"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • PERSOEIRO

    Actor, realizador e guionista estadounidense. Formado no instituto de arte dramática Stella Adler, en Nova York, das súas interpretacións cómpre salientar Streamers (1983), premiada en Venecia; Birdy (1984), Full Metal Jacket (1987), Pacific Heights (1990), Any Given Sunday (1999), Hitler: The Rise of Evil (2003) e Le Divorce (2003). Escribiu o guión e realizou os filmes Smoking (1994) e Ece pirate (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga neerlandesa. Autora de traballos sobre o latín cristián, a partir de 1939 dirixiu a colección Latinitas Christianorum Primaeua. Fundou xunto con J. Quastena a colección Stromata Patristica et Mediaeualia (1950) e foi cofundadora da revista Vigiliae Christianae (1974). Da súa produción destaca Die Sondersprache in den Sermones des hl. Augustin (1932), Studien zur Syntax der Briefe des hl.Cyprian (1936), coa colaboración de Schrijnen, e L’ordinaire de la messe (1953), con B. Botte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escenógrafo e humorista francés, pai de Georges-Victor-Marcel Moinaux. Coñecido como Jules Moinaux, dedicouse sobre todo á realización de óperas cómicas, das que destacan Pepito (1853), con música de Offenbach, ou Le Canard à trois becs (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliotecaria e lexicógrafa. Licenciada en Historia pola Universidad de Zaragoza (1921). Ingresou (1922) no Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos e tivo como primeiro destino o Archivo de Simancas e despois o Archivo de Murcia. A principios de 1930 trasladouse ao Archivo de la Delegación de Hacienda de València. Participou activamente nas empresas culturais que naceron co espírito da Segunda República: colaborou na Escuela Cossío, inspirada na Institución Libre de Enseñanza, en que ensinou literatura e gramática, e nas Misións Pedagóxicas, en que destacou o seu labor na organización das bibliotecas rurais, que reflectiu na obra Instruciones para el servizo de pequeñas bibliotecas (1937). A finais de 1937 dirixiu a Oficina de Adquisición y Cambio Internacional de Publicaciones e traballou como vogal da Sección de Bibliotecas del Consejo Central de Archivos, Bibliotecas y Tesoro Artístico. Redactou un plan bibliotecario de España, Proyecto de Plan de Bibliotecas del...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de capela da catedral de Tui. Sucedeu a Xoán Antón Basterra grazas ao informe emitido polo mestre da catedral compostelá Melchor López. Desempeñou ese cargo desde 1791 ata 1796, ano en que foi nomeado cóengo da catedral. A súa obra é pouco abondosa e non difire moito estilisticamente da do seu predecesor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Principal representante da escola dos retóricos de Borgoña, foi historiógrafo de Carlos I e bibliotecario de María de Borgoña. Destacan a súa continuación da Crónica de Chastellain (1474-1504) e a versión do Roman de la Rose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Torno que serve para termar e levar as áncoras.

    2. Aparato composto por diversos brazos ou aspas que se coloca na entrada ou saída dun lugar para que só pase unha persoa de cada vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Coñecido como cabaleiro de Lamarck, foi discípulo de Bernard de Jussieu, e en 1778 publicou a súa obra Flore française, onde utilizou por primeira vez unha clave dicotómica para clasificar as plantas. O conde de Buffon, interesado polo seu traballo, confioulle unha misión científica por Europa central para enriquecer as coleccións de plantas do Jardin du Roi. En 1794 foille concedida a cátedra de zooloxía do museo de ciencias naturais, co cargo de clasificar as coleccións de animais inferiores. Da súa obra destacan Philosophie zoologique (1809), onde expuxo as súas ideas sobre os seres vivos e formulou a primeira teoría positiva sobre a evolución, e Histoire naturelle des animaux sans vertèbres (1815-1822), onde recolleu os seus coñecementos sobre invertebrados e puxo os fundamentos da súa clasificación sistemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás partículas que se moven á mesma velocidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Alonso Martínez, foi mestre de Francisco de Moure. Desenvolveu a súa actividade en Ourense, onde se estableceu na última década do s XVI. Caracterizouse como un manierista pleno. As súas imaxes manifestaban o interese pola tridimensionalidade, pola representación real do vulto. Marcou as liñas e estableceu ritmos contrapostos, que deran sensación dun pregado en movemento. Identificouse como o autor do cadeirado do coro do mosteiro de Santa María de Montederramo, así como dos taboleiros decorativos do mesmo nos que se representaban imaxes do Antigo e do Novo Testamento. Foi o continuador do retablo de Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior, que deixara sen rematar Juan de Angés o Mozo, e realizou gran parte das esculturas que rematan as reixas da catedral de Ourense. Destaca a imaxe da Virxe da Esperanza, que realizou para a catedral de Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. De 1981 a 1988 foi director do Institut del Teatre de Barcelona, para logo pasar ao proxecto Teatre Lliure. Como actor participou nas obras Primera història d’Esther (1962), El mercader de Venecia (1964) ou Tirant lo Blanc (1969). Como director traballou en Antígona (1978), Kean (1985) ou El manuscrit d’Ali Bei (1988, Premio da Asociación de Directores de Escena).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estivo moi en contacto con Santiago de Compostela e coas novidades barrocas que alí se produciron; de feito foi un dos primeiros e principais seguidores das propostas de José de Vega y Verdugo. Foi autor da igrexa do mosterio de Santa María de Sobrado dos Monxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Maquilladora. Especialista en caracterización e maquillaxe, realizou traballos para compañías como Chévere, Sarabela Teatro, Centro Dramático Galego ou Ollomoltranvía. Recibiu diversos premios polo seu labor, entre os que se contan o Premio Compostela e varios María Casares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Titulada pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, comezou a súa andaina profesional no grupo de teatro Caritel, co que realizou espectáculos como Esto non é serio, señores ou Ollo ao piollo King-Kong. Continuou a súa carreira profesional participando nunha longa xeira de espectáculos do Centro Dramático Galego, entre os que destacan O enfermo imaxinario (1986), As alegres casadas (1989) Leoncio e Helena (1993), Lisístrata (1997) e Antígona (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que sente morriña.

      2. Que está abatido e sen forzas.

    1. Que produce nostalxia e tristura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten sucidade apegada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Recibiu a influencia de Goya e colaborou con Demetrio Salgado na realización de carteis para os cines da Gran Vía madrileña. Destacou como debuxante e realizou composicións complexas partindo dunha tradición barroca. Empregou tons temperados e neutros, e a temática baseouse sobre todo en paisaxes e bodegóns. Da súa produción destaca Desnudo femenino e a súa obra está presente, entre outros, no Museo Español de Arte Contemporáneo. Como pintor recibiu a terceira medalla do Concurso Nacional de Bellas Artes   (1943), a segunda (1948) e a primeira (1957), e como debuxante conseguiu a segunda (1952) e a primeira (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, situado no Ulster (1.295 km2; 51.313 h [1996]). A súa capital é Muineachán (6.047 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Baile tradicional galego que acompaña á música do mesmo nome, que executan parellas ou grupos de parellas soltas. Son diversas as teorías que explican a súa orixe, como a que afirma que se pode tratar da evolución dunha danza guerreira, documentada por Estrabón, en que os danzantes formaban círculos e daban saltos e voltas no aire. Outra teoría afirma que a muiñeira naceu, como indica o nome, nos muíños durante as xornadas nas que se reunían os veciños para a moenda. Este baile consta dunha sucesión de puntos e paseos que se estruturan cunha certa orde. En primeiro lugar, un dos bailaríns máis experimentados, o guía, fai unha chamada, mediante un xesto ou tocando as súas castañolas, para iniciar o baile. Os danzantes dispóñense en dúas fileiras enfrontadas, unha a dos homes e outra a das mulleres. A continuación o guía encárgase de sacar o punto, é dicir, executa unha serie de movementos complexos que mesturan saltos e outro tipo de xiros que o resto de bailadores repiten de forma sincronizada....

      2. Composición musical, de ritmo ternario, que é propia da música tradicional galega e que adoita acompañar o baile homónimo. Hai dous tipos básicos: a muiñeira nova, que se corresponde cun compás de 6/8, e a muiñeira vella ou ribeirá, que se corresponde cun compás de 2/4. A diferenza na acentuación tamén é evidente entre os dous tipos de melodía, xa que na muiñeira nova o acento cae na primeira nota de cada grupo rítmico de tres corcheas, mentres que na muiñeira vella vai na segunda de cada tres. Outra diferenza destacada é que a muiñeira vella non admite unha interpretación exclusivamente instrumental e, polo tanto, sempre vai acompañada do canto. A gaita é o instrumento que se emprega principalmente na interpretación da muiñeira tradicional, xa que se adapta perfectamente ás necesidades interpretativas e melódicas deste tipo de composicións. As muiñeiras vellas acompáñanse con pandeiretas, pandeiros e outros instrumentos de percusión que subliñan o marcado carácter...

    1. Fungo que presenta cogomelos con láminas desiguais e moi decorrentes, cun sombreiro plano de entre 5-15 cm, de cor abrancazada e cun pé moi curto da mesma cor. Vive tanto en bosques de coníferas como de árbores caducifolias durante o outono e principios do inverno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao muíño.

      1. Persoa que traballa nun muíño.

      2. Propietario dun muíño.

    2. Mesteiral que tiña ao seu cargo a moedura do trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO