Mariano Filipepi, Alessandro di

Mariano Filipepi, Alessandro di

Pintor, debuxante e gravador italiano. Coñecido como Sandro Botticelli, foi discípulo de frei Filippo Lippi e, estivo influído polos irmáns Piero e Antonio Pollaiolo, especialmente na volta aos temas mitolóxicos, e por Andrea Verrocchio. A maior parte da súa carreira desenvolveuse en Florencia, onde recibiu o apoio dos Medici. A súa obra, excluída a última etapa mística, representa a exaltación dun esteticismo decorativo e aristocrático ao servizo dun concepto da arte que reaccionaba contra o afán de reproducir con fidelidade a realidade. Pintou Giuditta e Oloferne (1469-1470) e tamén L’Epifania, (1475) e La Primavera (1477-1478), ambas as dúas para os Uffizi. Tres anos máis tarde foi chamado a Roma polo Papa Sisto IV para decorar a Capela Sixtina do Vaticano, onde traballou con Perugino, Pinturichio, Cosimo Rosselli e Ghirlandaio. Pintou Pallade che doma il Centauro (1485?), Nascita di Venere (1486?) e L’Annunciazione (1488-1490), as tres tamén encargadas polos Uffizi. Nos últimos anos da súa vida afectouno profundamente a obra do predicador Girolamo Savonarola e a súa pintura centrouse na representación de temas relixiosos, dos que destacan as ilustracións para a Divina Commedia (1490?) e a Pietá (1500?). Foi tamén un gran retratista.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Florencia

  • Deceso