tripanosomíase

tripanosomíase

(< lat científicoTrypanosoma)

  1. s f [PAT]

    Enfermidade humana ou dos animais que está producida polos tripanosomas.

  2. tripanosomíase africana [PAT]

    Enfermidade que está causada polos protozoos Trypanosoma gambiense e T. rhodesiense e que se transmite pola picadura dunha mosca tse-tse infectada. Caracterízase pola aparición dun chancro de inoculación eritematosa, seguido de linfadenopatías xeneralizadas, esplenomegalia, paroxismos febrís importantes con erupción cutánea e, despois do primeiro ano, afectación do sistema nervioso central con tendencia progresiva ao sono profundo e irreversible. OBS: Tamén se denomina enfermidade do sono.

Palabras veciñas

tripada | tripallada | tripanosoma | tripanosomíase | tripar | tripartición | tripartito -ta