Fortaleza
Fortaleza
Capital do estado de Ceará, Brasil, na costa do Atlántico (1.965.513 h [1996]). É o porto principal do estado e un dos centros rexionais de máis gran dinamismo demográfico. Explota sal mariña. É o terceiro produtor de asfalto do país. Tamén se dedica á fabricación de tecidos de algodón e á elaboración de azucre. Fundada en 1611, recibiu en 1729 o nome de Vila da Fortaleza da Nossa Senhora da Assunção e constituíuse como cidade en 1833. Do seu patrimonio cultural destacan o teatro e praza José de Alemcar, a fortaleza da Nossa Senhora da Assunção e o parque botánico do Cocó.