cimodoceáceo -a

cimodoceáceo -a

(< lat científico Cymodocea + -áceo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente as cimodoceáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das cimodoceáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de herbáceas da orde das naxadais, propias de augas superficiais do litoral e marismas de zonas tropicais ou subtropicais. Comprende 18 especies divididas en 5 xéneros. Na Península Ibérica está presente o xénero Cymodocea.

Palabras veciñas

cimo | 1 cimo- | 2 cimo- | cimodoceáceo -a | cimografía | cimógrafo | cimograma