Douglas Duncan, David
Fotógrafo norteamericano. O seu interese pola arqueoloxía e as actividades subacuáticas levárono ao descubrimento da fotografía submarina. En 1938 emprendeu unha expedición a Chile e Perú onde exerceu como correspondente, fotógrafo e historiador da arte. Entre 1945 e 1956 foi reporteiro gráfico da revista Life en Corea, Indochina e Palestina. No período 1956-1959 realizou unha ampla reportaxe a cor sobre Moscova. A súa obra amósase no Los Angeles County Museum of Art, no Metropolitan Museum of Art, no Museum of Modern Art de Nova York e no Nelson-Atkins Museum of Art de Kansas City. Publicou: This is War (Isto é guerra, 1951), The Private World of Pablo Picasso (O mundo privado de Pablo Picasso, 1958) e The Kreml (O Kremlin, 1960), Self-Portrait U.S.A. (Autorretrato dos EE UU, 1969) e War Without Heroes (Guerra sen heroes, 1971).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kansas City