"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería que traballou na diócese de Tui. En 1862 contratou a edificación da igrexa de Salcidos; reconstruíu a torre campanario e parte do coro da igrexa das Clarisas de Tui. Tamén fixo o enlousado da igrexa de San Cristovo de Goián (Tomiño) e o cruceiro da praza de San Martiño de Figueiró (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Na Idade Media, mensaxeiro encargado de facer os anuncios e transmitilos.

    2. Persoa que leva unha mensaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Autor de novelas Fratelli d’Italia (1963) e Belle di Lodi (1972) entre outras e de libros de ensaio e xornalísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Responsable da adopción do sistema métrico decimal na República Francesa, foi antecesor de Cauchy, Boole, Hamilton e Grassmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de árbores vivas de numerosas especies, destinada a fins fundamentalmente científicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á arboricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exetal leñoso de talo ramificado dende a base e que non supera os 5 m. Cando é moi baixo, de medio metro ou menos, o vexetal arbustivo recibe o nome de mata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Arca, no concello da Estrada, de 624 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián de Mauritania. Tivo que agocharse para fuxir da persecución do Emperador Valeriano pero, ao se enterar de que pola súa causa prenderan un parente seu, decidiu presentarse perante o tribunal. Como castigo recibiu tormento con garfos e fóronlle amputandos todos os membros. A súa festividade celébrase o 12 de xaneiro, o 4 de marzo e o 13 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e deseñador gráfico. Cursou estudios de serigrafía en Lisboa e deseño gráfico na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Participou en exposicións colectivas na Coruña, Ourense, Madrid, Berlín e Lisboa; as súas exposicións individuais desenvolvéronse nas galerías 4 Montras (Lisboa, 1991 e 1995), A Droguería (Lisboa, 1992), Le Ki (Madrid, 1993) e Museo da Electricidade (Lisboa, 1996). Dedícase preferentemente á técnica do trampantollo (trompe l’oeil). Foi decorador da TVG en colaboración con Suso Montero nos programas: “Imos Aló” (1990), “Aprendiz de Meigo” (1990), “T.V. Pirata” (1990-1991), “Supermartes” (1996) e “Salsa Verde” (1996). Traballa como dourador e restaurador de volumes do Teatro Rosalía de Castro da Coruña (1994-1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta do Cancionero de Baena e un dos representantes da escola galego-castelá. Se ben o único dato biográfico que coñecemos, a través das rúbricas das súas composicións, é o do cargo eclesiástico que desempeñou, parece que é posible identificalo con Gonzalo Rodríguez que figura como testemuña no tratado asinado en Salvaterra en 1383 entre as coroas de Castela e Portugal, e relativo ao casamento do Rei castelán Xoán I e Dona Beatriz, filla do Rei portugués Fernando I. Viviu, xa que logo, durante o reinado de D. Xoán I de Castela (1379-1390). Na Carta Proemio escrita polo Marqués de Santillana a don Pedro, condestable de Portugal aparece nomeado como un dos poetas máis sobranceiros deste período. Algúns indicios apuntan a unha posible orixe galega: emprego do galego, presenza numerosa de cargos eclesiásticos galego-portugueses no tratado de Salvaterra, orixe galega de personaxes citadas nas súas poesías, etc. Deste autor consérvanse seis composicións, sobre as que a crítica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito documental creado en 1866 en Madrid, coa xuntanza de diversos arquivos do estado español e doutras procedencias, civís e eclesiásticas, cando xa existía o Archivo General de Simancas. En 1850, os documentos dos mosteiros e conventos desafectados e os das propiedades do estado foron recollidos na Real Academia de la Historia, de Madrid; pouco despois organizouse un arquivo xeral en Alcalá de Henares. O Archivo Histórico Nacional axuntou todos estes fondos -agás os da parte administrativa que permaneceron en Alcalá-, que foron destruídos durante a Guerra Civil (1936-1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nada en novembro de 1935 e que cesou en xullo de 1944, no número sete. Editada pola cátedra de Anatomía Descritiva e Topográfica da Facultade de Medicina de Santiago, foi dirixida por Ángel J. Echeverri e nela publicáronse traballos de especialistas galegos, españois e portugueses, xunto cunha extensa bibliografía de anatomía, ao final de cada un dos tomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estudia os cargos e as dignidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Chantada, foi a torre de homenaxe dos Fernández Temes, tal e como amosa o brasón de tres barras horizontais da porta de acceso. Destruíuse durante as Guerras Irmandiñas (s XV). Unha tradición, se cadra lendaria, sitúa aquí o lugar de nacemento de Teodomiro, primeiro bispo de Iria Flavia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Atribúenselle as seguintes obras A etiópida e A destrución de Ilión, poemas épicos que abordan o ciclo de Troia partindo de onde o deixa A Ilíada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de matas prostradas perennifolias da familia das ericáceas que presentan follas ovadas ou coriáceas e verdes escuras por riba, e flores en forma de campá de cor abrancuxada ou rosada, con froito en drupa. Na Península Ibérica están presentes A. uva-ursi, de follas enteiras, en bosques abertos e desniveis rochosos na metade oriental, e A. alpinus de follas dentadas, en ambientes cálidos dos Pireneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das compostas. En Galicia está representado pola especie A. calendula, de capítulos solitarios de lígulas amarelentas por riba e púrpuras por baixo, que, orixinaria de Sudáfrica, colonizou os areais costeiros da maior parte da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Despois da capitulación de Polonia trala invasión de tropas da Alemaña nazi (1939), quedou como cabeza do Partido Socialista e da resistencia polaca durante a Segunda Guerra Mundial. Foi Presidente do goberno polaco no exilio en Londres (1944-1947), dende o que se opuxo ao Comité de Liberación Nacional, dirixido por Lublin, de tendencia soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco. Figura destacada do movemento cooperativista de Euskadi, incorporouse ás xuventudes nacionalistas (ECI) no 1961, e ao EAJ-PNV no 1979. Alcalde de Arrasate (1979-1983) e deputado xeral de Gipuzkoa (1983), foi elixido lehendakari (presidente do goberno vasco) trala demisión de Carlos Garaicoetxea (1985), foi reelixido en 1987, 1990 e 1994. Retirouse da vida política en 1998 ao rexeitar presentarse á reelección nos comicios do 25 de outubro. Logo das eleccións de 1986 e ata a súa retirada, os gobernos que presidiu foron sempre en coalición co PSOE, con Euskadiko Eskerra e con Eusko Alkartasuna (escisión do PNV liderada por Carlos Garaicoetxea ata novembro de 1999). Durante os seus anos de goberno esforzouse en conseguir a paz no País Vasco. Froito dos seus esforzos nese eido foi o Pacto de Ajuria Enea (12.1.1988), que se converteu nun foro de debate de todos os partidos con representacións nas institucións vascas, agás Herri Batasuna. Tamén promoveu o Pacto de Lizarra, asinado...

    VER O DETALLE DO TERMO