"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Incisión cirúrxica na parede torácica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder revolucionario haitiano. Fou un escravo negro que en 1791 se uniu aos insurrectos de Buckman. Converteuse nun dos xefes da revolta e combateu os franceses (1793-1794). Comandante en xefe das forzas haitianas e gobernador xeral vitalicio semiindependente (1801), as necesidades sociais da economía azucreira de Haití fixeron fracasar o seu goberno revolucionario. En 1802 foi derrotado polo xeneral Charles Leclerc e deportado a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión cirúrxica do colo do útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica do colo uterino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade vascular das plantas que está producida por fungos fitopatóxenos que se desenvolven no interior dos vasos condutores e producen a súa necrose. Ao cortar transversalmente as plantas afectadas obsérvanse manchas escuras ao longo dos vasos. As máis importantes son as producidas polas especies Verticillium alboatrum e V. dahliae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica que se fai na traquea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en abrir a traquea, ben para extraer un corpo estraño, ben para facilitar a respiración cando hai un obstáculo na parte superior do aparato respiratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á traxicomedia.

    2. Que mestura elementos tráxicos e cómicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico que se obtén do Streptomyces antibioticus e se emprega como oleandomicina, aínda que se absorbe mellor e ten unha acción máis rápida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tricomicetes.

    2. Fungo da clase dos tricomicetes.

    3. Clase de fungos, da división dos amastigomicotas, que comprende formas moi especializadas que viven no intestino de artrópodos (dípteros, miriápodos ou crustáceos), onde se alimentan das substancias do contido intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza dos cabelos que está producida por un fungo parasito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División en tres partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á tricotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Procedemento que consiste na descomposición das cores en tres compoñentes de maneira que cada un deles corresponda a unha cor padrón fixada, denominada cor primaria.

    2. Impresión que se fai nas tres cores primarias por superposición da impresión de tres clixés obtidos por selección cromática coas tres tintas correspondentes ás tres cores primarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Trilateral Organismo creado en 1973 baixo o pulo do financeiro e político estadounidense David Rockefeller, que agrupou uns 300 financeiros, políticos e intelectuais de EE UU, Europa Occidental e Xapón. Pretende sensibilizar os gobernos e os dirixentes sobre a necesidade de manter unhas sociedades abertas, derrubar as barreiras entre os países do oeste e os do leste e os países subdesenvolvidos, e redefinir o crecemento mundial dentro dun marco de economía de libre empresa onde os recursos e o ecosistema sexan respectados. Os seus membros son directivos de grandes empresas multinacionais, de asociacións patronais, de bancos internacionais, líderes de sindicatos moderados, políticos de relevo e responsables de grandes diarios e medios de difusión, todos cunha grande influencia política e económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Polinomio que ten tres termos.

    2. Conxunto que está formado por tres elementos que actúan como unha unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade humana ou dos animais que está producida polos tripanosomas.

    2. Enfermidade que está causada polos protozoos Trypanosoma gambiense e T. rhodesiense e que se transmite pola picadura dunha mosca tse-tse infectada. Caracterízase pola aparición dun chancro de inoculación eritematosa, seguido de linfadenopatías xeneralizadas, esplenomegalia, paroxismos febrís importantes con erupción cutánea e, despois do primeiro ano, afectación do sistema nervioso central con tendencia progresiva ao sono profundo e irreversible. OBS: Tamén se denomina enfermidade do sono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía que se caracteriza pola presenza dun cromosoma supernumerario situado ao lado do par de cromosomas homólogos do mesmo tipo en todas as células somáticas. As máis importantes son a trisomía do cromosoma 13 ou síndrome de Patau, a do 18 ou síndrome de Edwards, ou a trisomía do cromosoma 21 ou síndrome de Dawn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao núcleo, á célula ou ao organismo que ten unha dotación xenética cun cromosoma que está por triplicado (con fórmula 2n+1).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en escindir un trombo venoso.

    VER O DETALLE DO TERMO