Guillén, Jorge

Guillén, Jorge

Poeta. Licenciado en Filosofía e Letras, foi catedrático nas universidades de Murcia e Sevilla, e lector na Sorbonne e en Oxford. En 1938 exiliouse a EE UU, onde foi profesor no Wellesley College, e regresou a España en 1977. Colaborou nas revistas La Pluma, Verso y Prosa e Revista de Occidente. Pertencente á Xeración do 27, o seu ideal poético consistía en conseguir unha poesía pura, despoxándoa de todo o anecdótico ou subxectivo, a través da elaboración intelectual. Publicou Cántico (1928 e as sucesivas edicións en 1936, 1945 e 1950), Clamor-Tiempo de historia, que inclúe Maremágnum (1957), Que van a dar en la mar (1960) e A la altura de las circunstancias (1962), Huerto de Melibea (1954), Del amanecer y el despertar (1956), Viviendo y otros poemas (1958), Historia natural (1960), Lenguaje y poesía (1962), Homenaje (1967), Aire nuestro (1968), En torno a Gabriel Miró: breve epistolario (1973), Y otros poemas (1973) e Final (1981). Recibiu o Premio Cervantes (1976) e foi membro da Real Academia Española (1978).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Valladolid

  • Deceso

    Lugar : Málaga