"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • Home elegante, rico, atractivo e sedutor, que leva unha vida fácil e mundana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e xeólogo escocés. Realizou investigacións mineralóxicas e propuxo unha moderna teoría da Terra, baseada na de James Hutton. Considerado un dos precursores da xeomorfoloxía, escribiu Elements of Geometry (1795) e Illustrations of the Huttonian Theory of the Earth (1802).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Barcelona en 1959 por Germán Plaza e José Janés. Especializada na edición de obras literarias e de divulgación en castelán, a partir de 1984 integrouse no grupo Printer Industria Gráfica, relacionado co consorcio editorial Bertelsmann. En 1992 creou a Editorial Paradigma e en 1996 adquiriu a Editorial Lumen. Co tempo integrouse no grupo Random House Mondadori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Subcampión europeo en Split (1990), proclamouse campión olímpico en 20 km marcha nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Foi medalla de bronce no Mundial de Stuttgart (1993) e obtivo a segunda posición na Copa de Europa da Coruña (1996). En 1999 proclamouse campión de España de marcha en ruta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de teatro. Estudou interpretación e dirección de escena con William Layton e Miguel Narros, e posteriormente en Nova York con Stella Adler e Sandford Meinsner. Debutou como director en 1965 en El proceso de la sombra de un burro, de F. Dürrenmatt, obra pola que a compañía recibiu o Premio Nacional de Teatro (1966). Fundador do Teatro Experimental Independiente (T.E.I.) (1965 e 1977) e, con W. Layton e M. Narros, do Teatro Estable Castellano (T.E.C.) (1977 e 1988), foi director do Centro Dramático Nacional (1989-1994). Dirixiu máis de 50 montaxes teatrais, das que destacan Cándido, de Voltaire; La casa de Bernarda Alba, de Lorca, e Divinas palabras, de Valle-Inclán. Recibiu o Premio Nacional de Teatro (1967, 1970 e 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Foi, xunto con Xosé Pasín Romero, un dos alicerces da Sociedad de Carpinteros de Santiago (1894). De ideario anarquista, emigrou a Vigo a principios do s XX, onde foi un dos organizadores do Centro de Sociedades Obreras de Vigo. En 1910 asistiu ao congreso fundacional da CNT en Barcelona como delegado de tres sociedades de resistencia viguesas e participou no mitin final en representación do obreirismo galaico. Colaborador de La Voz del Obrero, en marzo de 1911 cofundou a Confederación Regional Solidaridad Obrera, e no verán dese ano emigrou a Lisboa, onde exerceu como director dun periódico anarquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da poesía occitana medieval caracterizado pola enumeración, por parte do autor, de cousas que lle pracen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do pobo que, na antiga Roma, non gozaba de todos os dereitos de cidadanía reservados aos patricios. A historia da Roma republicana é a historia da loita constante da plebe por acadar os mesmos dereitos de cidadanía ca os patricios. Foron obtendo a modificación das leis que lles eran contrarias: abolición do poder de interpretación do dereito consuetudinario por parte dos maxistrados patricios (lei das Doce Táboas), derrogación da prohibición de connubium entre patricios e plebeos (lei Canuleia, 450 a C) ou apertura das maxistraturas (leis Licinias-Sextias, 367 a C).

    2. Clase social a excepción dos nobres, eclesiásticos e militares.

    3. Clase social da máis baixa categoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de plebeo.

    2. Maneiras de plebeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á plebe.

      2. Que ou quen pertence á clase social da plebe.

    1. Que é mesquiño, ordinario e vulgar.

    2. Persoa que na antiga Roma pertencía á plebe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sometar algo a plebiscito.

    2. Elixir con gran maioría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao plebiscito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consulta directa ao pobo dun estado ou territorio con personalidade política, para obter a ratificación dunha medida ou sobre a xestión dunha persoa. Comezouse a usar na Revolución Francesa e con posterioridade empregouse por parte dos réximes totalitarios. Diferénciase do referendo en que a consulta non se refire ao texto articulado dunha norma xurídica ou á súa aprobación, senón en relación coa adopción de decisións fundamentais sobre a estrutura ou forma do estado.

    2. otación da poboación dun territorio para a modificación de fronteiras interiores ou exteriores dun estado, ou o cambio de soberanía deste. Foi utilizado para legalizar anexións e para exercitar a autodeterminación nacional.

    3. Decisión de carácter lexislativo adoptada pola asemblea plebea romana, a proposición dun maxistrado plebeo e que, inicialmente só era obrigatoria para eles, aínda que cara á fin da República se fixo obrigatoria para todos os habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos plecópteros.

    2. Insecto da orde dos plecópteros.

    3. Orde de insectos, que inclúe especies de pequeno tamaño (2 a 3 cm) con tegumentos brandos. De réxime fitófago, encóntranse entre as pedras, nas herbas ou debaixo de cortizas, pero sempre preto da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de quirópteros, da familia dos vespertiliónidos, que se caracteriza por presentar orellas de gran tamaño e ás curtas e anchas. A este xénero pertence o morcego orelludo meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dobrado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falso tecido formado por hifas ou filamentos de células entrelazadas ou unidas por unha masa xelatinosa. Está presente en certas rodofíceas e nos esporocarpos dos fungos superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao plecténquima.

    VER O DETALLE DO TERMO