonómico nalgúns grupos de insectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexurdimento do estilo clásico anterior ao Renacemento. O termo do s XII foi empregado por E. Panofsky para referise ás manifestacións artísticas que se desenvolveron no sur de Francia, Italia e España desde finais do s XI e que acadaron o seu cume no s XII, aínda que continuaron no s XIII. O termo emprégase tamén para referirse ás primeiras manifestacións renacentistas, como o plateresco.
-
-
Relativo ou pertencente aos protosauros.
-
Réptil da orde dos protosauros.
-
Orde de réptiles fósiles de pequenas dimensións, que posuían unha única fosa temporal e tiñan o aspecto de lagartos. Viviron durante o Permiano e o Triásico e orixinaron os sauropterixios.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos protosteliomicetos.
-
Fungo da clase dos protosteliomicetos
-
Clase de fungos microscópicos da división dos ximnomicotes que forman plasmodios reticulares multinucleados. Comprende unhas 25 especies.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
blastóporo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de formación da boca e do ano característica dos protóstomos, mediante a que o blastóporo ou a área blastopórica dan orixe á boca, mentres que no polo oposto do embrión se produce o ano.
-
-
Relativo ou pertencente aos protóstomos.
-
Metazoo do grupo dos protóstomos.
-
Grupo de animais en que a boca e o ano se orixinan por protostomía. A este grupo pertencen, entre outros, os platihelmintos, os anélidos, os moluscos e artrópodos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos prototerios.
-
Mamífero da subclase dos prototerios.
-
Subclase de mamíferos que comprende as formas máis arcaicas de toda a clase: presentan características típicas de mamíferos con outras que os aproximan a vertebrados inferiores. Por exemplo, malia que presentan secreción láctica, teñen cloaca, reprodución ovípara e fociño que forma unha especie de peteiro que recorda ao dos patos. Comprende a orde dos monotremos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao prototipo.
-
-
-
Modelo primitivo ou orixinal de algo.
-
Primeira máquina, instalación industrial ou vehículo construído para experimentar, en funcionamento, as súas calidades, características, rendemento, etc, para poder resolver, eventualmente, as imperfeccións antes de comezar a fabricación en serie.
-
Primeiro modelo dunha serie de barcos iguais e que, na mariña de guerra, adoita darlle nome aos da súa clase.
-
-
Exemplar máis perfecto e modelo dunha virtude, calidade ou vicio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de nutrición dos organismos que, para previr as necesidades biolóxicas, asimilan directamente un elemento químico simple, que intervén así no metabolismo.