respiratorio -ria

respiratorio -ria

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á respiración.

  2. adx

    Que intervén na respiración.

  3. aparato respiratorio [FISIOL/ZOOL]

    Conxunto de estruturas que lles permiten aos animais a captación de osíxeno e a expulsión de dióxido de carbono producido na respiración interna. Nos organismos unicelulares, nos pluricelulares de tamaño pequeno e noutros organismos que, sendo máis grandes non opón resistencia á pasaxe do osíxeno (como os poríferos, os celenterados e algúns platihelmintos), dáse un proceso de libre difusión do osíxeno polo corpo, que chega ao interior de todas as células. Dado que todas as células dependen funcionalmente do fornecemento de osíxeno, nos organismos recubertos de epiderme impermeables ou queratinizados desenvolveuse un sistema circulatorio que lles garante a provisión de osíxeno e a recollida de dióxido de carbono que teñen que eliminar como resultado da respiración interna. A maneira de realizar este intercambio no sangue determina os diversos tipos de aparato respiratorio. O máis elemental é o aparato respiratorio cutáneo, no que se produce a difusión libre do osíxeno; é propio de organismos cunha subepiderme moi vascularizada e nos que a pel está en contacto cun medio líquido ou moi húmido. É común en moitos anélidos e nalgunhas larvas acuáticas de insectos, pequenos crustáceos, anfibios e peixes. O funcionamento do aparato respiratorio branquial consiste no intercambio de gases no medio acuático en extensións cutáneas moi vascularizadas (branquia). No aparato respiratorio pulmonar, a respiración ten lugar por medio de sacos aeríferos de parede vascularizada (pulmón); é unha adaptación á vida aérea que protexe o epitelio da desecación pero necesita movementos respiratorios para renovar o aire. A respiración por aparato respiratorio traqueal ten lugar por medio dunhas invaxinacións tegumentarias que desembocan no exterior por pares (estigmas) e se ramifican polo interior do corpo minguando gradualmente o diámetro (traquea) ata chegar a 1ì nas células traqueolares, e é nas súas ramificacións intracelulares onde ten lugar o intercambio. Nos insectos pequenos, o osíxeno chega por difusión a partir das traqueolas, pero os de maior tamaño ou de metabolismo máis esixente requiren tamén de movementos respiratorios.

Palabras veciñas

respiradoiro | respirador -ra | respirar | respiratorio -ria | respiro | respirómetro | resplandecente