"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Foi profesor en Erfurt (1514), ata que foi expulsado (1521) pola súa adhesión ao luteranismo. Traballou nunha Biblia políglota en hebreo, arameo, grego, latín e alemán, da que publicou o Antigo Testamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. O seu libro Digte (Poemas, 1872) representou unha renovación revolucionaria na literatura danesa. Publicou Lars Kruse (1879), Doempede melodier (Melodías mudas, 1875), Sange ved Havet (Cantos do mar, 1877) e Venezia (Venecia, 1877). Tamén escribiu contos, teatro, libros de viaxes e unha novela autobiográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Dracón ou ás leis promulgadas por el.
-
Aplicase á lei ou medida que se caracteriza por unha severidade ou rigorosidade excesiva.
-
-
-
Cada unha das dúas pezas que están situadas sobre a popa e que serven de base para toda a construción do espello dun barco de madeira.
-
Táboa grosa, recta e de superficies planas, que, pola parte do medio, se axusta coa roda de popa e que polos extremos vai unida con porlóns ao dragante.
-
Táboa grosa e curvada unida con porlóns polos seus extremos ao dragante dereito e que lle dá forma á popa do barco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura que representa unha cabeza de dragón, ou de león, coa boca aberta tragando ou trabando outra figura, xeralmente unha banda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intérprete de linguas entre os europeos e os pobos do Próximo Oriente, especialmente en misións diplomáticas ou comerciais e nas cortes reais.
-
PERSOEIRO
Historiador e político ucraíno. Profesor da Universidade de Kiev, foi destituído en 1876 pola súa defensa do nacionalismo ucraíno. Estableceuse en Xénova (1876-1889), onde editou Gromada, primeira revista nacional ucraína, de tendencia socialista. En 1889 concedéronlle unha cátedra na Universidade de Sofia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Bicicleta inventada en 1816 por K. F. Drais von Sauerbronn. Por vez primeira, a roda da dirección era a anterior, que se impulsaba por medio dos pés do condutor contra a terra.
-
ehículo lixeiro automotor para o transporte do persoal encargado da conservación da vía do ferrocarril. Pode tamén transportar materiais no mesmo vehículo ou en vagóns remolcados.
-
-
PERSOEIRO
Mariño inglés. En 1567 participou nunha viaxe de tráfico de escravos ao golfo de México, na escuadra que capitaneaba sir John Hawkins. Realizou dúas viaxes ás Indias Occidentais (1570 e 1571), nas que continuou co negocio de escravos e recoñeceu o territorio. Dirixiu unha expedición de saqueo contra os portos españois do Caribe (1572) na que conquistou Nombre de Dios e destruíu a cidade de Portobelo. Por orde da Raíña Isabel I de Inglaterra, en 1577 iniciou a circunnavegación na que capturou diversos barcos españois, saqueou Valparaíso e tomou posesión das terras ao N da baía de San Francisco. Chegou a Inglaterra en setembro do 1580 e a raíña recompensouno co título de sir. Foi alcalde de Plymouth e en 1584 elixírono membro do Parlamento. En 1585 presentouse nas costas galegas á fronte de 21 barcos, diversas embarcacións menores e ao redor de 2.000 soldados, que fondearon nas illas Cíes. Continuou a viaxe polo Océano Atlántico, atacou Santo Domingo e Cartagena de Indias e fundou...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento do Seine-Saint-Denis, île-de-France, Francia, situada ao NL da área urbana de París. É un importante núcleo industrial, no que destacan a construción de avións, as destilerías e as artes gráficas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movementos de expansión cara ao L levados a cabo polos pobos alemáns entre os ss XI e XIV. Tivo a súa orixe na recuperación da agricultura, baseada na rotación trienal, que se produciu nas rexións do N de Francia e que se estendeu polo Imperio Xermánico, onde se acometeu o desmonte e a cavadura de novos territorios, e no desecamento dos pantanos, que permitiu un incremento no cultivo de cereais. O Emperador Lotario (1125-1137) favoreceu esta expansión coa instalación nos territorios do L dun conxunto de señores feudais que se ocuparon da colonización: ao redor do 1110 estableceuse a familia Schauenburg no condado de Holstein; no 1123, os Wettin instaláronse na marca de Meissen e dende 1136 na marca de Lusacia; e no 1134, os ascanios asentáronse na marca do N. Xunto a este grupo de nobres xermanos, os príncipes eslavos da Pomerania, Polonia, Silesia, Bohemia, Moravia e Mecklenburgo, entre outras cidades, favoreceron o establecemento dos campesiños alemáns nas áreas que estaban baixo o seu...
-
PERSOEIRO
Nacionalista croata. Fundou a Sociedade de Lectura Ilírica, foco principal do movemento nacionalista. Publicou a obra Disertacija (Disertacións, 1832), na que defendía a unión dos pobos iliros fronte a Hungría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de edificios dedicados á construción de barcos situado ao pé de Montjuïc. É o estaleiro máis grande e máis completo, de tipo medieval, que se conserva no mundo e unha boa mostra da arquitectura gótica civil catalana. A súa construción iniciouna posiblemente Xaime I, pero o pulo decisivo deullo Pedro IV coa colaboración da cidade e da Generalitat de Catalunya.
-
PERSOEIRO
Escritor checo. Membro do Partido Comunista, dende 1949 ata 1956 foi secretario da unión de escritores checoslovacos. Das súas obras, adscritas ao realismo socialista, destacan Městečko na dlani (Unha pequena cidade nunha palma da man, 1940), Putování Petra Sed milháře (Viaxes de Pedro Setementiras, 1943) e Němá barikáda (A barricada muda, 1946). É, ademais, autor de contos, comedias satíricas e crítica literaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da clase dos agnatos, de ata 30 cm de lonxitude. Presentan o corpo aplanado, a cola estreita e a boca virada cara a arriba. Propios de principios do Devónico, os xacementos máis importantes están en Alemaña.
-
-
Relativo ou pertencente aos drepanídinos.
-
Ave da familia dos drepanídinos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, emparentada coa familia dos frinxílidos, que comprende unhas 30 especies endémicas das illas Hawaii. Presentan distintas formas de peteiros en función da súa alimentación e, deste xeito, as especies especializadas na alimentación con néctar teñen picos extremadamente longos e curvos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de inflorescencia cimosa con sucesivas pólas só nun lado; normalmente, aparece esmagada nun plano e curvada cara a un lado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito en forma de fouce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anemia hemolítica crónica, peculiar da poboación negra, caracterizada pola presenza de numerosos drepanocitos que conteñen unha hemoglobina anormal.
-
PERSOEIRO
Astrónomo. Foi director do observatorio de Armagh, en Irlanda (1882-1916), e presidente da Royal Astronomical Society (1923-1926). En 1886 elaborou o segundo catálogo de Armagh, onde clasificou 3.300 estrelas, e en 1888 o New General Catalogue of Nebulae and Clusters of Stars, que completou ata localizar case 13.000 galaxias e cúmulos estelares.
VER O DETALLE DO TERMO