"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • GALICIA

    Capitán da mariña mercante e político. Foi deputado autonómico polo PP (1981-1982, 1985-1989) e director xeral de Pesca e Marisqueo da Xunta de Galicia (1982-1985). Alcalde de Ribeira desde 1991, foi presidente da FEGAMP (1991-1995) e da Deputación da Coruña (1999-2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Doutorado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), dirixiu o Grupo GALABRA de investigación da USC e foi vicepresidente da Associação Internacional de Lusitanistas e membro do Comité Científico da Casa-Museu de Camilo Castelo Branco. Fixo estadas de investigación e ditou conferencias en diversas universidades portuguesas, brasileiras, españolas e francesas, con diversas publicacións no ámbito da teoría da literatura, e da literatura en lingua portuguesa. Vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística (1989-1993), primeiro presidente das asociacións xuvenís e socioculturais Itaca e a Nau Catrineta e coordinador de Candeia Editora, organizou diversas reunións científicas e culturais, entre elas o Encontro Galego no Mundo-Latim em Pó (2000). Das súas obras destacan os seus traballos sobre metodoloxía de análise literaria e cultural e sobre as relacións galego-portuguesas. É autor tamén de Lisboa, passagem de poetas e escritores estrangeiros (2000) e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NO da capital provincial (10.281 h [2001]). Posúe agricultura de regadío, gandaría e industrias derivadas e metalúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político panameño. Formouse nas escolas militares de El Salvador, EE UU e Venezuela. Tenente coronel da Guardia Nacional, tomou parte no golpe militar que derrocou ao presidente Arnulfo Arias en 1968. Convertido en comandante da Guardia Nacional, exerceu un control pleno e ditatorial do Estado, gobernando por decreto e encarcerando e exiliando aos seus adversarios. O seu fillo, Martín Torrijos , secretario do Partido Revolucionario Democrático, asumiu a presidencia de Panamá en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Durante a restauración absolutista interveu en diversas conspiracións liberais e foi encarcerado. En 1824, restaurado de novo o absolutismo tras o Trienio Liberal, tivo que refuxiarse en Londres desde onde organizou unha expedición antiabsolutista. Vítima dunha trampa que urdiu o xeneral Vicente González Moreno, gobernador militar de Málaga, desembarcou en Fuengirola con 50 homes, onde foi capturado e fusilado cos seus compañeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clérigo, médico e economista inglés. Formulou unha teoría da poboación segundo a que o crecemento queda limitado pola dispoñibilidade dos alimentos, polo que constitúe un precedente das afirmacións de Malthus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Profesor da London University (1919-1955) e director do Royal Institute of International Affairs (1925-1955), a súa obra máis importante foi A Study of History (1934-1961), en doce volumes, en que tentou presentar as etapas evolutivas que, segundo a súa concepción cíclica da historia, se repiten en cada civilización: época de perturbacións, estado universal e interregno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi fundador de Esquerra Republicana de Catalunya e secretario de Lluís Companys. En 1933 foi elixido deputado a Corts. En 1977 fundou o partido político Unió Demòcrata del Progrés Social, de escasa presenza na política catalá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Instalado desde 1955 en Vigo, fundou diversas empresas dedicadas á fabricación de pezas metálicas e cableados eléctricos para o automóbil, de pezas plásticas técnicas e en 1973 Produtos Koala SA, dedicada á comercialización de produtos de consumo doméstico. En 1997 creou unha fundación benéfico-docente que leva o seu nome. Recibiu en 1997 a Medalla de Bronce de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Procurador e promotor turístico. Foi decano do Ilustre Colegio de Procuradores da Coruña (1978-1998) e o primeiro presidente do Consello Galego dos Procuradores. Tenente de alcalde da Coruña (1950-1963), foi presidente da Asociación de Amigos do Turismo de Galicia e cónsul de Portugal. Preside a agrupación folclórica Aturuxo e foi fundador do Club Naútico de Camariñas. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Prata de Galicia (2004). É académico de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Licenciado en Dereito (1958), foi avogado e asesor xurídico de COREN e Caixa Galicia. Pertenceu a UCD e a Coalición Galega. Foi conselleiro político da Xunta Preautonómica de J. Quiroga Suárez e deputado por UCD no Congreso de los Diputados (1977-1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Doutor en Xornalismo pola Universitat Autónoma de Barcelona, vogal do Consello Asesor de RTVE en Galicia e decano da Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela (desde 2004), traballou en RNE, El País, Diario 16 de Galicia, El Correo Gallego, a axencia EFE e Xornal Diario. Publicou Da teoría práctica. Perfil do periodista galego (1996), Producir noticias. Como se fabrica la realidad periodística (1999) e A situación laboral dos xornalistas galegos (2003). Recibiu o Premio Xunta de Galicia de Xornalismo sobre drogodependencias (1988) e o Premio Nacional de Periodismo Reina Sofía (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a paisaxe e a mariña e recibiu a influencia de C. Lorrain, entre outras obras, en Dido building Carthage (1815). Despois dunha viaxe a Italia (1817) investigou as luminosidades intensas e as cores, como en The Grand Canal, Venice (1835) ou The fighting Temeraire tugged to her last berth to be broken up (1838). Desde 1840 tratou temas onde os elementos desencadeados permiten expresar as vibracións da luz e o movemento, como en Rain, Steam and Speed (1844). A súa obra, expresión dun forte romanticismo, anunciou o impresionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista e adestrador. Iniciou a súa carreira profesional en Brasil, xogando no Flamengo, co que gañou unha liga, e no Corinthians. Regresou a España ao Atlético de Madrid (1964-1974), co que gañou tres ligas e dúas copas. Foi internacional en 16 ocasións. Retirouse no Rácing de Santander (1974-1976). En 1997 incorporouse como adestrador á Real Federación Española de Fútbol e acadou dúas Eurocopas coa selección Sub-16 (1999 e 2001) e o subcampionato do mundo Sub-20 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico e político peruano. Introdutor da vacina antivariólica no Perú (1802), fundou o anfiteatro anatómico de Lima e a escola de medicina de San Fernando. Partidario da independencia, foi deputado nas Cortes de Cádiz (1821) e presidente do Consello de Ministros de Perú (1826-1827).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Deputado (1826), apoiou o goberno de J. M. Rosas, a quen se enfrontou despois ao combater o centralismo e o monopolio comercial de Bos Aires. Gobernador de Entre Ríos (1842; 1861-1864 e 1868-1870), acadou a presidencia en 1853 e instaurou unha confederación de estados e un réxime autoritario e conservador. Derrotado en Pavón (1861) por B. Mitre, foi asasinado durante unha revolta federal (1866-1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático colombiano. Ministro de Asuntos Exteriores (1909-1913 e 1914), asinou o Tratado Urrutia-Thompson (1914) con EE UU, que acordou a separación de Panamá. Foi ministro plenipotenciario en Bolivia, España e Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Deuse a coñecer a través de obras inspiradas no folclore vasco. Compuxo danzas, poemas sinfónicos, marchas, zarzuelas e as óperas Medi-Mediyan (1910), Las golondrinas (1914) e La Llama, estreada postumamente (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e tradutor. Especializado en relato curto, teatro e, sobre todo, literatura xuvenil, con novelas como Rovelló (1968), En Mir l’esquirol (1978), Les aventures del rellotge (1981) e Un estrany a làrca (1993). Recibiu os premios Serra d’Or (1980), a Creu de Sant Jordi (1988) e o Premi d’Honor das Lletras Catalanes (2000). É membro da sección filolóxica do IEC desde 1991. A partir de 1983 convocouse un premio de ensaio co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Catedrático de Estética na Universitat de Barcelona, a súa poesía, profundamente relixiosa e existencial, foi recollida en diversos volumes, como Poesías reunidas 1945-1990 (1990, Premi Ciutat de Barcelona). Cultivou tamén o ensaio, como en Estudios sobre a palabra poética (1952) e Nietzche, de filólogo a Anticristo (1992). Dentro da historia literaria cómpre salientar Historia de la Literatura Universal, en colaboración con Martí de Riquer.

    VER O DETALLE DO TERMO