"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Formouse na École des Arts Décoratifs de París e de Bourdelle. As súas obras naturalistas caracterízanse polas cores puras e por unha visión optimista da vida. Cómpre subliñar algunhas das súas obras como Vista de Toledo (1932) e Le port de Marseille (O porto de Marsella, 1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que substitúe ou elimina un cheiro desagradable.
-
Substancia que se emprega nas industrias química, cosmética e alimentaria para eliminar ou contrarrestar un cheiro desagradable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para tratar a opilación ou obstrución.
-
-
Acción de desorganizar ou desorganizarse.
-
Estado do que manifesta falta de organización.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de desorganizar ou desorganizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen desorganiza.
-
-
Destruír ou alterar a organización ou bo funcionamento dalgunha cousa.
-
Facer que algo perda a boa disposición ou orde.
-
Perder algo a organización.
-
-
-
Que desosixena.
-
Substancia redutora que se combina co osíxeno libre. Emprégase para eliminar o osíxeno non combinado quimicamente.
-
-
-
Que desoxida.
-
Produto que se emprega para efectuar unha desoxidación. Para o aceiro fundido emprégase o aluminio, o manganeso e o silicio; e para outros metais, o carbono, o magnesio, o calcio e o fósforo. Os desoxidantes superficiais son disolventes do óxido ou doutras substancias que se combinan co metal e forman o sal correspondente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen despacha, especialmente referido a funcionarios aduaneiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz que designa a persoa que creba as pechaduras para roubar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario publicado por María Xosé Queizán en 1993 comprometido coa causa feminista, no que desenvolve unha reflexión sobre o poder da palabra e tenta construír un eu lírico feminino a partir da rebelión e da ruptura coas formas e valores establecidos polo home. A primeira parte, titulada “Despertar das amantes”, está formada por poemas amorosos dirixidos a outra muller. Son os máis intimistas, anecdóticos e reveladores da vivencia persoal. A medida que avanzan os poemas, o encontro erótico entre dous corpos femininos vai perdendo a súa condición de experiencia individual para converterse nun discurso máis abstracto e xeneralizador. Así, as dúas amantes que espertan xuntas pola mañá son dúas mulleres concretas que comezan xuntas un novo día. O despertar é tamén un acto simbólico: a muller libérase dos valores impostos tradicionalmente polo home e revélase como creadora dunha nova realidade solidaria. A segunda parte, “Escrita”, constitúe unha poética ao redor do xogo erótico que implica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arrincar unha planta da terra coa súa raíz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dito ou feito que mostra desconsideración, fachenda ou ofensa.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Discípulo do flamengo Nicasius Bernaerts, especializouse na pintura de animais, escenas de caza e naturezas mortas. Realizou estudios paisaxísticos do natural para realizar os fondos das súas composicións. Entre as súas obras destaca Brocart gardè par cinq chiens (Brocart protexido por cinco cans). Realizou tamén tapices para a manufactura dos Gobelins.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xacobe I.
-
-
Falta de temperanza.
-
Estado de destemperado.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Padrenda. De estilo barroco, construíuse no s XVIII. No interior destacan as pinturas ao fresco da bóveda de crucería, que representan as imaxes dos apóstolos, dos evanxelistas, dos santos escritores Tomé de Aquino e Boaventura, e dos catro Padres da Igrexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi músico da corte de Luís XV e ocupou un posto na Académie Royale de Musique. Introduciu importantes innovacións harmónicas. Da súa produción destaca a peza Issé (1697) e ademais compuxo motetes, cantatas, ballets e óperas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Coñecido como Céline Louis-Ferdinand, licenciouse en Medicina en 1924 e principiou a súa andaina como novelista con Voyage au bout de la nuit (Viaxe ao final da noite, 1932). Despois de Mort à crédit (Morte a crédito, 1936), redactou algúns panfletos antisemitas, e en 1940 uniuse ao goberno de Vichy. Exiliouse e, á súa volta, comezou de novo a súa actividade literaria, coa que conseguiu o respecto da crítica esquerdista. As obras D’un château l’autre (Dun castelo ao outro, 1957), Nord (Norte, 1960) e Rigodon (1968) son, quizais, a manifestación máis patética e elocuente do seu nihilismo corrosivo.
VER O DETALLE DO TERMO