"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • FILOSOFOS

    Filósofo e biólogo alemán. Defendeu a existencia dun principio vital diferente da simple organización da materia e susceptible de explicar o mundo e a súa evolución. Entre as súas obras destacan Geschichte des Vitalismus (Historia do vitalismo, 1905), Philosophie des Organischen (Filosofía do orgánico, 1909), Leib und Seele (Corpo e alma, 1916) e Parapsychologie (Parapsicoloxía, 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político esloveno. Doutor en Economía pola Universidade de Maribor (1986), foi deputado na Asemblea da República Socialista de Eslovenia (1986) e delegado na Cámara das Repúblicas. Membro da Liga dos Comunistas Eslovenos (ZKS), en 1989 presentouse como independente ás eleccións para representantes na presidencia colectiva de Iugoslavia. Presidente colectivo de Iugoslavia (1989-1990), durante o seu mandato presidiu o IX Cumio do Movemento de Países non Aliñados (Belgrado, 1990). Dende 1990 dedicouse á política en Eslovenia. En 1991 ingresou no Liberalna Demokracija Slovenije (LDS). O 14 de maio de 1992 substituíu no cargo de primeiro ministro a L. Peterle, posto para o que foi elixido tralos comicios do 6 de decembro de 1992 e que renovou nas eleccións do 10 de novembro de 1996. O 8 de abril de 2000 perdeu a confianza parlamentaria, pero tralos comicios do 17 de novembro de 2000 de novo foi elixido primeiro ministro. Xunto co presidente da República dirixiu a integración de Eslovenia nas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia patolóxica a fuxir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa alemana. Durante a súa mocidade dedicouse a recoller lendas e cancións populares. Entre 1841 e 1842 escribiu Gedichte (Poemas). Publicou Das geistliche Jahr (O ano litúrxico, 1861) e Die Judenbuche (A faia xudía, 1842).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador de cine e televisión. Foi un destacado expoñente da denominada “tercera vía” do cine español con Tocata e fuga de Lolita (1974). Despois demostrou a súa capacidade técnica e unha maior coherencia ideolóxica con La verdad sobre el caso Savolta (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político alemán. Foi profesor de filoloxía clásica en Berlín (1835) e de historia en Kiel (1840). Propugnou a unificación de Alemaña baixo a dirección de Prusia. En 1848 foi elixido membro do Parlamento de Frankfurt. Destacan a súa obra Geschichte der preussischen Politik (Historia da política prusiana, 1855-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo checo. Aprendeu fotografía en 1898 no estudo de Antonin Matas. Realizou parte da súa formación en Múnic, da man de G. H. Emmerich e Hans Spurl, entre os anos 1901 e 1903. Ao seu regreso a Praga, en 1910, instalou un estudo propio, onde se especializou en retratos de escritores e artistas. As súas composicións alegóricas están influídas polo modernismo e o simbolismo, e nelas mestura elementos do cubismo, do construtivismo e certo neoclasicismo. Pertence ao grupo de fotógrafos adscritos ao pictorialismo que utilizaban as gomas bicromatadas. A maior parte delas corresponden ao período 1900-1935 e cómpre salientar os nus femininos. Membro da Union Creative Artist, foi un dos fotógrafos máis destacados do movemento europeo da Bauhaus e influíu na obra doutros creadores checos, como Josef Sudek e Jaromir Funke. Publicou, xunto con Augustin Skarda, o libro Prague’s Coutyards and Backyards (1911). Conseguiu a Medalla de Bronce da Internationale Austellung für Photographie und...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor estadounidense. Discípulo de V. Persichetti e A. Copland, dirixiu o estudo de música electrónica do Brooklyn College de Nova York. Autor de pezas camerísticas vocais ou instrumentais, cómpre destacar a súa obra orquestral Windows (Fiestras, Premio Pulitzer 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista brasileiro. En 1920 trasladouse coa súa familia a Belo Horizonte, licenciouse en Farmacia e logo ocupou diversos cargos ligados á área de educación e cultura. Foi colaborador dos xornais Diário de Minas, Minas Gerais, Diário da Tarde, A Tribuna, A Manhã, Correio da Manhã e Folha Carioca. A súa obra, vangardista na literatura brasileira, caracterízase pola mestría construtiva e polo humor inciso. Destacan as súas obras Alguma poesia (1930), Brejo das almas (1934), Sentimento do mundo (1940), Poesias (1942), A rosa do povo (1945), Contos de aprendiz (1951), Lição de coisas (1962), Caminhos de João Brandão (1970), As impurezas do branco (1973), A paixão medida (1980), Corpo (1984) e Farewell (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro londinense antigamente denominado Teatro Real. O actual edificio é o cuarto en ocupar a mesma situación, en Bridges Street. O primeiro, denominado Theatre Royal, foi construído en 1663 por Thomas Killigrew para acoller a compañía The King’s Men, que posuía unha das dúas patentes para representar espectáculos teatrais, mentres a outra era dos propietarios do Covent Garden. Foi destruído por un incendio, pero en 1674 Christopher Wren levantou un novo teatro. Á súa fronte situouse, en 1747, David Garrick, un dos actores máis célebres do teatro inglés da época, que realizou unha fonda transformación dos métodos de realización e produción. Converteu o Drury Lane nun dos referentes da incorporación dunha incipiente tecnoloxía teatral. En 1776 a patente e a dirección do teatro pasaron a mans de Richard Brinsley Sheridan, quen construíu un novo edificio en 1794, cunha capacidade para 3.600 espectadores, tamén destruído nun incendio en 1809. O actual edificio foi inaugurado en 1812, e foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexicógrafo e historiador francés. Estudiou no colexio dos xesuítas de Amiens e en pouco tempo aprendeu latín, grego, francés e varias linguas estranxeiras. Fixo despois dereito en Orléans e, tras prestar xuramento como avogado ante o Parlamento de París (1631), regresou a Amiens. O 19 de xullo de 1638 casou con Catherine du Bos e en 1645 pasou a ocupar o cargo de funcionario da facenda pública de Amiens. En 1668, a peste que se apoderou da cidade obrigouno a trasladarse a París. As súas obras son un modelo de erudición, polo que foi admirado no seu tempo. Como filólogo é autor do Glossarium ad scriptores mediae et infimae latinitatis (1678), o primeiro dicionario completo da baixa latinidade e o máis rico dos repertorios mediolatinos; así mesmo, pode ser considerado como o primeiro léxico do francés antigo, polo importante volume de textos que recolle desta lingua. Deixou tamén un Glossarium ad scriptores mediae et infimae graecitatis (1688), en que non se limita a dar o verdadeiro significado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa química norteamericana con sede en Wilmington (Delaware). Fundada en 1802 por Eleuthère Irénée Dupont de Nemours (1772-1834) como fábrica de pólvora, a partir de 1832 empezou a diversificar a súa produción co nitrato de potasio refinado, o ácido leñoso e a creosota. En 1899 converteuse en corporación e comezou a realizar un importante labor de investigación para mellorar os seus produtos. Con este fin, construíu en Gibbstown (New Jersey) un dos primeiros laboratorios de investigación industrial de EE UU. En 1903 iniciou a investigación no campo dos polímeros artificiais e descubriu, entre outros, o neopreno (1931) e o nailon (1935). Na década dos corenta presentou numerosos produtos, froito da investigación en química, bioloxía e novos materiais. Nos anos sesenta tivo lugar a súa expansión por setenta países de América, Europa, Asia e África. En 1981 mercou a sociedade petroleira norteamericana Continental Oil Company (CONOCO), coa que se introduciu no campo da enerxía. A presenza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe antiga que se estableceu en Betanzos. As súas armas levan, en campo de goles, un pergamiño cun poema celta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto arquitectónico, situado en Santa María de Duancos (Castro de Rei), que está formado polas casas do Colexio, a capela e o pazo señorial. Fundouno Domingo López Carvajal, marqués de Atalaya Bermeja, en 1776. O Colexio, de planta rectangular, ten dúas alturas e cóbrese a catro augas. A fachada susténtase en tres corpos; nos laterais destacan os brasóns do fundador e na parte inferior do corpo central a tripla arcada de medio punto sobre a que se sitúa a balaustrada da solaina. A capela é dunha soa nave dividida en dous tramos. Conserva o retablo maior neoclásico. O pazo, construído antes da fundación do Colexio, ten escaleiras exteriores, balaustrada e solaina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Reedificada no s XVIII, ten unha nave de planta rectangular e un presbiterio de maior altura. No interior destaca o retablo maior neoclásico con imaxes de santo Antonio e santa María. No exterior destaca a portada arquitrabada cunha ventá rectangular e unha espadana dun só van. No muro sur conservánse dúas pedras de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Construída no s XVII, ten planta rectangular de nave única con cuberta de madeira a dúas augas. No seu interior destaca o retablo maior neoclásico (s XVIII), con imaxes de san Pedro, san Xosé e Santiago, un retablo renacentista (s XVII), con imaxes de santo Antonio e santa María, e un altorrelevo de Deus Pai. No exterior, destaca a espadana dun van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Formouse na Escuela de Artes y Oficios de Madrid (1944-1947) e en 1954 trasladouse a París, onde coñeceu a escultura cinética. Dende 1961 reside en Suíza. Foi un dos fundadores do Equipo 57 (1957-1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor portugués. Formouse na Escola de Belas-Artes de Lisboa, onde foi profesor (1958-1982). Entre as súas obras destacan os Cavalos Marinhos da Praça do Império de Lisboa e as estatuas de Camilo Castelo Branco en Lisboa, Pedro I en Cascais e Afonso III en Faro. Recibiu, entre outros galardóns, o Prémio de Desenho Domingos Sequeira (1952), a Medalla de Ouro no Pavilhão de Portugal na Exposición Universal de Bruxelas de 1958 e o primeiro premio de escultura na II Exposição de Artes Plásticas da Fundação Gulbenkian (1961). En 1985 inaugurouse na súa cidade natal o Museu Atelier António Duarte, formado por obras doadas polo artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Combateu pola independencia de Santo Domingo á fronte da sociedade secreta La Trinitaria (1833). Tras unha etapa de obrigado exilio, ao ser perseguido polo goberno haitiano (1843-1864), regresou a Santo Domingo para expulsar os españois.

    VER O DETALLE DO TERMO