"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Que favorece a produción de espirros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de medida para madeira de símbolo st, que equivale a 1 m3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos compoñentes do grupo de substancias naturais que conteñen o esqueleto fundamental do ciclopentanperhidrofenantreno, no que existen fixadas unha ou varias cadeas laterais ou unhas cantas. O núcleo esteroide fórmase por tres ciclos de ciclohexano e un ciclo de ciclopentano. Os esteroides clasifícanse en esterois (colesterol, D7-deshidrocolesterol, ergosterol), ácidos biliares (ácido cólico) e hormonas (proxesterona, cortisona, cortisol, testosterona, estradiol).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos esteroides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das substancias que teñen o esqueleto dos esteroides e unha función alcohólica en posición 3, ás veces un dobre enlace na posición 5-6 e unha cadea lateral alifática unida ao carbono 17. Poden existir tanto en forma de esterois libres como en forma de ésteres de ácidos graxos superiores, e pódense illar por extracción da fracción insaponificable de aceites e graxas vexetais ou animais. Moi estendidos na natureza, existen os zoosterois, que son os esterois de orixe animal, entre os que se atopa o colesterol; os fitosterois, que son os que se atopan nas plantas, como o betafitosterol; e os micosterois, que son os esterois presentes nos fungos, como o ergosterol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estela ou garfo que se crava na carne, particularmente o que o fai entre a carne e a unlla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se bota o esterco.

    2. Lugar moi sucio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desfacer os terróns que se forman nunha terra de labor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Respiración rouca e angustiosa propia dos moribundos.

    2. Ruído anormal que se detecta na auscultación torácica de enfermos pulmonares.

    3. Últimas manifestacións de algo que está a piques de extinguirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para trasladar un debuxo a outra superficie. Consiste en debuxar a figura a reproducir nun papel groso e delimitar o seu contorno con pequenos buracos, polos que se pasa o cisquero, para plasmar así a súa silueta no soporte. Empregouse na pintura ao fresco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer un esterxido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade para a percepción.

    2. Neurose sensorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘sensación’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das sensacións, os órganos, os sentidos e a sensibilidade en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento en forma de V, de puntas separadas, empregado para medir a sensibilidade táctil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que concede unha grande importancia á beleza e aos valores estéticos tanto na arte como na vida.

    2. Persoa entendida en estética.

    3. Cada un dos apéndices sensoriais de poucos milímetros de lonxitude, filiformes e co extremo acabado en forma de maza, que atravesan a parte dorsal da cuncha dos poliplacóforos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Disciplina filosófica que estudia a beleza e a arte e que elabora unha teoría das artes. Ocúpase do belo e do sentimento que provoca nos homes a percepción da beleza. Platón introduciu a preocupación pola beleza na filosofía ao declarala, xunto co ben e a xustiza, unha das tres ideas supremas de coñecemento e de realidade. Polo xeral, os problemas estéticos divídense en dúas categorías: os relativos á creación e os relativos á percepción estética. A filosofía interésase fundamentalmente polo proceso creativo, para medir e analizar os poderes do home á hora de expresar a beleza en calquera das súas formas artísticas, ou á hora de empregar o obxecto de arte como mecanismo de coñecemento da realidade. A partir de I. Kant, a estética presentouse como unha teoría da percepción, do xuízo do gusto ou do sentimento do pracer estético. F. Nietzsche declarou que a arte era mellor forma de coñecemento da verdade ca a filosofía ou a ciencia.

      2. estética transcendental

        Parte da Kritik der reinen Vernunft (Crítica da razón pura) na que I. Kant tratou das formas a priori da sensibilidade.

    1. Calidade do que é belo e harmonioso.

    2. Actividade relativa aos tratamentos e coidados de beleza.

    3. Movemento que ten como obxectivo reflexionar sobre o concepto de beleza e sobre os trazos singulares das obras de arte teatrais. Diferéncianse a estética descritiva, que ten como obxectivo describir as formas artísticas, explicalas e clasificalas segundo diversos criterios e variables; e a estética normativa, que formula regras e normas para a composición da obra de arte coa finalidade de establecer un canon recoñecido por toda a comunidade artística, define os trazos pertinentes e diferenciais da obra de arte teatral e establece as súas funcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que afirma que na arte predominan os principios estéticos.

    2. Teoría da arte elaborada por I. Kant que afirma que a filosofía da arte é independente de calquera outra forma filosófica e que a arte só pode xulgarse coas súas normas. Esta doutrina concretouse na actitude da arte pola arte que culminou no movemento esteticista do Reino Unido a finais do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao esteticismo.

    2. Seguidor ou partidario do esteticismo.

    3. Persoa especializada en cosmética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á estética.

    2. Que resulta agradable á vista.

    VER O DETALLE DO TERMO