"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Tenor italiano. Estudiou con Adriano Tocchio, Luigi Montesanto e Mariano Stabile e debutou o 20 de abril de 1946 en Reggio Emilia no papel de Des Grieux, de Manon Lescaut de Massenet. Entre os anos 1944 e 1945 participou en diversos programas radiofónicos de Radio Lausanne. Cun rexistro vogal moi expresivo e elegante, formou un amplo repertorio italiano, romántico e verista no que destaca a súa interpretación de Cavaradossi de Tosca. O 15 de marzo de 1947 debutou na Scala de Milán con Manon, o 25 de febreiro de 1948 no Metropolitan Opera House con Rigoletto, en 1957 no Festival de Edimburgo no papel de Nemorino, de L’elisir d’amore, e no Covent Garden en 1961 como Cavaradossi. Deu concertos por todo o mundo e na década dos setenta formou parella con Maria Callas nunha serie de recitais. Da súa discografía destacan Guiseppe di Stefano: Gala-Konzert, Guiseppe di Stefano: Historical Recording 1952-1963, Guiseppe di Stefano:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e editor musical austríaco. Xunto con P. Cappi fundou a editorial Cappi & Diabelli e tivo a iniciativa de enviar un valse a cincuenta compositores, entre outros Liszt, Schubert e o fillo de Mozart, para que escribisen unha variación cada un deles. O resultado foi unha recompilación musical moi representativa do seu tempo: Vaterländischer Künstlerverein e as Variacións Diabelli opus 120 de Beethoven. Así mesmo, compuxo pezas didácticas para piano, sonatas e misas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. A súa obra caracterízase polo lirismo erótico e simbólico. Publicou, entre outras obras: Fur ǎ m trandafiri (Rouban rosas, 1967) ou Jum ǎ tate zeu (Medio deus, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento carotenoide do tipo das xantofilas, illado das células de dinoflaxeladas e diatomeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de diáfano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao corpo a través do que pasa a luz case na súa totalidade, aínda que sexa compacto.

    2. Que é claro e non ten manchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medición da diafanidade dun fluído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado para medir a diafanidade dos fluídos, especialmente do aire atmosférico. Actualmente, aplícanse técnicas nefelométricas con células fotoeléctricas que miden a luz reflectida polas partículas flotantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame por transiluminación dunha cavidade corporal pechada e das súas partes, por exemplo, do cranio, ou de partes corporais translúcidas como beizos ou testículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai posible o diálogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foguete francés de tres etapas que se empregou para pór en órbita o D-1A, o primeiro satélite artificial lanzado por Francia. Medía 17 m e pesaba aproximadamente 17 tm.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de diamantar.

    2. Que está cuberto de diamantes.

    3. Que posúe as calidades do diamante, especialmente o brillo ou a dureza.

    4. Que contén po de diamante na súa composición.

    5. Aplícase á peza ou figura do escudo que leva na súa parte central un diamante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a algo o brillo do diamante.

    2. Rectificar o perfil dunha moa de afiar por medio dun diamante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. (Madrid 1626? - 1687) Comediógrafo. Escribiu ao redor de 50 comedias que el mesmo editou en dúas etapas. Da súa produción destacan El honrador de su padre, El cerco de Zamora e El Hércules de Ocaña.

      1. ariedade de carbono puro que cristaliza no sistema cúbico, as máis das veces como octaedros, dodecaedros ou cubos. Os átomos de carbono están unidos por enlaces covalentes fortes que dan lugar a tetraedros moi compactos e próximos uns doutros; isto determina tanto a súa dureza -de valor 10, máxima na escala de Mohs, polo que raia todas as demais substancias e non pode ser raiado por ningunha-, como o seu elevado punto de fusión (3750 °C). Ten un peso específico de 3,51. Nun principio mantíñanse sen tallar pero a partir da Idade Media empezáronse a traballar de xeito que os raios luminosos que a el chegan sofren unha refracción que os leva cara ao centro da pedra e reflicte a gama completa das cores do arco da vella, polo que é moi apreciado en xoiería como pedra preciosa. A talla máis usual dá lugar a 58 caras no diamante. A maioría dos diamantes terrestres fórmanse no manto en condicións de alta temperatura e presión, logo soben ata a superficie arrastrados por correntes de magma que penetran...

      2. Instrumento cunha punta de diamante industrial que se emprega para cortar o vidro.

      3. Anaco de diamante, colocado no extremo dunha peza que funciona como soporte, empregado para afiar ferramentas ou para rectificalas.

      1. Calquera cousa que comparte co diamante algunha característica.

      2. Parte do terreo de xogo do béisbol que ten forma de rombo. Os seus ángulos unen as bases primeira, segunda e terceira coa base de meta.

      3. Antigo carácter de imprenta de dous puntos e medio creado por Didot.

      4. Na baralla francesa, un dos catro paos que se caracteriza polos rombos que leva debuxados.

      5. ...

      5. Na baralla francesa, cada unha das cartas que constitúen o pau de diamantes.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Madrid 1626? - 1687) Comediógrafo. Escribiu ao redor de 50 comedias que el mesmo editou en dúas etapas. Da súa produción destacan El honrador de su padre, El cerco de Zamora e El Hércules de Ocaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén diamantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Minas Gerais, Brasil, situado ao NL de Belo Horizonte, drenado polo río Jequitinhonha (43.000 h [2000]). Destaca na súa economía o turismo e a extracción de diamantes, realizada polos garimpeiros de forma tradicional. O principal cultivo agrario é o algodón, que abastece varias fábricas de tecidos. O seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao diamante.

    2. Que posúe as calidades do diamante, especialmente o brillo ou a dureza.

    3. Que é duro e inquebrantable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego ἀ δάμας -αντος ‘aceiro, diamante’, substantivo derivado do verbo δαμάζω ‘domear, vencer’. Introduciuse no galego a través do latín vulgar *diamas, -antis. Presenta o hipocorístico Tino.

    VER O DETALLE DO TERMO