"Nan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1411.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de organismos que se encargaron de resolver o problema dos refuxiados despois da Primeira Guerra Mundial. Colocada, ao principio, baixo a autoridade de Fridtjof Nansen (1921-1924), estivo despois ligada á Oficina Internacional do Traballo (1925-1929). En 1931 a Sociedade de Nacións creou a Oficina Internacional Nansen para os Refuxiados, que se encargou de proseguir a obra desta organización, ata a súa liquidación en 1938.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batista de algodón que se fai con fíos moi delgados.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Hauts-de-Seine, na rexión administrativa de Île-de-France, Francia, situada na área suburbana de París (84.281 h [1999]). É un centro industrial siderúrxico moi importante. En 1968 iniciáronse os acontecementos revolucionarios que desembocaron no movemento de Maio do 68.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Loire Atlántico, na rexión administrativa de País do Loire, Francia, situada na cabeceira do esteiro do Loire (270.251 h [1999]). É unha cidade portuaria e un centro industrial da metalurxia pesada, de contrución naval, da produción alimentaria, dos zapatos e a química, sectores industriais que se estenden cara ao S, e tamén conserva arredor unha área de intensa produción hortícola. A planta urbana sufriu unha intensa remodelación, que foi reforzada despois da Segunda Guerra Mundial. Antiga capital do pobo galo dos namnetes, foi residencia dos reis e despois dos duques de Bretaña, ata a súa unión con Francia (1524). Grazas á súa situación, desde o s XV adquiriu importancia comercial e o apoxeo do porto estivo ligada á explotación de América. Na metade do s XVIII foi a cidade dos negreiros, e este comercio condicionaba a fabricación de téxtiles, augardentes e a elaboración dos produtos que o réxime de exclusividade reservaba á metrópole e que se vendían ao Estado...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Nantes (Sanxenxo). Ten unha planta en forma de escadro con galería aberta e patio con xardíns en que se conservan dous sartegos de granito e os restos da antiga igrexa parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edito que puxo fin ás Guerras de Relixión promulgado por Enrique IV de Francia o 13 de abril de 1598. Estableceu a liberdade de consciencia a todo o reino, a liberdade ampliada de culto, o usufruto para os hugonotes de todos os dereitos civís, a creación de cámaras especiais para garantir os dereitos establecidos e o xuramento de 200 prazas coa garantía e posto de seguridade. A súa revogación por parte de Luís XIV o 18 de outubro de 1685, deu lugar á revolta dos camisards (1702-1709).
-
PERSOEIRO
Debuxante e gravador. Coñecido como Leboeuf e discípulo de Ingres, destacou como litógrafo e como ilustrador de obras de escritores románticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e gravador. Foi discípulo, en París, de Philippe de Champagne. Realizou numerosos retratos gravados e ao pastel de importantes personaxes da época (Luís XIV, Mazzarino, Ana de Austria ou Colbert). En 1659 foi nomeado gravador e debuxante da Corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de Santiago, hoxe dividida entre as de Cascallá e Furco.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Nantón (Cabana de Bergantiños). Construída no s XVIII, ten unha nave rectangular cuberta cunha bóveda de canón e ábsida rectangular do s XVI cuberta cunha bóveda nervada. Destacan os seus retablos, un neoclásico e dous de estilo barroco-rococó compostelán. O seu campanario data do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cloruro de cobre, de fórmula CuCl que cristaliza no sistema cúbico. É incolora, gris ou amarela e ten unha dureza de 2’5 e un peso específico de 4’136.
-
VER O DETALLE DO TERMO
antonte.
-
CIDADES
Cidade de China meridional, situada no delta do Iang-Tsé (343.341 h [1990]). Ten industrias téxtiles e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hsien de Taiwán (4.106 km2; 545.756 h [estim 1999]). A capital é Nant’ou (84.038 h [estim 1999]).
-
CIDADES
Cidade do sheng de Henan, China, situada na beira do río Baihe (243.303 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático musical e director de coro. Foi director da Coral Universitaria de Madrid e presidente da Comisión de Arte Centro Gallego de Madrid. Autor da tradución de óperas ao galego, das que destacan La seva padrona, Bastián ed Bastiana, Il maestro di música e La represa, foi nomeado Socio de Honor de la Coral Mercedaria de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Foi prefecto das misións dominicanas en China (1664) e atacou as teorías rituais dos misioneiros xesuítas. Foi arcebispo de Santo Domingo (1682) e escribiu Tratados históricos, políticos, étnicos y religiosos (1676) e Controversias antiguas y modernas (1679).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como o Mudo, estudou en Italia e criouno Filipe II. Traballou no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial onde realizou Martirio de san Jaime (1571), Nacimiento de Cristo (1575) e Entierro de san Lorenzo (1579).
VER O DETALLE DO TERMO