quinteto
quinteto
(
-
s
m
[LIT]
Combinación métrica de cinco versos de arte maior, isométricos ou plurimétricos, a base de dúas rimas consonantes, onde non pode quedar solto ningún verso, nin rimar máis de dous versos seguidos, e sen que os dous últimos formen pareado. As disposicións rimadas máis correntes son: ABABA, ABBAB, AABBA. A súa orixe non está clara, e en todo caso pode depender do esquema rimado.
-
s
m
[MÚS]
-
Composición musical para cinco voces ou cinco instrumentos.
-
Grupo de cinco músicos.
-
-
s
m
Grupo de cinco persoas, cousas ou animais.