"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

    1. Último tempo dunha composición musical.

    2. Peza final dun acto ou dunha obra, na ópera dos ss XVIII e XIX, que se caracterizaba polo feito de reunir en escena todos os personaxes e prescindir de recitativos. W. A. Mozart e G. A. Rossini levárono a unha complexidade extraordinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alejandro Campos Ramírez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Dirixiu o Teatro de San Carlos de Lisboa e foi mestre de capela de San Pedro de Roma. Destacou como autor de óperas bufas. O seu fillo Vincenzo Fioravanti (Roma 1799 - Nápoles 1877) tamén escribiu óperas bufas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dun grupo de antibióticos inespecíficos vexetais que son producidos en gran cantidade polas plantas superiores, en resposta a unha infección por organismos patóxenos, como fungos, ou a factores ambientais adversos, como pode ser a polución química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paleobotánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e bacteriólogo británico. Estudiou medicina na Universidade de Londres e foi profesor de bacterioloxía nesa mesma universidade. As súas investigacións, orientadas dende un principio cara á bacterioloxía, levárono a descubrir en 1921 un enzima, o lisozima, substancia antibiótica que se atopa na saliva, nas lágrimas e na clara do ovo, e que o puxo no camiño do seu gran descubrimento: a penicilina (1928). Non obstante , mediou un período de once anos ata que en 1939 un equipo de investigadores, dirixidos por Horward Florey, lograran illar e producir a penicilina en cantidade suficiente para o seu uso. Foi membro da Royal Society de Londres e doctor honoris causa de numerosas universidades: París, Roma, Harvard, Madrid, etc. Realizou numerosos traballos sobre inmunoloxía, bacterioloxía e quimioterapia. En 1945 recibiu, con E. B. Chain e H. W. Florey, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía como descubridor das propiedades bactericidas do fungo Penicillium notatum. Considérase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador inglés. Licenciado na University of Oxford, foi profesor de historia na University of York (1969-2001). Centrou os seus estudios na tardoantigüidade e na alta Idade Media. Colaborador de, entre outras publicacións, Historical Review, Bulletin of Hispanic Studies e Times Literary Supplement. Das súas obras destacan The episcopate in the kingdom of León in the twelfth century (1978) St. Jame’s Catapult: The life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela (1984) e The conversion of Europe. From Paganism to Christianity 371-1386 (1997). Foi membro da Royal Historical Society de Londres e galardoado en 1989 co Wofson Literary Award for History e en 1990 co Los Angeles Book Prize for History.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de pequeno formato editado en Bos Aires. Incluíu na súa primeira páxina e amodo de presentación a letra do Himno Galego. En páxinas interiores inseriu a partitura completa coa música de Pascual Veiga. Na última delas informa sobre o nacemento do Grupo Galeguista, a súa relación co Partido Galeguista e os principios deste último. No ano 1944 en México e co mesmo esquema editáronse as Follas do Partido Galeguista, na que tamén se dá conta dos principios que rexen esta formación política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1936), foi presidente da Cruz Vermella e alcalde de Vigo (1963-1964). Durante a súa etapa na alcaldía adquiriu os dereitos para a captación da auga do Oitavén e impulsou a planimetría do municipio e da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico polaco. Cun gran dominio da técnica, dirixiu películas da categoría de Ulica Graniczna (O camiño de fronteira, 1948) e Piatka Zulicy Barskiej (Os cinco da rúa Barskiej, 1954), premiada en Cannes. Abandonou o seu país posteriormente e traballou intermitentemente na República Federal de Alemaña e nos EE UU, onde dirixiu obras como Angeklagt nach, 218 (Acusado segundo o artigo 218, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armazón que sostén provisionalmente un arco, unha bóveda ou unha construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi accionista do Banco de San Carlos e da Real Compañía de Filipinas e cónsul de España nos EE UU. Residiu en Galicia de 1811 a 1815, data na que foi desterrado tras ser xulgado polas súas ideas liberais. Nos seus escritos expuxo a súa teoría económica antimercantilista e antifisiocrática, seguidora dos principios librecambistas de A. Smith. Escribiu Cartas sobre materias político-económicas (1788-1789) e Cartas sobre los asuntos más exquisitos de economía política (1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Florida, EE UU (152.397 h [2000]). Sitúase a carón da costa do Atlántico, na desembocadura do New. É unha zona residencial e turística. Do seu patrimonio cultural destacan o Broward Center for the Performing Arts, o Fort Lauderdale Museum of Art e o Museum of Discovery and Science.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fortalece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fortalecer ou fortalecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionar fortaleza física ou moral.

    2. olverse forte ou máis forte física ou moralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade do que ou de quen ten forza física.

      2. Bo estado físico.

      1. Forza moral que ten alguén para enfrontarse a algo.

      2. irtude cardinal que consiste en vencer o medo e fuxir da temeridade.

    1. Praza ou recinto fortificado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Ceará, Brasil, na costa do Atlántico (1.965.513 h [1996]). É o porto principal do estado e un dos centros rexionais de máis gran dinamismo demográfico. Explota sal mariña. É o terceiro produtor de asfalto do país. Tamén se dedica á fabricación de tecidos de algodón e á elaboración de azucre. Fundada en 1611, recibiu en 1729 o nome de Vila da Fortaleza da Nossa Senhora da Assunção e constituíuse como cidade en 1833. Do seu patrimonio cultural destacan o teatro e praza José de Alemcar, a fortaleza da Nossa Senhora da Assunção e o parque botánico do Cocó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director xeral de Unidad Editorial SA. Licenciouse en Ciencias Económicas e Socioloxía. Ademais realizou estudios de técnico en relacións públicas. Foi director comercial de Publipost, subdirector de Víctor Sagi Exclusivas e Catalana de Publicidad, director de promoción e publicidade de La Voz de Galicia, e subdirector e director xeral de publicidade do Grupo 16.

    VER O DETALLE DO TERMO