"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de comercializar. O proceso consiste en achegar un ben desde a unidade de produción ao consumidor final. Caracterízase pola ausencia de accións transformadoras e pola adecuación da oferta bruta ás condicións especificadas polas preferencias da unidade de consumo. Está composto polos procesos de promoción, investigación de mercados, planificación do produto, fixación de prezos, administración comercial e distribución física.
-
-
-
Conxunto de actividades de compra, venda ou intercambio de produtos naturais ou industriais co obxectivo de conectar a produción co consumo ou co investimento. Pódese clasificar en dous grandes bloques; o primeiro é o interior, limitado aos intercambios dentro dunha economía nacional; o segundo é o exterior, resultado das relacións comerciais entre os residentes nun país e o resto do mundo. Os axentes que participan neste proceso son as empresas, responsables de colocar no mercado os seus produtos, e os consumidores. Entre ou dous aparecen os comerciantes, que permiten a fluidez dos intercambios. No relativo ao comercio exterior, as relacións establécense entre fabricantes, asentados no país exportador, e aqueles profesionais encargados da súa comercialización no país importador. < BR> Historia do comercio
O comercio xurdiu coa Revolución Neolítica, que supuxo o abandono da economía exclusivamente predadora e a súa substitución pola economía produtiva.... -
comercio exterior
Conxunto dos intercambios comerciais que establece un territorio soberano co resto do mundo. Distínguese entre comercio de importación, que se refire á compra de produtos estranxeiros por parte dun estado, e comercio de exportación, relativo á venda de produtos nacionais ao estranxeiro. Os mercantilistas viron no comercio exterior a fonte de toda riqueza e, no comercio interior, un cambio na riqueza relativa dos individuos.
-
comercio polo miúdo
Comercio relativo a volumes pequenos de produtos de uso inmediato no que o comprador é o consumidor final.
-
comercio por xunto
Comercio a grande escala. Normalmente, os compradores son comerciantes polo miúdo, restauradores, comunidades relixiosas, centros escolares ou entidades similares.
-
-
Conxunto de comerciantes e actividades comerciais dunha poboación ou un país.
-
Establecemento dedicado á actividade comercial.
-
-
SEMANARIOS
Semanario que se publicou por primeira vez en xaneiro de 1894 na cidade de Vigo. Francisco Carraque, o seu fundador e director, só editou 20 números deste periódico na súa imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico que saíu por primeira vez na Coruña no ano 1875 e que deixou de editarse arrededor do 1882. R. Faginas Armaz imprimiu este semanario de tendencia liberal e demócrata que fundara Juan Cuenca e que dirixiron J. Castro Arias e J. Mª Montes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico que comezou a publicarse en Vilagarcía de Arousa no ano 1879, aínda que no 1881 principiou outra nova andaina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico que se publicou na Coruña a partir de 1924. Era un defensor dos intereses tanto da industria coma do comercio de Galicia.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu na Coruña no ano 1924 co subtítulo de “Revista de los intereses económicos de La Coruña, con suplementos de información”. A Secretaría de La Cámara de Comercio de La Coruña fíxose cargo da redacción e da administración, coa cooperación da Asociación Patronal e da Asociación de Navieros e Consignatarios. En 1943, esta publicación comezou unha nova etapa na que se deu a coñecer como Orientación Económica e Financiera.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Asemblea popular romana, basicamente da época da República, que xunto co Senado e cos maxistrados eran os elementos fundamentais do poder republicano. Os máis antigos eran os comicios curiais (comitia curiata), unha asemblea que apareceu durante a monarquía etrusca constituída por nobres que elixían os reis. Despois da reforma do 509 a C, durante a época republicana, tiñan a función de conferirlles o imperium (o poder civil, militar e xudicial) aos maxistrados. Os comicios centuriados (comitia centuriata) apareceron con posterioridade ao ano 509 a C, cando a sociedade romana se reorganizou en cinco clases segundo a riqueza territorial dos seus membros e se subdividiu en centurias. O número de centurias que corresponden a cada unha das clases non é proporcional ao número de individuos que pertencen a cada unha delas. A primeira clase contaba con 80 centurias e cada unha das seguintes con 20, ata chegar á quinta, que tiña 30. Como o voto se facía por centurias e...
-
Acto electoral constituído polas reunións e actas electorais. A súa orixe pode datarse nas reunións celebradas polo pobo romano nunha parte do foro chamada comitium, para a elección dos seus maxistrados e a discusión dos asuntos públicos. OBS: Esta palabra emprégase normalmente en plural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
comechón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cominar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional fundado no ano 1906 e con sede en Xenebra (Suíza). Ten a misión de establecer a coordinación e unificación das diferentes normas sobre electrotecnia dos diferentes estados. Realizou diversas publicacións sobre normativa e terminoloxía, entre as que destaca o Vocabulario Electrotécnico Internacional (VEI).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional fundado en 1913 e establecido en París, encargado de coordinar os diferentes aspectos da técnica da iluminación, promover o estudo e a busca neste campo e facilitar o establecemento de normas aplicables aos diferentes estados. Publicou diversos traballos, nos que hai que resaltar especialmente os gráficos e as táboas sobre fotometría, colorimetría, visión, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ente de dereito público, creado en 1988, que ten como funcións xerais velar pola protección dos investidores, pola transparencia dos mercados de valores e pola correcta formación dos prezos dos mesmos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído baixo os auspicios da ONU no ano 1959. Ten por misión o establecemento de recomendacións técnicas e de tarifas para regular as comunicacións telegráficas e telefónicas a escala mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado en Londres en 1936, destinado a garantir a neutralidade das grandes potencias na Guerrra Civil española (1936-1939). Constituírono Francia, Reino Unido, EE UU, Italia, Alemaña, URSS, Bélxica, Holanda, Checoslovaquia e Polonia. Disolveuse o 20 de abril de 1939.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político venezolano de tendencia socialcristiá fundado en 1946 por Rafael Caldera. En 1958 formou parte da Junta Patriótica que substituíu o ditador Marcos Pérez Jiménez. Gobernou o país cos presidentes Rafael Caldera (1969-1974) e L. Herrera Campins (1979-1984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de goberno colectivo que rexeu Francia desde abril de 1793 a xullo de 1794. A elección dos seus membros pola Convención derivou nunha simple formalidade e acabou impoñendo a vontade revolucionaria de París no resto do territorio por riba da Asemblea. O primeiro Comité, liderado por Danton, distinguiuse do segundo ou Gran Comité de Salvación Pública (a partir de xullo-agosto de 1793). Comprendía un grupo político formado por Robespierre, asistido por Couthon e Saint-Just (o “triunvirato”), ademais de Barère, Billaud-Varenne e Collot d’Herbois, xunto a un grupo de técnicos. Contra a crise económica, extremou o racionamento e o control dos prezos. Practicou o réxime do terror, suprimiu as liberdades de culto e prensa, levou a cabo a descristianización e implantou o calendario revolucionario e o culto á razón. Contra os inimigos do exterior promoveu a mobilización xeral, a fabricación de armamento e a organización dos exércitos. Despois do Termidor e da execución de Robespierre e dos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1951 coa finalidade de axudar os emigrantes de todo o mundo, sobre todo europeos, que quixeran establecerse en territorios de densidade demográfica escasa (Australia e Canadá) ou con falta de persoal técnico cualificado (América Latina). Axuda tamén ao restablecemento de refuxiados en lugares de asilo permanente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional non gobernamental sen fins lucrativos que ostenta a suprema autoridade do movemento olímpico. Fundouse no Congreso de París o 23 de xuño de 1894 e a súa sede está en Lausanne (Suíza). Unha das súas principais atribucións, ademais da difusión do ideario olímpico, é a promoción, regulamentación e supervisión dos Xogos Olímpicos. En relación aos Xogos, correspóndenlle, entre outras, as decisións sobre as disciplinas deportivas que se inclúen no programa e as cidades onde se celebran. Os membros do COI son designados pola súa propia asemblea a proposta da Comisión Executiva. O seu organigrama está encabezado polo seu presidente, elixido de entre os seus membros mediante votación secreta para un período inicial de oito anos, prorrogables despois de someterse a unha reelección; o presidente representa permanentemente o COI, decide a constitución das diferentes comisións e grupos de traballo, e ten a facultade de designar os seus membros. Ademais, a Comisión Executiva...