protoporfirina

protoporfirina

(< proto- + porfirina)

s f [BIOQ/QUÍM]

A máis abundante de todas as porfirinas, formada por unha molécula de porfina substituída por 4 grupos metilo, 2 grupos vinilo e 2 grupos de ácido propiónico. Ten 15 isómeros posibles, dos que o máis abundante é a protoporfirina IX. Atópase na hemoglobina, na mioglobina e na maioría dos citocromos.

Palabras veciñas

protoplasma | protoplasmático -ca | protoplasto | protoporfirina | protóptero | Protopterus | protórax