"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
-
Relativo ou pertencente a Göteborg ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Göteborg.
-
-
PERSOEIRO
Poeta en lingua alemana. É autor do poema inacabado Tristan und Isolde (1210?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Insurrección da gornición militar do Real Sitio de La Granja de San Ildefonso na noite do 12 de agosto de 1836 co obxectivo de restituír a Constitución de Cádiz. Ante os acontecementos a rexente, María Cristina de Borbón, asinou o decreto que reinstauraba a Constitución de 1812, destituíu o primeiro ministro, F. J. de Istúriz, e convocou novas Cortes Constituíntes, que proclamaron en 1837 un novo texto constitucional.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Profesor de composición na facultade de arquitectura de Milán. Colaborou no desenvolvemento do plan especial de Santiago de Compostela. Foi autor do colexio Raíña Fabiola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático inglés. Foi profesor no Caius College de Cambridge. Investigou en diversos campos da física matemática, como a óptica, a mecánica dos fluídos e a teoría do potencial. É autor do teorema que leva o seu nome e que serviu de base a numerosos traballos sobre as funcións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e lingüista. Doutorouse en Antropoloxía (1940) na Northwestern University (Evanston, Illinois). Foi profesor na University of Minnesota e, en 1962, trasladouse á Stanford University, onde permaneceu ata o seu retiro (1985). Ademais de estudar os universais, investigou as distintas familias lingüísticas. Na súa obra The Languages of Africa (1963) -publicara unha primeira versión co título Classification of African Languages (1955)-, clasificou todas as linguas de África en catro familias: níxer-congo, nilosahariana, afroasiática e khoisan. Tamén estudiou a clasificación xenética das linguas de Nova Guinea e de América do Sur. Para a primeira distinguiu dúas familias: a austronesia e a indopacífica; e para a segunda concluíu que existía unha estreita relación entre as linguas de América do Sur e as de América do Norte, e que as linguas indíxenas de América pertencían a tres familias: esquimó-aleutiana, na-dené e amerindia. A partir da década de 1990 investigou as linguas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
č (Moscova 1795 - Teherán 1829) Escritor e diplomático. Da súa produción destaca Gore ot uma (A desgraza de ser intelixente, 1824), onde o heroe ve a vida moscovita a través do prisma renovador das súa experiencias no estranxeiro.
-
PERSOEIRO
Filólogo irlandés. Publicou varios traballos sobre a literatura do norte de India. Realizou a primeira bio-bibliografía da literatura das linguas indoiranias, cun traballo xeral da súa distribución e afinidades lingüísticas. A partir de 1898 residiu e traballou en Camberley, onde traballou no Linguistic Survey of India (1898-1928), que ofrece información sobre unhas 350 linguas e dialectos de India. Tamén destacan as súas obras Bihar Peasant Life (1885), Seven Grammars of the Dialects and the Subdialects of the Bihárí Language (1883-1887) e A Ditionary of the Kāsmīrī Language [...] (1916-1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Distinguiuse na loita contra os alemáns durante a Segunda Guerra Mundial (1940-1945) e contra os guerrilleiros comunistas (1946-1949). En 1954 pasou a Chipre e dirixiu a loita contra os británicos como xefe da EOKA. Opúxose á independencia da illa (1960) e ao goberno de Makarios, e reivindicou a unión con Grecia. Durante a guerra civil de 1964 dirixiu as forzas grecochipriotas, pero foi expulsado da illa. Volveu en 1971 e continuou dirixindo na clandestinidade grupos nacionalistas chipriotas progregos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, pedagogo e crítico da arte. Discípulo de P. Behrens, realizou con Adolf Meyer os talleres Fagus en Alfeld an der Leine (1911) e un pavillón industrial na exposición do Deutsches Werkbund de Colonia (1914), considerada a derradeira obra do período de exploración da arquitectura moderna. Chamado para dirixir a Sächsische Hochschule für bildende Kunst e na Sächsische Kunstgewerbeschule, refundounas e creou a Bauhaus en Weimar (1919), que dirixiu ata 1928. Co lema “arte e técnica: unha nova unidade”, formulou en termos modernos a loita entre as vantaxes cualitativas da artesanía e as cuantitativas da industria, xunto coa estandarización. En 1934, coa chegada dos nacionalsocialistas ao poder, trasladouse a Reino Unido, onde traballou con E. Maxwell Fry, e en 1937 a EE UU. Exerceu de profesor na Graduate School of Design de Harvard, onde dirixiu a sección de arquitectura. En 1949 creou The Architects Collaborative, que actuou de modelo nos medios arquitectónicos norteamericanos. Como...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán naturalizado norteamericano. Estudiou en Dresden e Berlín e fixo debuxo humorístico para os xornais. Despois dunha estancia en París, participou no dadaísmo e no futurismo. Creou unha obra dun expresionismo cruel sobre escenas da vida contemporánea, entre as que destacan, A vida dun socialista (1920), Ecce homo (1923) e Milagre dun burgués (1925). Fuxiu do nazismo e trasladouse a EE UU en 1933, onde realizou paisaxes e bodegóns románticos e visións apocalípticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar carlista. Sumouse ao carlismo en 1833 e en 1835 converteuse no xeneral ao mando da expedición de Catalunya, que tiña por obxectivo provocar un levantamento xeral. Foi nomeado en 1838 xeneral en xefe do exército do N.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Directora coral. Estudiou no Conservatorio Superior de Música de Madrid e exerceu a docencia. Fundadora e directora do coro de cámara Ars Musicae (1977), dirixiu tamén o Coro Universitario de Santiago de Compostela e a Coral Polifónica do Liceo Marítimo de Vilagarcía, e foi vicepresidenta da Federación Coral Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Filosofía e Letras, foi catedrático nas universidades de Murcia e Sevilla, e lector na Sorbonne e en Oxford. En 1938 exiliouse a EE UU, onde foi profesor no Wellesley College, e regresou a España en 1977. Colaborou nas revistas La Pluma, Verso y Prosa e Revista de Occidente. Pertencente á Xeración do 27, o seu ideal poético consistía en conseguir unha poesía pura, despoxándoa de todo o anecdótico ou subxectivo, a través da elaboración intelectual. Publicou Cántico (1928 e as sucesivas edicións en 1936, 1945 e 1950), Clamor-Tiempo de historia, que inclúe Maremágnum (1957), Que van a dar en la mar (1960) e A la altura de las circunstancias (1962), Huerto de Melibea (1954), Del amanecer y el despertar (1956), Viviendo y otros poemas (1958), Historia natural (1960), Lenguaje y poesía (1962), Homenaje (1967), Aire nuestro (1968), En torno a Gabriel Miró: breve epistolario (1973), Y otros poemas (1973) e Final (1981). Recibiu o...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Karnātaka, India, ao O de Hyderābād (303.139 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor persa. Publicou Wis u-Ramin (1048), primeira epopea cabaleiresca en lingua persa, que constituíu a primeira unión entre o mundo antigo iraniano e o islámico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Globo de aire ou doutro gas que se forma no interior dun líquido ou fluído e que sae á superficie.
-
VER O DETALLE DO TERMO
burbullar.
-
-
Denominación de varios insectos coleópteros, da familia dos curculiónidos, que se caracterizan por presentar unha cabeza que remata en pico onde se atopa a boca. Son moi daniños porque atacan os grans de cereais e legumes.
-
Insecto coleóptero que ataca a semente do trigo.
-