Morriña
Morriña
[COMUN]
Programa radiofónico nocturno emitido en Barcelona desde setembro de 1991. Dirixido e presentado por Manuel Piñeiro, tratouse dun programa cultural e participativo que ofreceu información e música galega para esta comunidade en Barcelona. Realizado integramente en galego, comezou emitíndose en Radio Nou Barris os mércores para logo pasar a Radio Unión Catalunya, onde se emitiu de luns a xoves.