"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Operación que ten por obxecto cortar un tendón total ou parcialmente para alongalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide purínico, derivado fundamentalmente da xantina, que está presente nun gran número de plantas e, en particular, no cacao. Ten lixeiros efectos estimulantes e acción diurética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • orquiectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración cromosómica que ten lugar nun organismo diploide cuxo xenoma contén dous cromosomas suplementarios idénticos, ademais dos dous do mesmo par que lle corresponden pola dotación diploide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao conxunto de moléculas con catro átomos.

    2. Aplícase ao composto cíclico que se orixina polo peche dunha cadea de catro átomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colostomía no intestino cego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica do timo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • miringotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ablación cirúrxica, total ou parcial, da glándula tiroide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xaponés. Coñecido como Kenjirō, é un dos máximos expoñentes da corrente romántica en Xapón. Pertenceu ao círculo literario romántico Minyūsha (Os amigos do pobo), fundado en 1887, e da súa obra destacan Hototogiso (O cuco, 1898-1899), Omoide no ki (Recordos, 1900-1901), Kuroshio (Corrente negra, 1903), Shizen to jinsei (A natureza e a vida humana, 1905) e Nihon kara Nihon ye (De Xapón a Xapón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘testículos’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto perenne, aromático, de ata 30 cm de altura, con follas estreitas e moi pequenas e flores de branco a purpúreo que están dispostas en acios terminais moi densos. Florece entre mediados da primavera e mediados do verán. Crece en sitios secos, áridos, pedregosos e pouco fértiles. É orixinario do Mediterráneo e é moi frecuente en toda a Península Ibérica. Emprégase como planta medicinal, polas súas propiedades como antiséptico, na industria da perfumaría e coma condimento de cociña.

    2. Planta herbácea ou arbusto, de ata 80 cm de altura, con follas planas, pecioladas, elípticas ou lanceoladas, sen pelos longos ou cilios na base. As flores son brancas dispostas en inflorescencias globosas, pedunculadas ou case sésiles. Florece entre maio e agosto en zonas de matorral. Pódese atopar en altitudes que van desde o nivel do mar ata os 1.800 m. É endémico da Península Ibérica. Emprégase como condimento de cociña, como planta aromática e tamén como planta medicinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Tomiño, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Baixo Miño, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma (41° 59’ 30’’ N - 8° 45’ 00’’ O). Limita ao N con Gondomar (comarca de Vigo) e Tui (O Baixo Miño), ao L con Portugal, ao S co Rosal (O Baixo Miño) e Portugal, e ao O co Rosal e Oia (O Baixo Miño). Abrangue unha superficie de 106,6 km 2 cunha poboación de 12.651 h (2007), distribuída nas parroquias de Amorín, Barrantes, Currás, Estás, Figueiró, Forcadela, Goián, Pinzás, Piñeiro, San Salvador de Tebra, Sobrada, Taborda, Tebra, Tomiño e Vilameán. A capital está no lugar do Seixo, na parroquia de Tomiño. Atópase a 108 km de Santiago e a 54 km de Pontevedra. Está adscrito ao partido xudicial de Tui e á diocese de Vigo-Tui.
    Xeografía física
    A configuración topográfica está condicionada pola contraposición entre as terras chás do val do Baixo Miño, prolongadas cara ao N e segue o curso do río Briña, e unha sucesión de bloques erguidos que pechan o val polo O e o N....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Tomiño. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas, documentado no s XII. O templo, de orixe románica, reformouse no s XIX. Ten unha soa nave e unha ábsida, ambas as dúas rectangulares. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón. O arco triunfal é semicircular. Na fachada principal engadíuselle unha torre campanario. A portada está formada por catro arquivoltas sostidas por catro pares de columnas e con decoración vexetal. Nas fachadas norte e sur consérvanse canzorros historiados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Croacia (1941-1943), duque persoal de Spoleto (1904-1948) e duque de Aosta (1942-1948). De nome Aimón de Savoia-Acosta, seguiu a carreira de mariño e loitou nas guerras de Libia e Etiopia. Nomeado rei da Croacia independente polo seu parente, o rei de Italia, non chegou a ser coroado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de san Tomé de Aquino e dos seus seguidores e intérpretes que establece as chamadas cinco vías para a demostración da existencia de Deus, como causa primeira e última fin da creación. Das súas doutrinas destaca a da analoxía do ser, a da distinción entre esencia e existencia, a da inintelixibilidade do singular e a da primacía do intelectual. Distínguese entre o tomismo de Tomé de Aquino e o da tradición posterior, chea de variadas modalidades. A ensinanza de Tomé de Aquino non tivo moitos seguidores nos ss XIII e XIV. No s XV destacaron Johannes Capreolus (1380?-1444) e a aparición da edición prínceps das obras de Tomé (1497). O s XVI na Península Ibérica tivo un grande esplendor, e destacaron Francisco de Vitoria e Domingo de Soto, así como Melchor Cano e Domingo Báñez. Os esforzos teolóxicos da Contrarreforma recorreron ao tomismo, que, coa organización dos estudos eclesiásticos, foi vulgarizado dunha maneira sincretista. Cos teólogos xesuítas os tomistas entraron en disputas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tomismo.

    2. Seguidor do tomismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • amigdalectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO