"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Músico e pintor. Membro do grupo futurista, en 1913 redactou L’Arte Dei Rumori, onde concibiu un tipo de música baseada na organización de sons de calquera orixe, e que serviu de base para a música moderna do s XX. Construíu unha serie de instrumentos que denominou intonarumori, que mediante métodos mecánicos emulaban os sons do mundo moderno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da familia das rusuláceas, ao que pertencen as netorras.
-
PERSOEIRO
Pintor belga. Formado en Gante e Bruxelas, descubriu o colorismo e a luz nunha viaxe á Península Ibérica e a Marrocos (1881). En 1884 foi un dos fundadores do Círculo dos XX. En París adheriuse ao divisionismo, conservando unha composición e un debuxo tradicionais como en Octave Maus (1885) ou A lectura (1903), retrato colectivo de intelectuais amigos. Interesouse pola renovación das artes aplicadas, xunto con H. Van de Velde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrador e autor de banda deseñada. Foi o creador de Los grandes inventos del TBO, protagonizados polo Profesor Franz de Copenhague.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científica dedicada ao estudo das matemáticas, ciencias naturais, filoloxía, historia e ciencias técnicas, que foi fundada en 1846 en Leipzig co nome de Königliche Sächsische Gesellschaft der Wissenschaften e procedente da Fürstlich Jablonowskische Gesellschaft, fundada en 1768.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa industrial francesa constituída en 1970 pola integración das compañías Saint-Gobain e Pont-à-Mousson. A primeira foi fundada no s XVIII por iniciativa de Colbert e dedicada á industria do vidro, á química e á petroquímica; e a segunda fundada a mediados do s XIX e dedicada á construción mecánica. Na década de 1970 realizou unha ambiciosa política de reestruturación das actividades tradicionais do grupo (vidro, material de construción e embalaxe). En 1980 o goberno francés nacionalizouna e en 1986 anunciouse a súa reprivatización. En España controla Cristalería Española SA.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Val-de-Marne, na rexión de Île-de-France, Francia, situada ao SL de París, nun meandro do Marne (73.069 h [1999]). A abadía de Sant Maur, fundada en 640 e convertida polos Capetos en mosteiro real, foi destruída durante a Revolución Francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico sueco. Estudou medicina na Universidade de Lund e obtivo o doutoramento polo Instituto Karolinska (1960). Recibiu en 1982 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con S. Bergström e J. R. Vane, polos seus descubrimentos sobre as prostaglandinas e a bioquímica dos ácidos biliares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Traballou en Anveres e en 1551 trasladouse a Haarlem. A súa técnica compositiva, adquirida dos romanistas flamengos, influíu en Velázquez. Pintou temas relixiosos (O fillo pródigo), de costumes (O cirurxián) e naturezas mortas. En Tobías anunciou o Barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Girona, Catalunya (3.566 h [2001]). Ten agricultura de secaño e a industria téxtil, de tripas de febra para embutidos, metalurxia e cemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado no litoral da illa de Mallorca, Illes Balears (6.503 h [2001]). Ten cultivos de secaño, amendoeiras e cereais, e o turismo é a principal actividade económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no sector setentrional da comarca (13.727 h [2001]). Os principais sectores son o téxtil, as destilarías e os talleres metálicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi mestre de capela da catedral de Lugo en 1731. Escribiu Carta de grazas a D. Roque de Lázaro y Santistevan (1719) e Respuesta dada al Defensorio Músico de Luis Cirilo González (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Heroína. Coñecida como Agustina de Aragón, na Guerra da Independencia sufriu o asedio das tropas francesas en Zaragoza e cooperou na súa defensa. O 1 de xullo de 1808, no baluarte do Portillo, quedou soa diante dun canón, e disparouno contra o inimigo, feito que lle valeu o grao de oficial do exército.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas, da división das feófitas, co talo de cor parda clara que poden acadar varios metros de lonxitude. Están fixadas por un disco basal e teñen unhas expansións laterais nos eixes secundarios das que saen unhas vesículas aeríferas que lles permiten flotar. Nas costas de Galicia, nas praias e no infralitoral, aparece a especie S. muticum.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento da Costa de Marfil (1.880 km2; 108.090 h [1988]). A súa capital é Sassandra (8.401 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, na illa de Sardeña, Italia (112.959 h [2001]). Está situada ao NO a 10 km da costa, nunha zona de outeiros que limitan a chaira de Nurra desde Alghero ata o golfo de Asinara. Enriquecida polo comercio pisano, e ocupada por Mariano II de Arborea (1272), despois da derrota dos pisanos na Meloria (1284) quedou definitivamente dentro da influencia xenovesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sardeña, Italia (7.520 km2; 440.153 h [2001]). A súa capital é Sassari.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Stefano di Giovanni de Consolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Giovanni Battista Salvi.