"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Ciencia que estuda a orixe e o desenvolvemento da moeda, tanto no espazo como no tempo, considerándoa como un monumento ou testemuño histórico, social, económico e artístico. Entendida como unha das fontes auxiliares da historia, é á vez complementaria doutras disciplinas como a arqueoloxía, a heráldica, a epigrafía, a etnografía, a sixilografía ou a filoloxía. Aínda que o seu ámbito principal de atención é o referente ás moedas e ás medallas, ocúpase tamén de todo o relacionado cos aspectos anexos ao fenómeno monetario. O desenvolvemento da numismática iniciouse co humanismo, pero ata finais do s XVIII non se sistematizou como ciencia, de xeito paralelo á creación das grandes coleccións nacionais. A partir da metade do s XIX a ciencia das moedas chegou á súa plenitude, grazas aos estudos con criterios científicos que analizaron a vasta problemática das emisións, tanto antigas como medievais e modernas, á publicación de revistas especializadas, ás reunións de especialistas en congresos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás moedas ou á numismática.

    2. Persoa entendida en numismática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición sistemática das moedas e das medallas.ƒ

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réxime económico baseado no predominio do traballo obreiro como un elemento de produción e creador de riqueza.

    2. Clase social constituída polo conxunto dos obreiros.

    3. Doutrina social que propugna a mellora das condicións de vida dos obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude dos que practican a obstrución política.

    2. Método que empregan as minorías parlamentarias para facer aprazar a aprobación dunha lei ou unha disposición, sobre a base dunha aplicación estrita dos regulamentos internos parlamentarios ou facendo longas intervencións orais. OBS: Tamén se denomina filibusteirismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica segundo a que a realidade externa ou os valores teñen unha validez obxectiva e universal, independente do suxeito.

    2. Teoría estética que dá predominancia ao obxectivo sobre o subxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica do s XVII, de raíz cartesiana, que consideraba a Deus como único principio causal no referido ao problema da interrelación entre corpo e alma. Negaba que a acción da alma fose causa da correspondente acción do corpo e defendía a necesaria intervención de Deus para producir un movemento no corpo ou na alma, cada vez que neste ou nesta se producía outro correspondente. O seu principal representante, considerado como o fundador do ocasionalismo, foi Nicolas Malebranche.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección pola vida e a cultura dos pobos occidentais.

    2. Movemento reformador ruso que se desenvolveu en tempos do Tsar Nicolao I de Rusia. Os occidentalistas (Čaadajev, Herzen, Belinskij), ao contrario dos eslavófilos, pensaban que o Imperio Ruso tiña que seguir a escola occidental tomando o máis moderno da mesma (organización administrativa, laicismo) e non copiala servilmente. Como consecuencia da Revolución de 1848, a policía tsarista perseguiu ferozmente os occidentalistas, de xeito que o movemento desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento político-cultural que busca recuperar a nacionalidade de Occitania en oposición á política centralista de Francia.

    2. Elemento lingüístico propio da lingua occitana ou que procede dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica, especialmente difundida entre os ss XIV e XV, que derivou e tomou o nome de Guillerme de Ockham. Variante da escolástica, contrapúxose ao escotismo e ao tomismo e defendeu a separación entre razón e fe. Incluía pensadores, moi influídos por Ockham, preocupados por protexer ao Deus cristián de toda racionalización humana, e por cultivar con independencia unha lóxica nominalista e un experimentalismo cosmolóxico que aportaran valiosos descubrimentos fisicomatemáticos. Destacan A. Woodham, R. Holkot, G. de Rimini, J. de Mirecourt, N. de Mirecourt, J. Buridan, A. de Saxe, N. de Oresme e M. D’Inghen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que pretende coñecer e utilizar os segredos e os misterios da natureza. Nos tempos antigos había unha ciencia reservada aos iniciados, xeralmente sacerdotes dun culto. Mediante diversos descubrimentos, intuicións e prácticas do ocultismo pasaron ao eido do coñecemento científico, pero unha parte continúa no plano da pseudo-ciencia ou da paraciencia.

    2. Crenza na existencia de poderes sobrenaturais capaces de explicar realidades non sometidas ao coñecemento humano ou científico.

    3. Actitude propia de quen actúa encubrindo ou ocultando algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de funcionarios dun goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente do gnosticismo que veneraba a serpe do paraíso como símbolo do perfecto coñecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto das actividades olímpicas e os valores morais que promulgan.

    2. Movemento internacional que persegue o entendemento dos pobos mediante o deporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coito interrompido que consiste en retirar o pene da vaxina xusto antes de se producir a exaculación, normalmente para evitar a fecundación.

    2. masturbación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alucinación visual que ten a aparencia dun soño vivido moi intensamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina segundo a que o ser, as ideas eternas e universais, constitúen o obxecto inmediato e directo da mente, e só por medio da comprensión case intuitiva deste obxecto poden ser comprendidos intelectualmente os outros obxectos do coñecemento. Aínda que o ontoloxismo xurdiu no s XIX como reacción ao idealismo e en oposición ao psicoloxismo de tipo cartesiano, non é xusto identificalo co realismo nin adoita ser alleo a unha certa tendencia psicoloxista. Pódese falar propiamente de ontoloxismo só en relación a N. Malebranche e algúns dos seus seguidores como A. Collier e J. Norris. O ontoloxismo foi condenado pola Igrexa Católica, polo feito de que nalgúns puntos adoita derivar nun panteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina, próxima ao neopositivismo e semellante ao instrumentalismo de J. Dewey, que foi establecida por P. W. Bridgman (The Logic of Modern Physics, 1928) e que busca a definición dos conceptos, especialmente no campo da psicoloxía e das ciencias en xeral, para que poidan ser dispostos como operacións concretas e susceptibles de experimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Defecto de orixe conxénita que consiste nun desenvolvemento deficiente da mandíbula inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adecuación dunha conduta ás circunstancias que sexan máis favorecedoras, afastándose dos principios morais ou dun plan programado.

    VER O DETALLE DO TERMO