"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
PERSOEIRO
Raíña de España, filla de Francisco I das Dúas Sicilias e da infanta María Isabel de Borbón. Casou en 1829 co seu tío o Rei Fernando VII, viúvo sen fillos, a quen inclinou paulatinamente cara a un certo liberalismo, en oposición ao Partido Apostólico. Actuou, co título de raíña gobernadora, como rexente da súa filla a Raíña Isabel II (1833-1840). Promulgou o Estatuto Real de 1834 e xurou a Constitución de 1837.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Sicilia (1377-1401), filla de Federico III de Sicilia e de Costanza de Aragón. Sucedeu o seu pai, malia que o goberno foi exercido polo seu titor e vigairo xeral da illa, Artal de Alagón. Casou en 1392 con Martiño, neto de Pedro IV de Aragón o Cerimonioso. Á súa morte sen descendencia, deixou o reino en mans do seu home.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e gravador italiano. Coñecido como Sandro Botticelli, foi discípulo de frei Filippo Lippi e, estivo influído polos irmáns Piero e Antonio Pollaiolo, especialmente na volta aos temas mitolóxicos, e por Andrea Verrocchio. A maior parte da súa carreira desenvolveuse en Florencia, onde recibiu o apoio dos Medici. A súa obra, excluída a última etapa mística, representa a exaltación dun esteticismo decorativo e aristocrático ao servizo dun concepto da arte que reaccionaba contra o afán de reproducir con fidelidade a realidade. Pintou Giuditta e Oloferne (1469-1470) e tamén L’Epifania, (1475) e La Primavera (1477-1478), ambas as dúas para os Uffizi. Tres anos máis tarde foi chamado a Roma polo Papa Sisto IV para decorar a Capela Sixtina do Vaticano, onde traballou con Perugino, Pinturichio, Cosimo Rosselli e Ghirlandaio. Pintou Pallade che doma il Centauro (1485?), Nascita di Venere (1486?) e L’Annunciazione (1488-1490),...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada entre os ríos Aguapei e Peixe (103.904 h [1980]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Redactou o seu primeiro manifesto en 1909, en que propugnaba a ruptura dos esquemas literarios tradicionais e da sintaxe. No Manifesto tecnico della letteratura futurista (1912) definiu a guerra como a ‘única hixiene do mundo’, e trala Primeira Guerra Mundial adheriuse ao fascismo. Das súas obras destacan, en poesía, Spagna veloce e toro futurista (1913), Poemi simultanei futuristi (1933), Canto eroico e macchine della guerra mussoliniana (1942) e L’esercito italiano, poesia armata (1942), e, en prosa, Novelle con le labbra tinte (1930) e Patriottismo insetticida (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como Alicia Markova, fixo o seu debut cos Ballets Rusos de Diaghilev en 1924. Creou e dirixiu a compañía Markova-Dolin (1935-1938) e o London’s Festival Ballet (1949-1952), e as súas mellores interpretacións foron Pétrouchka e La boutique fantasque.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe literario creado polo escritor estadounidense Raymond Chandler, que protagonizou unha serie de sete obras de temática policial. Caracterizado como o prototipo de investigador privado da novela negra, loita contra a corrupción do diñeiro e do poder político.
-
PERSOEIRO
Político e escritor, señor de Sint Aldegonde. Colaborou con Guillerme I de Orange-Nassau a favor da liberdade e da Reforma. Da súa obra destaca De Biënkorf der H. Roomsche Kercke (1569) e a tradución dos Salmos (1580).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás marsiliáceas.
-
Planta da familia das marsiliáceas.
-
Familia de fentos acuáticos que posúen o talo horizontal con follas filiformes ou cuadrifoliadas implantadas no talo pola parte superior, e raíces na inferior.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo. Adversario da supremacía do papado, escribiu o tratado Defensor pacis, onde defendeu a autonomía e independencia do poder político fronte ás pretensións do papado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e industrial. De ideas socialistas, foi o derradeiro alcalde republicano da cidade de Vigo. Apresado na súa casa, foi sometido a un xuízo e fusilado xunto con outras autoridades e dirixentes republicanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sicilia (1390-1409), fillo do Rei Martiño I e de María de Luna. Casou con María I de Sicilia en 1390 e enfrontouse cunha revolta xeral (1392), que reclamou o apoio das tropas de seu pai. En 1394 someteron a maior parte da illa pero, tralo nomeamento do seu pai como rei de Aragón (1396), enfrontouse en solitario a novas revoltas. Enviuvou en 1398 e herdou o reino, pero volveu casar en 1402 con Branca I de Navarra. Tentou someter Sardeña (1408) e acadou a vitoria de Sanluri. Á súa morte sucedeuno seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Martiño I de Aragón.
-
-
marsellés.
-
-
Relativo ou pertencente á antiga colonia helena de Massilia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da antiga Massilia.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino de Massalia.
-
PERSOEIRO
Autor teatral inglés. Utilizou con mestría a sátira e o realismo social, o que o converteu no último gran dramaturgo da época isabelina. Compuxo as comedias The City Madam (1632), A new Way to Pay Old Debts (1633) e as traxedias The duke of Milan (1618), The roman actor (1626) e The emperor of the East (1631).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo o pertencente ao matrilinealismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de organización social en que o parentesco e a pertenza a un grupo son determinantes para un tipo de descendencia que segue a liña materna. Comporta tamén a herdanza dos bens maternos e o feito de que o control e a educación dos fillos corresponden ao irmán da nai e non ao pai.
-
PERSOEIRO
Poeta grego. Formado en Alemaña, foi amigo de Dióniso Solomos e partidario da lingua popular. Fixo traducións de autores destacados, como Schiller, Byron, Shelley ou Tennyson, e da súa obra poética, uns cincuenta sonetos harmoniosos publicados postumamente (1915), destaca Lethe.
VER O DETALLE DO TERMO