Sargassum

Sargassum
[PROTISTA]

Xénero de algas, da división das feófitas, co talo de cor parda clara que poden acadar varios metros de lonxitude. Están fixadas por un disco basal e teñen unhas expansións laterais nos eixes secundarios das que saen unhas vesículas aeríferas que lles permiten flotar. Nas costas de Galicia, nas praias e no infralitoral, aparece a especie S. muticum.