Duancos, pazo de

Duancos, pazo de

Conxunto arquitectónico, situado en Santa María de Duancos (Castro de Rei), que está formado polas casas do Colexio, a capela e o pazo señorial. Fundouno Domingo López Carvajal, marqués de Atalaya Bermeja, en 1776. O Colexio, de planta rectangular, ten dúas alturas e cóbrese a catro augas. A fachada susténtase en tres corpos; nos laterais destacan os brasóns do fundador e na parte inferior do corpo central a tripla arcada de medio punto sobre a que se sitúa a balaustrada da solaina. A capela é dunha soa nave dividida en dous tramos. Conserva o retablo maior neoclásico. O pazo, construído antes da fundación do Colexio, ten escaleiras exteriores, balaustrada e solaina.

Palabras veciñas

dualístico -ca | Duán | Duancos | Duancos, pazo de | Duancos, Santa María de | Duarría | Duarría, Santiago de