"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Activo en Boloña, realizou entre outras obras a reordenación da igrexa de San Domenico, a escalinata do Palazzo Davia Bargelli, o Palazzo Aguchi e o santuario da Madona di San Lucca (1723-1727), de planta elíptica e cun pórtico en forma de tenaces.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía aeronáutica estadounidense creada en 1920 por Donald Wills Douglas, É coñecida non só polos seus avións militares, senón tamén polos avións de transporte de pasaxeiros, designados coas iniciais DC (Douglas Comercial). A produción comezou en 1933 co DC-1 por encargo da TWA, da que o modelo máis famoso foi o DC-3 (1935), coñecido como Dakota. A partir de 1957, coincidindo co lanzamento do Sputnik por parte da Unión Soviética, a Douglas Aircarft Co Missiles and Space Division desenvolveu unha serie de lanzadores Delta para poñer en órbita numerosos satélites. En 1967 a compañía foi absorbida pola McDonnell Company e creouse a McDonnell-Douglas Corporation.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo norteamericano. O seu interese pola arqueoloxía e as actividades subacuáticas levárono ao descubrimento da fotografía submarina. En 1938 emprendeu unha expedición a Chile e Perú onde exerceu como correspondente, fotógrafo e historiador da arte. Entre 1945 e 1956 foi reporteiro gráfico da revista Life en Corea, Indochina e Palestina. No período 1956-1959 realizou unha ampla reportaxe a cor sobre Moscova. A súa obra amósase no Los Angeles County Museum of Art, no Metropolitan Museum of Art, no Museum of Modern Art de Nova York e no Nelson-Atkins Museum of Art de Kansas City. Publicou: This is War (Isto é guerra, 1951), The Private World of Pablo Picasso (O mundo privado de Pablo Picasso, 1958) e The Kreml (O Kremlin, 1960), Self-Portrait U.S.A. (Autorretrato dos EE UU, 1969) e War Without Heroes (Guerra sen heroes, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Conservative Party, entrou a formar parte do Parlamento en 1931. Foi secretario de Neville Chamberlain (1937-1939), ministro para Escocia (1951-1955), ministro de Relacións coa Commonwealth (1955-1960) e de Asuntos Exteriores (1960-1963). Sucedeu a Harold McMillan como primeiro ministro (1963-1964) e asumiu a presidencia do Conservative Party (1963-1965). Entre 1970 e 1974 ocupou de novo a carteira de Asuntos Exteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Coñecido como Paul Doumer, foi deputado polo departamento de Yonne (1889) e accedeu ao ministerio de Finanzas no goberno de Léon Bourgeois (1895). Nomeado gobernador xeral de Indochina (1897-1902), no seu mandato estableceu a estrutura administrativa da colonia e obrigou a poboación local ao pago de impostos. Reincorporouse á política activa como deputado dende 1902 e accedeu ao Senado en representación de Córsega (1912). Ministro de Finanzas nos gabinetes de Aristide Briand (1921-1922; 1925-1926), foi presidente do Senado (1927-1931). O 6 de maio de 1931 foi designado presidente da República. Morreu asasinado polo anarquista ruso Pavel Gorgulov.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Con total liberdade e soltura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que está próxima a acadar o grao de doutor ou que estudia para iso.
-
PERSOEIRO
Escultor alemán. Esculpiu, en estilo gótico florido, o altar das Dores de María na igrexa de San Nicolao de Kalkar (1522) e o altar de María de Xanten (1535-1536).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Accademia di Brera. Pertencente ao spazialismo, a súa pintura adoptou un carácter fantástico e surrealista con elementos abstractos. Asinou, entre outros, o manifesto Oltre Guernica (1946). En 1952 realizou unha exposición na Galeria del Milione que, xunto a outras de Baj, Dangeko e Bertini, inauguraron a arte nuclear.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Traballou en talleres de cantería en Lugo e Madrid. Restaurou monumentos do cemiterio de Millerada, entre outros, unha imaxe do Corazón de María enmarcada por columnas salomónicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director e guionista cinematográfico. Trala Revolución de 1917 foi comisario de Belas Artes e diplomático en Varsovia, Múnic e Berlín. Dedicouse á pintura ata que en 1926 deu os seus primeiros pasos cinematográficos. Comezou facendo pequenos documentais e guións nos estudios Vukfu de Odessa. Ao final da súa carreira, despois da Segunda Guerra Mundial, tivo problemas políticos debido aos seus guións cinematográficos. Das súas producións destacan: Sumka dipkuriera (A valixa do correo diplomático, 1927), Zvenigora (A montaña do tesouro, 1928), Arsenal (1929), Zmelia (A terra, 1930), Ivan (1932), Aerograd (1935), Osvobož denie (Liberación, 1940), Pobeda na pravoberez noj Ukranie (Victoria en Ucraína, 1945) ou Mičurin (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa norteamericana de produtos químicos situada en Midland, Michigan. Fundada por H. H. Dow, está especializada en carboquímica e petroleoquímica, e ocupa un dos primeiros postos mundiais no seu campo. En España actúa a través da súa filial Doe Chemical Ibérica.
-
PERSOEIRO
Instrumentista e compositor. Bacharel en música por Oxford (1588), acadou gran celebridade en Europa e viaxou por Italia e Alemaña. Regresou a Londres en 1597, posteriormente foi laudista na corte dinamarquesa e en 1612 da corte inglesa. Cantante virtuoso, as súas composicións son dunha grande intensidade emocional. Da súa produción destacan os ayres con acompañamento de laúde, publicados en catro libros (1597, 1600, 1603 e 1612) e Lachrymae (1604), colección de pezas de entoación triste e intimista para violas e laúdes na que inclúe a titulada Semper Dowland semper dolens.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico da arquitectura e da xardinería. Especializouse no estudo das casas de campo e da xardinería. Creou a revista The horticulturist dende a que promoveu a agricultura científica. Planificou, entre outros, os xardíns para o Capitolio e a Casa Branca. Foi autor, entre outras obras, de Treatise on the Theory and Practice of Landscape Gardening, Adapted to North America (Tratado sobre a teoría e a práctica da xardinería paisaxista, adaptado a Norteamérica, 1841), Cottage residences (Casas de campo, 1842) con A. J. Davis e The architecture of country houses (A arquitectura das casas de campo, 1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Formouse con B. West en Londres e dende 1769 na Royal Academy, da que foi elixido membro en 1795. Realizou retratos nos que empregou lapis e carbóns coloreados con acuarela. Entre outras obras destacan Benjamin West (1777) e The 3rd marquess of Hertford as boy (O terceiro marqués de Hertford neno, 1781).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gabeadoras, da familia das bignoniáceas, de follas compostas con dous folíolos e tres gabiáns, con flores hermafroditas con forma de funil de cor amarela. Os froitos son carnosos e as sementes aladas. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].
-
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista grego. Licenciouse como arquitecto e enxeñeiro na Universidade Técnica de Atenas (1935) e doutorouse na Universidade de Charlottenburg, Berlín (1937). Regresou a Grecia e traballou nos planos de reconstrución e desenvolvemento urbanístico do Town Planning. En 1951 fundou a Doxiadis Associated, sociedade dedicada á planificación urbanística de cidades en todo o mundo, entre outras Islamabad e Bagdad. Foi ministro de Desenvolvemento en Bulgaria (1945-1948) e construíu 3.000 novas poboacións de 200.000 habitantes. A súa actividade teórica estaba encaminada ao estudo das instalacións humanas, con métodos científicos que denominou Ekistica. A súa sociedade traballou en España co nome de Dioxiadis Ibérica. Realizáronse programas urbanísticos, entre outros lugares, en Pontevedra, A Guarda e Tui.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e médico escocés. Descendente dunha familia católica irlandesa, estudiou medicina en Edimburgo. Creou a figura de Sherlock Holmes, que se converteu nun heroe de ficción dunha das series máis coñecidas do xénero policial e protagonista de The Adventures of Sherlock Holmes (As aventuras de Sherlock Holmes, 1892) e Memoirs of Sherlock Holmes (Memorias de Sherlock Holmes, 1904). Dentro do mesmo estilo, creou o profesor Challenge en The Lost World (O mundo perdido, 1912) e The Poison Belt (O cinto envelenado, 1913). Tamén escribiu novelas de carácter histórico, como Micah Clarke (1889), The White Company (A empresa branca, 1890) e Sir Nigel (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Mariña Dozo de Cambados.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Dozón. Durante a Idade Media vinculouse ao cercano mosteiro de San Pedro de Vilanova. De estilo gótico, construíuse a finais do s XIII ou principios do XIV. Da obra medieval consérvase a portada occidental e os catro primeiros metros da nave dende os pés. A portada principal é abucinada e presenta dous arcos apuntados moldurados que descansan sobre dous pares de columnas con capiteis lisos e bases áticas. O tímpano non se conserva. Nos muros laterais hai dúas ventás abucinadas cara ao interior, unha por cada lado, e varios canzorros de proa cóncavos que sosteñen un beiril adornado con pequenas follas rematadas en pomas. No resto da construción predominan os elementos barrocos.
VER O DETALLE DO TERMO