"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Castela e León (1284-1295), fillo de Afonso X e de Violante de Aragón. Casou (1282) con María Afonso de Meneses, a futura María de Molina. Morto Afonso X, proclamouse rei en Toledo. Desautorizou a política filofrancesa do seu privado García Gómez e encomendou os asuntos de estado a Lopo IV, señor de Biscaia, de tendencias proaragonesas. Indisposto por este motivo coa nobreza, fixo asasinar a Lopo IV (1288) e, polo Acordo de Lyon (1288), comprometeuse a axudar a Filipe IV de Francia contra Aragón. Este tratado ocasionou a ruptura de relacións con Afonso III de Aragón, e o inicio da guerra entre ambos os dous reinos. Morto Afonso III, asinou con Xaime II de Aragón a Concordia de Monteagudo (1291).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de exploración que se fai mediante a diagnose dos procesos abdominais agudos. Cunha man pálpase a parede abdominal, mentres que coa outra efectúase a dilatación forzada do ano. Nos casos de peritonite, a dor e a contractura abdominal non se modifican.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo protectorado español que ocupaba o N de Río de Oro e que, máis tarde, pasou a constituír a rexión norte da provincia española do Sáhara. A capital era Al-A’yun. Desde 1976 pertence a Marrocos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abraham Bar Ḥ iyya.
-
PERSOEIRO
Explorador italiano. De nome Pietro Brazza-Savorgnan, explorou o río Ogooué (1875-1878), chegou ao Congo e puxo baixo protectorado francés todos os estados do Rei Makoko (1879-1882). Como comisario xeral do goberno (1887-1897) organizou o Congo francés ou Congo Brazzaville.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos escombrolabrácidos, de corpo oblongo, lixeiramente deprimido polos costados. Presenta dúas aletas dorsais, postas en contacto, unha aleta anal situada moi atrás, e as pectorais son finas e alongadas. O único representante galego deste xénero é S. heterolepis.
-
PERSOEIRO
Escritor e tradutor. Especializado na tradución ao portugués de obras significativas de diferentes literaturas, escribiu en portugués (1959-1982), catalán e esperanto. Publicou Els exèrcits de Paluzie (1982), Coneixes Blaise Cendrars? (1984), Paisatge amb figures (1986), a compilación de contos Fer senyors a la Plaça Roja (1986). É autor tamén do Dicionario portugués-catalán (1985) e o Dicionario catalán-portugués (1989) e de varias antoloxías literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta arbustiva ou subarbustiva, xeralmente de entre 15 e 80 cm, que pode acadar os 100 cm de altitude. As follas son entre triangulares e ovadas, rugosas e co bordo festenado; as flores están dispostas en inflorescencias, con brácteas ovadas e cáliz piloso, e florece no verán. Na Península Ibérica hai dúas subespecies: a T. s. scorodonia, que se distribúe polo N, centro, e metade occidental, así como polo S, O e centro de Europa, e habita nos bosques caducifolios, ata os 2000 m de altitude; e a T. s. baeticum, que se distribúe polo SO da península e NO de África, e habita en bosques frescos, entre os 100 e 700 m de altitude. Diferéncianse en que a T. s. baeticum ten máis pelos glandulíferos no cáliz e no eixo da inflorescencia.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Laza, no concello homónimo. O seu cumio acada os 820 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da costa atlántica situada ao O da Marola, na parroquia de Dexo (Oleiros).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das fibrilas transversais que unen as láminas óseas.
-
PERSOEIRO
Físico. Doutorouse na Universidade de Harvard. Perfeccionou o primitivo transistor e elaborou o de unión. Recibiu o Premio Nobel de Física (1956), xunto con J. Bardeen e W. H. Brattain, polas súas contribucións ao estudo dos semicondutores e as súas aplicacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do mu ḥ ā-fa ẓ a de Al-Qalyūbīya, Exipto, situada na área suburbana do N do Cairo, na beira L do Nilo (870.776 h [1996]). É un centro industrial, situado no terminal S do canal de Ismailia, que enlaza o canal de Suez co Nilo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos sicambros.
-
Individuo do pobo sicambro.
-
Pobo xermánico que habitaba á dereita do Rin, ao S do Lippe. Despois de fuxir dunha expedición punitiva de César (55 a C), foron sometidos por Tiberio (8 a C), que ordenou o seu exterminio, Un pequeno número deles estableceuse nas Galias.
-
-
PERSOEIRO
Escolástico. En oposición a Tomé de Aquino defendeu teses aristotélico-averroístas e neoplatónicas, como a da eternidade do mundo, a da causación inmediata por Deus, só dunha primeira intelixencia, ou a da existencia dun único intelecto axente para todos os homes. Contribuíu ao divorcio moderno entre a razón e a fe. As súas teses foron condenadas polo bispo de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurólogo e histólogo. Estudou medicina en València. Foi o introdutor da neurohistoloxía e da psicoloxía experimental en España, un dos mestres de Santiago Ramón y Cajal, impulsor destacado da Asociación Española para el Progreso de las Ciencias (1907) e participou na organización da Junta de Ampliación de Estudios (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos simbranquiformes.
-
Peixe da orde dos simbranquiformes.
-
Orde de peixes, da clase dos osteíctios, con aberturas branquiais pequenas e fusionadas ventralmente nunha soa fenda transversal, e con branquias parcialmente atrofiadas, polo que a súa respiración é sobre todo bucofarínxea e intestinal. Son propios de pantanos, covas e augas estancadas, sobre todo das augas doces tropicais do SL de Asia e de Australia.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sinafobránquidos.
-
Peixe da familia dos sinafobránquidos.
-
Familia de peixes, da orde dos angüiliformes, á que pertence a especie Synaphobranchus kaupi (anguía abisal).
-