seixebra
(< lat saxifraga)
Planta arbustiva ou subarbustiva, xeralmente de entre 15 e 80 cm, que pode acadar os 100 cm de altitude. As follas son entre triangulares e ovadas, rugosas e co bordo festenado; as flores están dispostas en inflorescencias, con brácteas ovadas e cáliz piloso, e florece no verán. Na Península Ibérica hai dúas subespecies: a T. s. scorodonia, que se distribúe polo N, centro, e metade occidental, así como polo S, O e centro de Europa, e habita nos bosques caducifolios, ata os 2000 m de altitude; e a T. s. baeticum, que se distribúe polo SO da península e NO de África, e habita en bosques frescos, entre os 100 e 700 m de altitude. Diferéncianse en que a T. s. baeticum ten máis pelos glandulíferos no cáliz e no eixo da inflorescencia.