"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santa Cruz de Tenerife a partir da década de 1960. Subtitulouse “Boletín informativo del Centro Gallego del Puerto de la Cruz”. De periodicidade mensual, tratouse dun boletín que ofreceu información sobre as actividades do centro galego na cidade. Incluíu notas de actos sociais, deportes e pasatempos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico nocturno emitido en Barcelona desde setembro de 1991. Dirixido e presentado por Manuel Piñeiro, tratouse dun programa cultural e participativo que ofreceu información e música galega para esta comunidade en Barcelona. Realizado integramente en galego, comezou emitíndose en Radio Nou Barris os mércores para logo pasar a Radio Unión Catalunya, onde se emitiu de luns a xoves.
-
-
3 morriña.
-
Cousa de pouca entidade e importancia.
-
-
-
-
Que sente morriña.
-
Que está abatido e sen forzas.
-
-
Que produce nostalxia e tristura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten sucidade apegada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1morriñento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2morriñento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moscovia.
-
GALICIA
Relixioso franciscano. Dirixiu o colexio seráfico de Herbón (Padrón), antes de trasladarse a Santiago de Compostela. Nesta cidade recibiu un premio literario no certame en honor a san Francisco (1909) pola obra La impresión de las llagas en el cuerpo de San Francisco. Colaborou na sección científica da publicación El Eco Franciscano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito, poeta e escritor xaponés. A súa obra mestra, Kojiki-den (Comentarios dos Kojiki, 1764-1776) é un estudo crítico das obras clásicas xaponesas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e xornalista. Foi fundador do semanario La Libertad, notario en diferentes vilas ourensás e cronista oficial de Monforte de Lemos. Exerceu o xornalismo nos primeiros anos da Guerra Civil Española en Radio Nacional de España e foi un asiduo colaborador de prensa, especialmente a de Galicia, como Irmandade, Mundo Gallego e A Nosa Terra. Da súa abundante bibliografía cómpre salientar Perfil humano de Franco (1938), El hidalgo de Vilamor (1939), Galicia en la guerra (1939), Fantasías reales: almas de un protocolo (1961), traducida ao galego en 1993 como Fantasías reais; Sempre matinando (1971), Temas gallegos (1979), con prólogo de Xosé Mª Castroviejo; Arredor da lareira (1980), La desigualdad humana (1982), El Pleito y otras narraciones (1988), La generación del 36: memorias de Salamanca y Burgos (1989), Un feixe de contos (1990), con ilustracións de Xaquín Trujillo; La Corona de fuego y otras leyendas (1991), Últimas cartas de amor (1992), A Galicia prodixiosa: as ánimas, as bruxas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Exerceu como avogado en Monforte de Lemos, na Transición pertenceu a Reforma Democrática, e máis tarde a Coalición Democrática. Foi deputado no Parlamento de Galicia na segunda lexislatura por Alianza Popular (1981-1985), vicepresidente do Parlamento galego e conselleiro do Consello Consultivo de Galicia (1996-2002). Escribiu en diversas publicacións sobre temas relacionados co dereito.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de sinople, un león rampante de ouro; bordo de goles, cargado de catro aspas de ouro e catro besantes do mesmo alternando, comezando por un aspa no cantón destro do xefe.
-
PERSOEIRO
Empresario e presidente do Real Club Celta de Vigo. Empresario de recoñecido prestixio en México, é presidente do grupo Corporativo GES, unha das empresas líderes no sur do pais. E accionista maioritario de varias empresas de construción galegas. Preside o Celta de Vigo dende o ano 2006, cando substituíu a Horacio Gómez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso agostiño. Dedicouse ao ensino e á literatura. Nos seus escritos empregou en ocasións o pseudónimo de marqués de Sabuz. Escribiu numerosos artigos, como “El año terrible de los patrones colombianos” ou “Lo que debe ser la predicación del evangelio: La verdadera patria de Cristóbal Colón según el Sr. Paramos”, algúns recollidos na obra La literatura medieval en Galicia (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, realizou a súa tese de doutoramento sobre o tema do Camiño de Santiago, da que publicou Activación patrimonial e ritualización no proceso de revitalización do Camiño de Santiago (2001). Colaboradora da revista Encrucillada, é tamén autora de Vivir o camiño, revivir a historia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
3 morriña.
-
Cousa de pouca entidade e importancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide perigoso que se pode atopar en fungos como a Amanita muscaria. Produce intoxicación aguda e grave, atacando o sistema nervioso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo inaugurado en 1983 e situado no claustro do antigo convento de San Domingos, en Betanzos. Pertence ao Consello Galego de Museos. Recolle pezas castrexas, romanas e medievais da zona e conta cunha sección histórica e outra antropolóxica. Alberga o Museo do Traxe Galego, con representacións de modelos de toda Galicia, unha zona dedicada a símbolos como a bandeira e documentos do goberno da Segunda República no exilio, unha importante colección cartográfica e restos dun museo escolar local, a colección Jiménez-Cossío e a sala Apostolado de Rubens, integrada por unha colección de táboas de Rubens ou da súa escola traídas a Betanzos polos fundadores do Hospital de Santo Antonio no s XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Santiago de Compostela. Creado en 1951, foi aberto ao público definitivamente en 1996, coa montaxe e a exposición permanentes. Dependente da Xunta de Galicia e membro do Consello Galego de Museos, atópase na coñecida como Casa Gótica. Os seus obxectivos centráronse no estudo e ilustración da orixe do culto ao Apóstolo Santiago e do fenómeno das peregrinacións, así como en poñer de manifesto a súa relevancia relixiosa e cultural. Deste xeito, estuda as orixes da peregrinación e do culto xacobeo, a cidade e a catedral, os camiños e os ritos, a imaxe do Apóstolo na historia, os gremios e as tradicións artesanais compostelás, os gravados composteláns e os instrumentos do Pórtico da Gloria.