"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Método de análise cualitativa e cuantitativa baseado na cromatografía sobre papel. A sensibilidade de detección foi aumentada pola utilización de substancias marcadas (marcaxe radioactiva) ou pola irradiación do papel con neutróns. Empregouna M. Calvin no estudo da fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación impropia do radionúclido e do radioisótopo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isótopo radioactivo dun elemento determinado. O termo emprégase frecuentemente en linguaxe técnica vulgar para referirse a un radionúclido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao corpo ou á substancia que, engadidos a un sistema químico ou inxerido por un ser vivo, atenúa os efectos da radiación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que capta ondas hertzianas.

    2. Receptor de radiodifusión. OBS: Tamén se emprega a forma apocopada radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político iraniano. Presidente do Parlamento (1980-1989), á morte de Khomeynī foi elixido presidente da República Islámica (1989-1997). Intentou acabar co illamento internacional de Irán cunha política exterior máis moderada, como a neutralidade na guerra do Golfo Pérsico ou as relacións comerciais con países non islámicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Coñecido como Il Lombardo, foi discípulo e colaborador de G. L. Bernini. Das súas obras destacan Noli me tangere (1649), La morte di Santa Cecilia (1660-1661) e os estucos da cúpula de Sant’Andrea al Quirinale en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa británica dedicada á fabricación de automóbiles, fundada en 1933, que cesou a súa produción en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1751-1771). Formouse en leis na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na Real Audiencia da Coruña. Abandonou as leis e seguiu a carreira eclesiástica e obtivo a penitenciaría da catedral de Ourense, a doutoural da catedral de Lugo e ambos os dous postos na catedral de Santiago de Compostela, onde foi vigairo capitular e comisario xeral da cruzada. Tamén foi capelán maior do rei católico e da súa real capela, casa e corte; xuíz ordinario, notario maior do Reino de León e conselleiro real. En Madrid promoveu a Congregación de Naturais e Orixinais de Galicia en 1741. Nomeado arcebispo de Santiago de Compostela en 1751, realizou numerosas obras de caridade e mandou construír o Seminario de Confesores (sede do concello de Santiago de Compostela) e o convento da Compañía de María, reedificar a capela de don Lope na catedral de Santiago de Compostela e ampliar o pazo arcebispal. Ademais mandou edificar o pazo de Lestrobe a a reconstruír...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, publicista e revolucionario búlgaro. Escribiu o primeiro poema revolucionario da literatura búlgara, Gorski p’tnik (O camiñante dos bosques, 1857), poema épico moi popular e de gran repercusión na literatura búlgara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, drenado polo río Asón e delimitado ao L por Bizkaia (2.248 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, gandaría e a industria diversificada (alimentaria, metalúrxica e manufacturas da madeira). Destacan as pinturas rupestres da cova de Covalanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Martín de Lúa (Pol). O seu cumio acada os 558 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como O Tigre de Maracaná, foi porteiro titular do F. C. Barcelona (1949-1961) e da selección española, coa que foi 36 veces internacional. Acadou a internacionalidade en México (1950) e consagrouse como un dos mellores porteiros do mundo nos campionatos de Brasil do mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno descuberto por C. V. Raman en 1928. Consiste na aparición, nunha luz dispersa por un fluído, dunha frecuencias v1 e v2, unha delas máis grande e outra máis pequena que a da radiación incidente, cunha intensidade moito máis pequena que a da luz dispersada de frecuencia igual á incidente v0.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escama da base das raques dos fentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, en 1956 converteuse en conselleiro delegado da empresa familiar Ramilo SA. Foi presidente do Sindicato Provincial de la Construción, Vidrio y Cerámica (1966-1970) e da xunta local de Vigo de Acción Social (1969-1970). Alcalde de Vigo (1970-1974), emprendeu o primeiro Plan de Ordenación Urbana da cidade e foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Pontevedra (1971-1974). Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Presidente do Consejo Provincial de Empresarios (1974-1976), participou na fundación da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (1976), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (1977) e a Confederación de Empresarios de Galicia (1981), da que foi presidente (1991-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona (1076-1082), fillo de Ramón Berenguel I e irmán de Berenguel Ramón II. Aínda que segundo o testamento do pai os dous irmáns tiñan que reinar en igualdade de condicións, a situación real era dunha certa preeminencia súa. Barcelona, Urgell e Lleida loitaron contra Zaragoza e a consecuencia diso o perigo islámico cesou. En 1079 repartiuse co seu irmán a cidade de Barcelona coas terras, castelos e casas das proximidades. As funcións soberanas permaneceron sen dividir. Acordaron tamén que loitarían conxuntamente contra os sarracenos en 1081, aínda que finalmente non o fixeron. En 1082, no camiño de Barcelona a Girona foi asasinado por uns descoñecidos, que quizais fosen os seus propios acompañantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona (1131-1162) e rexente de Provenza (Ramón Berenguel II, 1155-1157?), príncipe dominador de Aragón (1137-1162), fillo de Ramón Berenguel III. Nos tres primeiros anos do seu goberno preocupouse da presión exercida por Afonso I de Aragón nas proximidades da fronteira con Catalunya. En 1137 foron convidos os seus esponsais con Petronila, filla de Ramiro II, e recibiu os dereitos e prerrogativas do reino aragonés. Emprendeu expedicións contra os sarracenos e chegou a un acordo con Afonso VII de Aragón, que aspiraba ao dominio de Zaragoza. Cedeu Soria e todo o que posuíra Afonso I máis alá do Sistema Ibérico. En 1147 tomou Ontiñena (Aragón) e foi por mar, xunto cos xenoveses, a atacar Almería. Pactou cos xenoveses a expedición contra Tortosa para o ano seguinte. En 1149, proxectou unha empresa contra Lleida, que xunto con Fraga foi ocupada. Cara a finais de 1153, era coroada a conquista do Principado de Catalunya. A morte do seu irmán o conde Berenguel Ramón I de Provenza en...

    VER O DETALLE DO TERMO