"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Soutochao (Vilardevós). O seu cumio acada os 700 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede da advocación mariana de Nosa Señora da Esperanza, que na tradición popular recibe a denominación de a Macarena dado que a súa imaxe se venera na igrexa de San Xil, no barrio sevillano da Macarena. A súa festividade celébrase o 18 de decembro.
-
PERSOEIRO
Escritor checo. Nos primeiros tempos recibiu as influencias das literaturas inglesa e polaca. Superou rapidamente o sentimentalismo romántico e a poesía histórico-patriótica e elexíaca, e cultivou poesía romántica metafísica e cósmica. Máj (Maio, 1836), obra lírico-épica, moi persoal no tratamento e no estilo, está considerada como a súa obra mestra. A súa novela máis destacada é Cikáni (Os xitanos, 1835). Postumamente, editáronse as súas cartas e diarios en Dílo Karla Hynka Máchy (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Folclorista e escritor. Coñecido como Demófilo, dedicouse ao estudo do folclore, e colaborou e fundou diversas publicacións periódicas, como La Revista de Filosofía y Ciencias, La Enciclopedia e Ilustración Española. Da súa produción destacan De la poesía popular gallega (1880), Analogía y semejanza entre algunas adivinanzas gallegas y castellanas (1881) e Analogía entre algunas cántigas gallegas y otras coplas andaluzas, castellanas y catalanas (1885). Ademais, foi o creador da Biblioteca de las tradiciones populares españolas (1882-1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de bádminton. Foi presidente da Federación Galega de Bádminton e secretario da Federación Galega de Tenis. Foi subcampión de España de bádminton de veteranos e campión de dobres e mixtos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Politicólogo. Doutor en Dereito (1982) e catedrático de Ciencias Políticas e da Administración (1993). Colaborou en Grial, A Trabe de Ouro e Journal of Political Ideologies. Das súas obras destacan O rexionalismo galego, organización e ideoloxía: (1886-1907) (1982), Alfredo Brañas: el ideario del regionalismo católico-tradicionalista (1983), O Nacionalismo Galego: organización e ideoloxía (1897-1904) (1984), As Institucións políticas no Estatuto de Autonomía para Galicia (1988), A idea de nación (1996) e O pensamento político de Murguía (1999). En colaboración con R. L. Blanco Valdés e X. A. Portero Molina publicou Las elecciones en Galicia: El Parlamento Gallego (1982); con Vilas Nogueira, Caamaño Domínguez e Rivera Otero O sistema político de Galicia: I. As Institucións (1994); e con E. Guitián e A. Arteta Teoría política (2003). Recibiu o Premio Galicia de Investigación en...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e escritor ucraíno. Despois da Revolución de 1917, dirixiu durante 15 anos colonias destinadas á reeducación de rapaces. Publicou Pedagogičeskaja poema (Poema pedagóxico, 1933-1935), Kniga dlja roditelej (Libro para os pais, 1937) e Flagi na bašnjakh (Bandeiras sobre as torres, 1938), ademais de narracións curtas, ensaios de crítica literaria e diversos artigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias da Información na Universidad de Navarra. Iniciou o seu labor periodístico en La Noche e despois na emisora La Voz de Vigo. Foi director de La Voz de Extremadura e La Voz de Guipúzcoa (1963-1969). En 1979 ingresou na axencia EFE para a que foi delegado en Montevideo, Santiago de Chile e Santiago de Compostela, e rematou a súa carreira como director en El Ideal Gallego. Publicou El hijo del emigrante (2000) e Colmeiro, Laxeiro, Torres: tres pintores históricos de Pontevedra (2001). Recibiu o Premio Nacional Virgen del Carmen (1972), o Premio Nacional de Periodismo Turístico (1991), Premio Periodismo de Arte (1999) e a Medalla de Bronce de Galicia (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pastor e mártir. Perseguido por Diocleciano, refuxiouse nun bosque onde predicou o Evanxeo ás feras. Foi acusado de meiguería e no anfiteatro romano botárono a un león e un oso, que se deitaron mansamente aos seus pés. Finalmente foi martirizado por un gladiador. Viste túnica curta e manto e como atributos leva un tridente e feras. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e humanista. Destacou a súa obra como historiador da arte. Escribiu Het Schilder Boeck (O libro da pintura, 1604) e biografías de pintores italianos, flamengos e alemáns dos ss XV e XVI, en que se recoñeceu por primeira vez a orixinalidade da pintura nórdica.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e político. Participou na fundación do Partido Galego Social Demócrata, do que foi ideólogo, e da editorial SEPT. Colaborou na refundación do Partido Galeguista, ao que representou na redacción do Estatuto dos 16. Publicou diversos artículos sobre personalidades da cultura galega e diferentes colaboracións entre as que destacan “La Realidad y la esencia: reflexiones en torno al pensamiento filosófico de Xavier Zubiri” na revista Grial (1964) e “Un home sinxelo do pobo” incluído na obra Manuel Reimóndez Portela na lembranza (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable impreso o 10 de xuño de 1496 en Monterrei por Juan Gherlinc para a diocese de Braga. O único exemplar coñecido deste manual desapareceu no incendio da biblioteca do Pazo Arcebispal de Braga o 15 de abril de 1866.
-
RIOS
Río de Castela-A Mancha, subafluente do Tajo a través do Jarama (88 km). Nace na serra de Guadarrama, próximo ao porto de Navacerrada, corre en dirección S, pasa por Manzanares el Real e Madrid e desemboca no Jarama.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, drenado polo río Azuer (17.917 h [2001]). É un centro vitícola da Mancha, onde se elaboran viños e licores. Posúe cultivos de cereais, patacas e viña, así como gandería. Destaca a industria alimentaria, química e metalúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama, drenado polo río Manzanares, onde forma o pantano homónimo (4.547 h [2001]). O castelo, residencia dos marqueses de Santillana e dos duques do Infantado, foi construído no s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proclama política de Leopoldo O’Donell realizado en Manzanares o 7 de xullo de 1854. Redactada por Antonio Cánovas del Castillo, deu paso ao Bienio Progresista (1854-1856).
-
-
Expresión latina que designa unha grande abundancia ou cantidade de cousas.
-
Gran cantidade de cousas ou persoas en confusión ou desorde. Os autores antigos empregaban esta expresión para designar o mar que, segundo as súas concepcións xeográficas, circundaba toda a terra habitada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que os romanos lle deron ao Mar Mediterráneo. Continúa empregándose como sinónimo culto de Mediterráneo.
-
-
Movemento cíclico alternativo de ascenso e descenso do nivel da auga do mar, que se debe á atracción gravitatoria do Sol e, principalmente, da Lúa. O ciclo completo consta de dúas subidas e dúas baixadas da auga, cunha duración media de 24 h 50 min, que coincide co tempo que transcorre entre dous pasos consecutivos da Lúa polo meridiano do lugar de observación. A fase durante a que ten lugar a subida da auga recibe o nome de marea crecente ou marea enchente, e a fase durante a que ten lugar a baixada denomínase marea minguante ou marea baixante. Cando a auga chega ao final do seu ascenso, é dicir, ao nivel máximo, denomínase fluxo, marea alta ou marea chea, mentres que cando chega ao nivel mínimo denomínase marea baixa ou marea libre. A diferencia entre estes dous valores extremos de nivel da auga denomínase amplitude da marea, e o seu valor depende de factores astronómicos e xeográficos. Por outra...
-
Campaña ou actividade de pesca ou marisqueo, e o tempo que dura.
-
Cantidade de peixe que se recolle nunha xornada de traballo no mar.
-
ariación da presión atmosférica que se debe á acción do Sol e da Lúa. A marea atmosférica que se debe á atracción gravitatoria da Lúa é pouco importante. O Sol, sen embargo, orixina oscilacións de presión moi sensibles, porque a súa influencia gravitatoria únese aos efectos térmicos sobre a atmosfera.
-
Pequena variación diaria da declinación magnética de ata 14 min no verán e 9 min no inverno.
-
Capa errática de aceites pesados que cobre a superficie do mar ou de augas continentais a causa de vertedura de petróleo cru ou de gasóleo, xeralmente por accidente dun barco cargueiro, ou ben pola erupción de pozos petrolíferos mar a fóra. Ademais do perigo de incendio e dos prexuízos para os habitantes das zonas costeiras afectadas, existe o feito da alteración de todo o ecosistema mariño afectado, con consecuencias a curto e medio prazo. Os sistemas que se empregaron para eliminar as mareas negras son de diversa natureza: físicos, como a aspiración por matrices plásticas, coa posibilidade de recuperar tanto aceite como as matrices; químicos, especialmente coa aplicación de deterxentes tensioactivos que solubilizan as moléculas hidrófobas e as envían ao fondo, e biolóxicas, que consisten en aplicar cepas de microorganismos que degradan os compoñentes dos aceites pesados e que se reproducen rapidamente mentres queda aceite, e cando este se acaba, morren sen verse as augas afectadas. Desde...
-
Fenómeno que se produce en ambientes mariños costeiros e rías cando se eleva a concentración de dinoflaxelados, que provocan unha coloración vermella das augas superficiais. Estes organismos, que forman parte do plancto, desenvolven un tipo de toxina prexudicial para os consumidores, que é causado por unha serie de alteracións do medio, como poden ser o aumento de temperatura ou nutrientes, que provoca unha explosión demográfica. As mareas vermellas son importantes polos efectos tóxicos que poden ocasionar no caso de inxestión de moluscos lamelibranquios das zonas en que tivo lugar. O consumo de moluscos contaminados produce unha intoxicación que se caracteriza pola aparición de síntomas de parálise e problemas respiratorios. Estes moluscos contaminados non poden identificarse a simple vista, xa que o seu aspecto non varía; ademais, un só molusco pode conter toxina suficiente para ser letal nunha persoa, para o que non se ten tratamento nin antídoto. A cocción non destrúe a toxina, polo...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á marea.