diamante
(< lat v *diamante deadămante < gr ἀδάμας-αντος ‘aceiro’)
-
(Madrid 1626? - 1687) Comediógrafo. Escribiu ao redor de 50 comedias que el mesmo editou en dúas etapas. Da súa produción destacan El honrador de su padre, El cerco de Zamora e El Hércules de Ocaña.
-
s
-
[MINERAL]
ariedade de carbono puro que cristaliza no sistema cúbico, as máis das veces como octaedros, dodecaedros ou cubos. Os átomos de carbono están unidos por enlaces covalentes fortes que dan lugar a tetraedros moi compactos e próximos uns doutros; isto determina tanto a súa dureza -de valor 10, máxima na escala de Mohs, polo que raia todas as demais substancias e non pode ser raiado por ningunha-, como o seu elevado punto de fusión (3750 °C). Ten un peso específico de 3,51. Nun principio mantíñanse sen tallar pero a partir da Idade Media empezáronse a traballar de xeito que os raios luminosos que a el chegan sofren unha refracción que os leva cara ao centro da pedra e reflicte a gama completa das cores do arco da vella, polo que é moi apreciado en xoiería como pedra preciosa. A talla máis usual dá lugar a 58 caras no diamante. A maioría dos diamantes terrestres fórmanse no manto en condicións de alta temperatura e presión, logo soben ata a superficie arrastrados por correntes de magma que penetran na codia terrestre debido á actividade volcánica. Este magma, unha vez solidificado, as máis das veces de xeito tubular, dá lugar ás rochas denominadas kimberlitas, entre as que se inclúen os diamantes. Estas rochas constitúen as minas de diamantes e os sedimentos aos que dan lugar os depósitos. Por este motivo, os diamantes, e especialmente as súas inclusións, constitúen unha importante fonte de información sobre a composición e condicións de presión e temperatura do manto. Existen tres variedades de diamantes valoradas polo home: a xema, que é a de cristalización máis perfecta e pura; o diamante boart, que se presenta en masas esféricas, irregulares e fibrosas e que, unha vez triturado, se emprega como abrasivo industrial e, en particular, na talla e pulimentado das xemas; e a variedade carbonada, que se presenta en fragmentos negros con aspecto de carbón de mina e que se utiliza nas brocas e barrenas. O seu valor depende do peso, da pureza, da calidade da talla e da cor. O peso exprésase en quilates (0,2 g), que antigamente correspondía ao peso dunha semente da Ceratonia coas que equilibraban as balanzas cando se trataba con diamantes, e non garda unha relación directa co seu valor, de tal xeito que un diamante dun quilate ten un valor superior a dous diamantes de 0,5 quilates. Tanto a cor como a súa pureza mídense a través de escalas establecidas de xeito internacional para codificar con exactitude a súa calidade. A pureza depende do grao de impurezas que presente, de defectos na cristalización ou imperfeccións superficiais producidas despois do tallado. Considérase que un diamante é puro cando un experto cunha lupa de 10 aumentos non é quen de atopar ningún defecto. Os diamantes poden ser transparentes -os máis valorados-, amarelos, castaños -os menos valorados-, vermellos, rosas, verdes e azuis. Ao ser tratados con diferentes partículas e radiacións, poden cambiar de cor; o máis frecuente é a irradiación por neutróns polo que adoptan, as máis das veces, unha cor verde uniforme e estable. Tamén se poden tinguir, reparar fisuras e facer desaparecer as inclusións mediante raio láser. A India foi o principal produtor de diamantes, procedentes de xacementos sedimentarios, ata o s XVIII. Nesta rexión xa se extraían diamantes no s VI a C. Un dos máis importantes é o diamante Koh-i-noor, que pertencía a unha familia de príncipes indios e que orixinariamente pesaba 186 quilates e tiña forma redondeada. En 1739 adquiriuno o Xa de Persia e, posteriormente, chegou a mans da East Indian Company, que llo regalou á Raíña Vic22toria en 1850. Posteriormente, retallouse, cun peso de 108,93 quilates, e ocupou un lugar na coroa da Raíña María, casada con Xurxo V. Consérvase na coroa da Raíña Elisabeth, na Torre de Londres. Outro é o Nassak que pesa 43,38 quilates, aínda que orixinariamente pesaba máis de 90. Conservábase nun templo de Shiva en Nassak, na India, e foi roubado en 1818 polos ingleses; logo pasou aos EE UU. Outro diamante procedente da India é o Xa, que pesa 88,7 quilates e leva tres inscricións cos nomes dos seus donos, entre eles, o Xa de Persia; logo pasou a Moscova. En 1725 descubríronse en Brasil grandes xacementos sedimentarios que ofreceron gran número de diamantes aínda que cunha baixa proporción de pedras con calidade de xemas. O diamante de maior tamaño localizado nestes xacementos foi, en 1853, o denominado Estrela do Sur que, logo de tallado, pesou 128,8 quilates. O denominado diamante Presidente Vargas, localizado tamén en Brasil, de 726,6 quilates, resultou ser un topacio incoloro que no seu día se confundiu cun diamante polo seu incrible brillo, transparencia e dureza. En 1867 descubríronse inmensos depósitos de diamantes nas praias do río Orange, en Sudáfrica, que tivo como consecuencia a chegada de gran número de buscadores e que deu lugar máis tarde á Guerra dos Bóers. En 1905 localizouse o Cullinan, que constituíu o maior diamante do mundo, con 3.106 quilates, que lle foi regalado á coroa inglesa e que, en 1908, foi tallado en Amsterdam; del obtivéronse 104 pedras. A peza máis importante é o Cullinan I que está no cetro do Rei Eduardo VII de Inglaterra e que pesa 530,2 quilates. Outros diamantes importantes de orixe sudafricana son o Excelsior, que se atopou en 1893 e pesa 995,2 quilates, e o Tiffany, localizado en 1878, que conta cun peso de 128,51 quilates, aínda que en bruto pesaba 287,42 quilates ata que foi tallado en París con 90 facetas. Existen outros países con importantes xacementos de diamantes, como Australia, Namibia, República Democrática do Congo, Rusia e Botswana. Australia conta con importantes xacementos nos que a rocha portadora non é unha kimberlita, senón unha lamproíta. Este país constitúe o maior produtor de diamantes do mundo, aínda que só un 5% son xemas. Namibia ten os maiores xacementos sedimentarios do mundo, descubertos a principios do s XX, que ofrecen gran cantidade de xemas. A República Democrática do Congo conta con grandes xacementos, descubertos en 1907, que producen gran cantidade de diamantes, aínda que poucas xemas. Rusia ten xacementos, descubertos en 1954, que producen o 15% do total mundial, feito que o sitúa como o primeiro produtor en importancia económica. Botswana, con xacementos descubertos a finais do s XX, constitúe o principal produtor africano de diamantes de calidade xema. Outras zonas produtoras de diamantes de calidade xema, son Borneo, Indonesia, EE UU, República do Congo, Angola, Ghana, Serra Leona, Guinea Ecuatorial, Tanzania, Lesotho, Guiana, Bolivia, Venezuela e China. España ten xacementos de diamantes escasamente explotados.
-
[TECNOL]
Instrumento cunha punta de diamante industrial que se emprega para cortar o vidro.
-
pl
[TECNOL]
Anaco de diamante, colocado no extremo dunha peza que funciona como soporte, empregado para afiar ferramentas ou para rectificalas.
-
[MINERAL]
-
-
s
m
Calquera cousa que comparte co diamante algunha característica.
-
s
m
[DEP]
Parte do terreo de xogo do béisbol que ten forma de rombo. Os seus ángulos unen as bases primeira, segunda e terceira coa base de meta.
-
s
m
Antigo carácter de imprenta de dous puntos e medio creado por Didot.
-
s
m pl
[XOGO]
Na baralla francesa, un dos catro paos que se caracteriza polos rombos que leva debuxados.
-
s
m
[XOGO]
Na baralla francesa, cada unha das cartas que constitúen o pau de diamantes.
-
edición diamante
[GRÁF]
Edición elegante de forma e letra moi pequena.
-
s
m
-
s
m
[TECNOL]
Lámpada mineira de petróleo provista dun reflector.
-
[ANIMAL/ORNIT]
-
s
m
Denominación que reciben algúns paxaros, da familia dos estríldidos, de plumaxe de cores vivas e contrastadas que crían en catividade como aves de gaiola.
-
diamante de Gould [Poephilia gouldiae, Fam dos estríldidos]
Ave de 14 cm de lonxitude que ten a cabeza de cor escarlata, delimitada por unha pequena franxa negra, seguida por outra banda, máis ancha, de cor turquesa. A gorxa e o papo son negros, o peito de cor púrpura escura e o ventre de cor amarela. A caluga, o lombo, as ás e a cola son de cor verde. O peteiro é de cor branca coa punta vermella. As femias son de tonalidades máis esvaídas. Vive, formando pequenos grupos, en bosques abertos e matogueiras na proximidade de zonas húmidas, onde se alimenta principalmente de sementes e insectos. É orixinaria do norte de Australia.
-
diamante mandarín [Phoephila guttata, Fam dos estríldidos]
Ave de 12 cm de lonxitude que ten a cabeza e o pescozo de cor azul, as ás e o dorso de cor acastañada, o peteiro e as meixelas de cor laranxa, o peito finamente raiado de negro e a cola negra con franxas brancas. As femias teñen a coloración máis apagada. Forma grandes grupos, de ata 100 parellas, en praderías con arbustos incluso en medios áridos onde crían logo dun período de chuvias. Ten a capacidade, rara entre as aves, de sucionar a auga. É orixinaria do L de Indonesia e de gran parte de Australia.
-
diamante papagaio [Erythrura psittacea, Fam dos estríldidos]
Ave de 11 cm de lonxitude, de plumaxe de cor verde agás a cara, gorxa e cola que son dunha viva cor vermella. Habita en bosques abertos e campos de cultivo, onde se alimenta principalmente de sementes de poáceas. É orixinaria de Nova Caledonia.
-
s
m
Frases feitas
-
diamante en bruto 1 Que aínda non está tallado.
-
2 Diamante ou persoa que posúe calidades valiosas en potencia, pero que aínda non están desenvolvidas. Ex: Ese neno é un diamante en bruto, cando sexa grande chegará a ser alguén.