"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
VER O DETALLE DO TERMO
plausible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de plausible.
-
-
Que é digno de aprobación ou gabanza.
-
Que é aceptado como verdadeiro, ou considerado aceptable ou razoable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso inflamatorio de tipo úlcero-necrótico, propio da mocidade, que consiste na afección subaguda das amígdalas e a farinxe. Está producido pola especie Heliconema vincenti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Plauto.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo latino. Segundo Aulio Gelio, obtivo os maiores éxitos quince anos despois da representación das primeiras obras de Nevio (235? a C) e coma este cultivou a comedia palliata. Inicialmente, encargouse da adaptación de comedias gregas, á vez que observaba os costumes dos distintos estratos da sociedade romana. A súa sona fixo que, xa morto, circulasen por Roma máis de 130 comedias apócrifas. Xunto con outros críticos, Varrón realizou a selección transmitida polos manuscritos e determinou que obras cumpría considerar como autenticamente plautinas: Asinaria, Aulularia, Bacchides, Captivi, Epidicus, Menaechmi, Miles gloriosus, Persa, Trinummus, Truculentus e Vidularia, entre outras. Co seu teatro, en que introduciu algúns aspectos autobiográficos, tendeu a renovar definitivamente a escena romana e manexou cun virtuosismo extraordinario os metros dos diálogos ou dos cantica....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘oblicuo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen comete un plaxio.
-
-
Delito penado no dereito romano que consistía en facer pasar unha persoa libre por escrava. Nel incorría quen adquiría, alienaba ou traficaba con persoas coñecendo a súa condición de libres.
-
-
Copia ou imitación fraudulenta dunha obra allea, literaria ou artística, ou de parte dela, sen indicar a fonte de procedencia.
-
Obra que contén plaxios.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
plaxi(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deformidade que consiste nunha cabeza asimétrica e oblicua, de xeito que a máxima lonxitude non é a liña media senón a diagonal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie isomórfica de aluminosilicatos de sodio e calcio, de fórmula química (Ca, Na) (AlSi) AlSi2O8, que se forman a partir de dous compoñentes do grupo dos feldespatos, albita e anortita, en distintas proporcións. Teñen distintas denominacións segundo a súa composición química, é dicir, segundo sexa o seu contido na compoñente albita e na compoñente anortita. A serie queda definida pola albita, a oligoclase, a andesita, a labradorita, a bytownita e a anortita. Cristalizan no sistema triclínico, hábito tubular ou tubular prismático e densidade da albita 2,62 g/cm3 e da anortita 2,76 g/cm3. Son facilmente alteradas pola hidrólise e descompóñense en arxilas que fan moi fráxiles as rochas das que forman parte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao plaxioclase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao plaxiotropismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropismo en que a planta ou o órgano vexetal se orientan perpendicularmente ou oblicuamente á dirección do estímulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta plaxiotropismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encontro, ou serie de encontros, que determinan o gañador dunha competición mediante unha eliminatoria, ou para resolver un empate.
-
VER O DETALLE DO TERMO
son pregravado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual para adultos de contido erótico editada en 1953 en Chicago. Dirixida ao público masculino, foi creada por Hugh Heffner. Símbolo da revolución sexual da década de 1960, o seu contido baséase na calidade das súas fotografías, realizadas por prestixiosos fotógrafos, mulleres famosas e modelos especialmente elixidas (playmate).