Torres Feijó, Elias José
Profesor. Doutorado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), dirixiu o Grupo GALABRA de investigación da USC e foi vicepresidente da Associação Internacional de Lusitanistas e membro do Comité Científico da Casa-Museu de Camilo Castelo Branco. Fixo estadas de investigación e ditou conferencias en diversas universidades portuguesas, brasileiras, españolas e francesas, con diversas publicacións no ámbito da teoría da literatura, e da literatura en lingua portuguesa. Vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística (1989-1993), primeiro presidente das asociacións xuvenís e socioculturais Itaca e a Nau Catrineta e coordinador de Candeia Editora, organizou diversas reunións científicas e culturais, entre elas o Encontro Galego no Mundo-Latim em Pó (2000). Das súas obras destacan os seus traballos sobre metodoloxía de análise literaria e cultural e sobre as relacións galego-portuguesas. É autor tamén de Lisboa, passagem de poetas e escritores estrangeiros (2000) e do estudo e tradución ao español de A Brasileira de Prazins (2003), de Camilo Castelo Branco.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tui