"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Que non se move nin cambia.

    2. Que está tranquilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano, fillo de Macrino. O seu pai asociouno ao trono xunto ao seu irmán e durante o seu goberno tratou de defender o Imperio Romano da ameaza persa, pero foi derrotado e asasinado por estes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Foi investigador do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), onde dirixiu o Laboratorio de Fonética Experimental, e desde 1976 foi catedrático de Lingua Castelá na UNED. Experto en fonética e fonología (Fonética y fonología del español, 1963; Fonética acústica de la lengua española, 1981; Tratado de fonología y fonética españolas, 1993), tamén investigou o léxico panhispánico en países de América Latina, en Filipinas, Micronesia e Guinea Ecuatorial. Como froito destes estudos publicou diversas obras e dirixiu, con Manuel Alvar, os traballos do Atlas Lingüístico de Hispanoamérica (1996) e, desde 1992, traballou no Atlas Lingüístico Nacional del Ecuador. Tamén investigou a métrica (Métrica española, 1978), a historia da lingua (Historia de la lengua española, 1987), a historiografía lingüística -especialmente a obra de Antonio Nebrija (Antonio Nebrija: gramática de la lengua castellana, 1980)-,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Discípulo de J. A. Watteau, foi a Lisboa (1729) e nomeárono pintor da corte e membro da Academia de Pintura. Pintou numerosos cadros para o palacio do Duque de Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de medida da enerxía explosiva das bombas nucleares que equivale á enerxía desprendida na explosión de mil toneladas de TNT. Un quilotón é igual a 4,18 · 1012 J.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ertedura de quilo no espazo pleural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • quimiorreceptor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autotrofia dos organismos que sintetizan o seu material celular por redución de materia inorgánica que procede do medio, mediante electróns e enerxía, obtidos da oxidación de materia inorgánica do medio, e sen ningún tipo de intervención directa de luz solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que presenta quimiolitotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao receptor sensitivo que detecta e diferenza as substancias segundo a súa estrutura química, e cuxo estímulo pode provocar reaccións de resposta no organismo.

    2. Órgano sensible ás modificacións químicas do sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para obter cultivos continuos e que consiste nun receptáculo cerrado que se comunica cun depósito que lle subministra constantemente un medio de cultivo, e cun sifón polo que sae o exceso de células do cultivo e dos seus produtos de excreción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Quindimil (Palas de Rei). Totalmente reconstruída, está formada por unha edificación principal en forma de L, que conforma a casa, e dúas máis que configuran o patio da entrada. As referencias documentais que dela se conservan aluden ao s XVI. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cincocentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Anthony Quinn, representou cun gran temperamento caracteres duros e aventureiros impregnados dun certo primitivismo. Dos seus máis de 150 filmes cómpre destacar: Viva Zapata (1952), en que recibiu o Oscar ao mellor actor secundario; La strada (1954), Zorba, the Greek (1964), The Shoes of Fisherman (1968), Lion of the Desert (1981), Revenge (1990), Jungle of Fever (1991) e Oriundi (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lousada (Xermade). O seu cumio acada os 762 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Quintela de Umoso (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.231 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo, irmán de María del Carmen Quintero. Director e propietario de Roberto Quintero-Fotografía Técnica Industrial, foi presidente da Asociación de Fotógrafos Profesionales de Pontevedra, presidente da Federación Gallega de Fotógrafos e vogal da Federación Nacional de Fotógrafos Profesionales.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Combinación métrica de cinco versos de arte maior, isométricos ou plurimétricos, a base de dúas rimas consonantes, onde non pode quedar solto ningún verso, nin rimar máis de dous versos seguidos, e sen que os dous últimos formen pareado. As disposicións rimadas máis correntes son: ABABA, ABBAB, AABBA. A súa orixe non está clara, e en todo caso pode depender do esquema rimado.

      1. Composición musical para cinco voces ou cinco instrumentos.

      2. Grupo de cinco músicos.

    2. Grupo de cinco persoas, cousas ou animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado á dereita do Ebro (2.064 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO