"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Debutou na gran pantalla en 1979 no filme Ópera prima, de Fernando Trueba. Intérprete moi prolífico na televisión e no cine, da súa filmografía destacan La vida alegre (1987), Amor propio (1994), La buena estrella (1997, Premio Goya 1998), El oro de Moscú (2003) e Otros dìas vendrán (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de resolver ou resolverse.

    2. resoluto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non vacila ao tomar resolucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que resolve ou serve para resolver.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que mostra respecto por alguén ou por algo.

    2. Sentimento ou actitude de consideración cara a alguén ou algo.

    3. Acatamento dunha lei, norma ou regra.

    4. Actitude de prevención ou cautela ante algo que se considera perigoso ou descoñecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentimento ou actitude de consideración cara a alguén ou algo.

    2. Acatamento dunha lei, norma ou regra.

    3. Actitude de prevención ou cautela ante algo que se considera perigoso ou descoñecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á respiración.

    2. Que intervén na respiración.

    3. Conxunto de estruturas que lles permiten aos animais a captación de osíxeno e a expulsión de dióxido de carbono producido na respiración interna. Nos organismos unicelulares, nos pluricelulares de tamaño pequeno e noutros organismos que, sendo máis grandes non opón resistencia á pasaxe do osíxeno (como os poríferos, os celenterados e algúns platihelmintos), dáse un proceso de libre difusión do osíxeno polo corpo, que chega ao interior de todas as células. Dado que todas as células dependen funcionalmente do fornecemento de osíxeno, nos organismos recubertos de epiderme impermeables ou queratinizados desenvolveuse un sistema circulatorio que lles garante a provisión de osíxeno e a recollida de dióxido de carbono que teñen que eliminar como resultado da respiración interna. A maneira de realizar este intercambio no sangue determina os diversos tipos de aparato respiratorio. O máis elemental é o aparato respiratorio cutáneo, no que se produce a difusión libre do osíxeno; é propio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • restablecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de restablecer ou restablecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Reflectiu as súas experiencias en 250 volumes, entre outros, La fille naturelle (1769), Le paysan perverti (1775), La vie de mon père (1779), Les contemporaines (en 42 volumes, 1780-1785), Nuits de Paris (1783) e as memorias amorosas Monsieur Nicolas (1794-1797).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edito promulgado polo Emperador Fernando II tras a Paz de Lübeck en 1629, durante a Guerra dos Trinta Anos. Determinaba a devolución das dioceses e mosteiros que dependían da Casa de Austria e que polo Tratado de Passau (1552) pasaran a mans luteranas, como tamén a paridade de protestantes e católicos en canto ao establecemento da Reforma. Fixérono posible as vitorias de J. T’ Serclaes de Tilly e A. von Wallenstein e significaba o retorno a Paz de Augsburgo (1555).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Tras a morte de Xesús Cristo, foi facer apostolado a Provenza con Lázaro e as súas irmás Marta e Madalena. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Bispo de Cartago, santo Agostiño falou del como predecesor seu naquela sé. A súa festividade celébrase o 9 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo cristián-romano que provén do latín restitutus ‘restituído’, aludindo á graza outorgada polos sacramentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica, dispón ou executa unha restitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que queda dunha cousa, da cal se quita algo.

    2. Parte ou partes que queda de algo e que é considerado de menor valor. EX: Remata a cea e o resto tírao ao lixo. OBS: Adoita empregarse en plural.

    3. Cadáver ou aquilo que queda do corpo despois da morte. OBS: adoita empregarse a construción restos mortais.

      1. Resultado dunha subtracción.

      2. Resultado, nunha división, de restar do dividendo o produto do divisor polo cociente enteiro.

    4. Solución a da congruencia X n (a (módulo m)

    5. Teorema relacionado coa divisibilidade de polinomios que establece que o residuo da división dun polinomio P(x) por un binomio x-a é igual ao número P(a).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores franceses activos nos ss XVII e XVIII. Marc Antoine Restout (Caen 1616-1684) estableceuse en Rouen, onde realizou cadros de altar como na igrexa de Hermanville. O seu neto Jean Restout (Rouen 1692-París 1768) formouse con Jean Baptiste Jouvenet e pintou Mort de sainte Scholastique. O seu fillo Jean Bernard Restout (París 1732-1797) cultivou o retrato e os temas de historia. Das súas obras destacan Portrait de Jean Restout e Adieux d’Hector à Andromaque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • rexurdimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexo forte dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula que procede dun eritroblasto que non posúe núcleo e que dá lugar, dentro do proceso de eritropoese, a un eritrocito.

    VER O DETALLE DO TERMO