"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Antigo mosteiro beneditino situado en Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín). A primeira proba documental da súa existencia é un documento de 921 do Rei Ordoño II no que se autoriza ao abade Franquila a reconstrución do mosteiro de Santo Estevo, pero puido exisir nos ss VI e VII. O Rei Afonso IX defendeuno fronte aos intereses de varios nobres e o mosteiro chegou a ter xurisdición sobre un extenso territorio. Incorporouse á Congregación de Valladolid en 1499 e no s XVI tivo entre os seus priorados a Santa Cristina de Ribas de Sil e San Vicente de Pombeiro, e acadou unha grande importancia económica ata a exclaustración de 1835. Acometeuse unha restauración do conxunto e en 2004 inaugurouse nas súas dependencias un Parador Nacional de Turismo. Realizado en estilo románico, ten elementos arquitectónicos que van desde o gótico e o renacentista ata o neoclásico. Das distintas dependencias que se conservan destacan os tres claustros. O Procesional ou dos Bispos, recibe este nome en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Sagrada Teoloxía e licenciado en Dereito Canónico, foi cóengo do Seminario de Mondoñedo e de Santiago de Compostela, onde foi nomeado bispo auxiliar en 1922. Escribiu diversos sermóns e cartas pastorais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto comercial e pesqueiro situado no concello do mesmo nome. Amplo e moi ben resgardado, conta cun importante peirao comercial e unhas instalacións deportivas con capacidade para 215 atraques. Ten un calado de 3 m, efectos navais, talleres, combustible, Capitanía Marítima, auga, enerxía e iluminación. Conta con instalacións PIF (Punto de Inspección Fronteiriza). É un porto importante na descarga de túnidos conxelados. É o primerio porto de España e da UE en pesca de baixura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do NL do estado de São Paulo, Brasil (456.252 h [2000]). Situada na beira esquerda do Pardo, afluente do Grande, é importante pola fertilidade das súas terras e pola súa industria siderúrxica, conserveira, téxtil e de destilarías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Construída no s XVII, conserva elementos de épocas anteriores e sufriu importantes reformas. Consta de dúas naves de planta rectangular, unha delas engadida no s XVIII, presbiterio e sancristía. No interior destaca un retablo barroco que cobre o testeiro e outro lateral de finais do s XVIII. Na fachada destaca un ollo de boi no frontispicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e político. Foi un dos impulsores do complot nobiliario que conduciu ao alzamento de Portugal en 1640 contra o dominio de Filipe IV de Castela e ofreceulle o trono portugués ao duque de Bragança (Xoán IV de Portugal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino. Foi prior e arquiveiro cara a 1721 no mosteiro de San Xián de Samos, onde tamén foi abade (1733-1737). Atribúeselle Relación sucinta de los sucesos principales del Real Monasterio de San Julián de Samos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a pintura de historia e os retratos e foi discípulo de F. Bayeu en París. Foi pintor de Carlos IV (1811) e de Fernando VII (1816), quen lle encargou a decoración de Aranjuez e de El Pardo. O seu fillo, Carlos Luis Ribera (Roma 1815-Madrid 1891) foi discípulo seu e de Hippolyte Delaroche e pintou na corte de Isabel II (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso agostiño. Tomou o hábito no convento de Santiago de Compostela (1709) e foi misioneiro en Filipinas (1713), prior do convento de Manila e definidor da súa provincia, comisario do Santo Oficio e gobernador eclesiástico de Nueva Segovia. Escribiu Sumario de las indulgencias de la Correa (1719) e Catecismo de la Doctrina Cristiana, del P. López, refundido (1765).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e místico escolástico. Sucedeu a Hugo de San Vítor na abadía de Saint-Victor de París. Os seus seis libros De Trinitate ocupan un lugar excepcional na historia da especulación trinitaria. Elaborou minuciosamente tres argumentos a posteriori da existencia de Deus (o da temporalidade, o dos graos de perfección e o da posibilidade), moi apreciados pola escolástica posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Ingresou na cabalaría e distinguiuse nas campañas de Italia durante a Guerra de Sucesión de Austria. En 1764 Carlos III encargoulle a reforma do exército de Nueva España. Loitou durante a Guerra de Independencia e ascendeu a xeneral. Escribiu Preceptos y máximas militares para instrución de los alumnos del colegio de Ocaña e o seu Diario de campaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Iniciador do free cinema con Mamma Don’t Allow (1956), realizou unha obra inspirada na realidade social, que reflectiu nos filmes Look back in Anger (1959), Tom Jones (1963; Oscar ao mellor filme en 1964) e The Charge of the Light Brigade (1967). Tamén filmou The Hotel New Hampshire (1984) e Blue Sky (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Foi director do Stanford Linear Accelerator Center. Recibiu o Premio Nobel de Física (1976) xunto con S. C. Ting polo descubrimento dunha nova partícula atómica elemental, a J/ø.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista ucraíno. Formado en Odessa e Moscova, debutou en 1945. Realizou concertos por todo o mundo cun repertorio ruso e de compositores románticos do s XIX como Schubert ou Schumann, ademais de gravar diversos discos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido ricinoleico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e crítico da arte. Emigrado a México en 1940, foi profesor na Universidad Central de México e crítico no Conservatorio Nacional. Escribiu Filosofía del Arte en España e Iberoamérica en el siglo XVI (1945), Orientación pedagógica en materia de Arte (1945), La música aborigen mexicana desde el ángulo sociológico e Documentos sobre la expulsión de los jesuítas y ocupación de sus temporalidades en Nueva España (1772-1783) (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contracción dos labios provocada por situacións de nervios ou dor, que lle dá á boca un aspecto de riso forzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Naturalizado estadounidense en 1944, formouse en Roma con O. Respighi. En París vinculouse á estética do Grupo dos Seis e en 1940 estableceuse en EE UU. Foi autor de ballets, como Oedipus (1944), de obras sinfónicas e para piano, e da ópera The Clock (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico italiano. Estudou as ondas hertzianas centimétricas mediante un oscilador esférico, construíu un micrófono e investigou a reflexión e a propagación das ondas eléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera en catro actos, con música de Giuseppe Verdi e texto de Francesco Maria Piave, baseada en Le roi s’amuse de V. Hugo, estreada no Teatro la Fenice de Venecia o 11 de marzo de 1851. O fracaso da revolución de 1848 fixo que Verdi renunciase aos temas patrióticos para achegarse máis á psicoloxía dos personaxes. Nese sentido, esta ópera rompeu os moldes establecidos, pois o protagonista era un barítono maligno e o tenor abandonaba o papel de cabaleiro romántico para converterse nunha persoa vil.

    VER O DETALLE DO TERMO