"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Director teatral francés. Comezou a súa actividade profesional logo de gañar un concurso para directores novos co espectáculo Les soldats (Os soldados, 1967). Despois dunha breve estancia no Picolo Teatro de Milán, uniuse á dirección do TNP de Villeurbanne, onde realizou un considerable número de espectáculos, algúns a partir de textos de autores como Henrik Ibsen, Richard Wagner ou Pierre Marivaux. Estes traballos destacan pola brillantez da posta en escena, polo traballo do elenco e pola novidosa lectura de textos doutras épocas. En 1982 foi nomeado director do Teatro dos Amandiers de Nanterre e colaborou co dramaturgo novo Bernard-Marie Koltès, na realización dos espectáculos Combate de negro e can (1983), Quai Ouest (Peirao oeste, 1986), Na soidade dos campos de algodón (1987) e Le Retour au désert (Retorno ao deserto, 1988). Posteriormente, realizou traballos a partir de obras de Jean Genet (Les Paravents, 1987), Čekhov (Platonov, 1987) ou Shakespeare (Hamlet, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
charouvía.
-
CIDADES
Cidade do estado de Virginia, EE UU, (151.980 h[1990]). Situada no cabo Henry, a entrada da baía homónima, na que se instalaron os primeiros colonos ingleses en Norteamérica en 1524.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Ingresou na Armada moi novo e participou en diversos enfrontamentos e combates durante a Primeira Guerra Carlista (1833-1839), como a Batalla de Bilbao (24.12.1836) ou o ataque e a capitulación de Irún e Fuenterrabía (17 e 18.12.1837). Bloqueou os portos de Cartagena, Alacant e Barcelona (1844) ao mando do bergantín Nervión, durante a sublevación centralista. Nomeado vicepresidente do almirantado (1873), recibiu pouco despois o título de comandante xeral da escuadra do Mediterráneo coa misión de combater a insurrección cantonalista. Desempeñou tamén a comandancia xeneral de Ferrol, de Cartagena, e La Habana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conduto instalado en edificacións, barcos ou noutras construcións que dirixe o fume procedente de cociñas, fornos ou máquinas cara ao exterior.
-
-
Oco na parede dun cuarto no que se fai lume para quentarse e que bota o fume ao exterior mediante un conduto.
-
cheminea francesa
Cheminea con marco e repisa na parte superior.
-
-
Conduto na codia terrestre, en concreto en edificios volcánicos, a través do que saen ao exterior materiais procedentes do magma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
charouvía.
-
-
Botar chispas un corpo ao queimarse ou cando se golpea con coutro.
-
Producirse chispas por mor dunha descarga eléctrica. Ex: Non lle puxo cinta illante e os cables chispearon ata que se produciu un curtocircuíto.
-
Despedir algo unha luz con intensidade de forma intermitente. Ex: A luz do faro chispeaba ao lonxe.
-
Despedir brillo algunha cousa. Ex: O diamante do anel que lle regalaron chispeaba. Os seus ollos chispearon cando o viu chegar.
-
-
-
Ter debilitadas as facultades mentais a causa da idade. Ex: Desde que estivo enfermo chochea moito.
-
Demostrar moito cariño por algo ou por alguén. Ex: Chochea polos netos aínda que non lle fagan caso ningún.
-
Provocar algo ou alguén nunha persoa un cariño moi grande. Ex: Os gatos chochéana máis cós fillos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
choquelear.
-
PERSOEIRO
Artista francés. Coñecido como Chomo, cultivou a escultura, a pintura, a arquitectura, a poesía e a música. Formouse na École de Beaux Arts. Dende o seu refuxio do bosque de Fontainebleau creou as súas obras a partir de obxectos de refugallo que el mesmo cualifica como arte preludiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer ruído coa choca. Ex: A vaca ía choqueleando e movendo o rabo.
-
Facer ruído algunha cousa que se move cando debería estar axustada. Ex: As chancas choqueleábanlle nos pés.
-
Tocar un instrumento de música que está desafinado.
-
-
-
Saír ou caer un líquido en forma de chorro. Ex: A fonte chorreaba tanto que chegaba a auga ao camiño.
-
Saír un líquido a fío. Ex: Traía a camisa chorreando. As paredes non paran de chorrear coa humidade.
-
Soltar un corpo auga ou outro líquido. Ex: A roupa chorrea auga. As empanadas chorreaban tanto aceite que non sabían nada ben.
-
-
PERSOEIRO
Avogado e político canadense. En 1963 foi elixido membro da Cámara dos Comúns de Canadá polo Partido Liberal. Fíxose cargo de varias carteiras ministeriais: Asuntos Indios e do Norte canadense (1968-1974), Industria e Comercio (1976-1977), Finanzas (1977-1979), Xustiza (1980-1982) e Enerxía, Minas e Recursos (1982-1984). Despois de converterse en líder do seu partido, foi elixido primeiro ministro de Canadá nas eleccións de 1993, cargo que renovou nos comicios de 1997 e de 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mostrarse fachendoso polos bens que se posúen ou polo que se fai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que significa ‘examinar coa chumbada’.
-
PERSOEIRO
Político italiano, conde de Cortellazzo. En 1930 casou con Edda, filla de Mussolini, quen o nomeou subsecretario de Estado, ministro de Prensa e Propaganda (1935) e de Asuntos Exteriores (1936). Propugnou a política imperialista da Italia fascista. Mussolini retirouno do ministerio e nomeouno embaixador no Vaticano. Na reunión do Gran Consello Nacional fascista (25 de xullo de 1943) encabezou o grupo de xefes fascistas que votou a favor do derrocamento de Mussolini. En Verona, foi detido e xulgado por un tribunal especial; condenado a morte, fusilárono o 11 de xaneiro de 1944. Nos seus Diarios relata o funcionamento interno da Italia fascista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Realizou estudios musicais no Conservatorio de Nápoles, onde posteriormente exerceu a docencia. É autor de numerosas pezas para piano, orquestra e corda, e das óperas L’arlesiana (1897), Adriana Lecouvreur (1902) e Gloria (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente as cimodoceáceas.
-
Planta da familia das cimodoceáceas.
-
Familia de herbáceas da orde das naxadais, propias de augas superficiais do litoral e marismas de zonas tropicais ou subtropicais. Comprende 18 especies divididas en 5 xéneros. Na Península Ibérica está presente o xénero Cymodocea.
-
-
-
Persoa que dirixe unha rodaxe de cine. Ex: Fun ver unha película dun dos mellores cineastas galegos.
-
Persoa que colabora tecnicamente ou como creador na realización dun filme.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto, pintor e escultor. Coñecido como L’Orcagna, documéntase activo en Florencia entre 1343 e 1368. A súa obra arquitectónica é bastante descoñecida, aínda que se lle atribúen traballos parciais na catedral de Orvieto (1359-1362) e na de Florencia (1362). Realizou o tabernáculo da Virxe en Orsanmischele (Florencia, 1359). A súa obra pictórica relaciónase coas propostas de Giotto, aínda que incorpora unha maior presenza dos elementos decorativos. Entre as súas obras destacan A Anunciación da igrexa de san Remigio (Florencia, 1346) e unha táboa con Cristo en gloria entre anxos e santos da capela Strozzi, en Santa Maria Novella (1354-1357). Atribúenselle un políptico na Accademia Fiorentina e os fragmentos do Triunfo da morte no Museo dell’Opera di Santa Croce. Influíu na pintura toscana da segunda metade do s XIV e tivo como discípulos a artistas como Francesco d’Arezzo ou Betto di Francesco.
VER O DETALLE DO TERMO