Arctotheca
Arctotheca
[PLANTA]
Xénero de herbáceas da familia das compostas. En Galicia está representado pola especie A. calendula, de capítulos solitarios de lígulas amarelentas por riba e púrpuras por baixo, que, orixinaria de Sudáfrica, colonizou os areais costeiros da maior parte da Península Ibérica.