"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Charles François du Périer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Construída no s XVII, reformouse ao longo do tempo. Ten planta rectangular, cunha nave con cuberta de madeira a dúas augas e unha pequena ábsida cun arco triunfal de medio punto. Ten un pórtico, separado do templo, e unha espadana, que foron construídos posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía do NL de Irlanda, situada no mar de Irlanda, ao N de Dublín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filántropo e escritor. Conmocionado pola visión dos feridos na Batalla de Solferino (1859), escribiu Un Souvenir de Solferino (Un recordo de Solferino, 1862), baseado nesta experiencia. Foi un activo promotor da Convención de Xenebra (1864), na que se fundou a Cruz Vermella; posteriormente, dedicou a súa vida a outras causas humanitarias. En 1901 compartiu, con F. Passy, o Premio Nobel da Paz. O 8 de maio, aniversario do seu nacemento, celébrase o Día Mundial da Cruz Vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina estadounidense. Seguidora de Jean-Georges Noverre e François Delsarte, posuía unha formación moi heteroxénea adquirida en múltiples viaxes realizadas por Europa e EE UU, nas que traballou con Marie Bofanti, Ketti Lenner, Agustin Daly ou Mikhail Mikhailovič Fokine, e nas que coñeceu a directores do prestixio de Konstantin Sergejevič Stanislavskij, Sergej Pavlovič D’agilev ou Gordon Craig. Foi unha das primeiras artistas en crear un estilo propio, que baseou na renuncia ao canon clásico e na exploración dunha liña máis libre e natural, partindo da idea de que a música era un motivo para a creación coreográfica e o movemento non era unha simple ilustración da partitura musical, razón pola que renunciou ao repertorio musical tradicional e introduciu novos autores, como Chopin, Beethoven, Schubert, Gluck, Bach, Wagner, Brahms, Chaikovski, Listz, Franck ou Berlioz. En 1902 pronunciou en Berlín a conferencia “A danza do futuro”, que se pode considerar como o manifesto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo estadounidense. Profesor en Ann Arbor. Discípulo de Émile Durkheim, afondou na ecoloxía humana. Escribiu Metropolis and Region (Metrópole e rexión, 1960), así como diversos estudios sobre a poboación rural e afroamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e decorador estadounidense, irmán de Isadora Duncan, viviu en París dende 1911. Interesado pola cultura e a civilización grega, tratou de levar a cabo un renacemento helénico en todos os apartados artísticos. Fundou a Akadémia, dende a que potenciou o traballo manual e a cultura grega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Irlanda do Norte (780 km2; 43.700 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e ilustrador francés. Realizou óleos, acuarelas, debuxos e gravados e cultivou a paisaxe, o bodegón e a figuración. A súa obra evolucionou dende unha primeira influencia cubista cara ao naturalismo. Realizou ilustracións de libros e decorados de teatro e ballet. Participou no Salon d’Automne de 1910 coa obra Les buveurs (Os bebedores) e no Salon des Indépendants de 1911. Entre as súas obras cómpre salientar Paysage de Saint-Tropez (Paisaxe de Saint-Tropez, 1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward John Moreton Drax Plunkett.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e pedagogo francés. En 1849 foi nomeado bispo de Orléans. Defendeu a liberdade do ensino. Escribiu De l’éducation (Da educación, 1850-1862) e De la haute éducation intellectuelle (Da alta educación intelectual, 1855-1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Activo en Murcia (1719-1730), traballou como tallista e influíu en Francisco Salzillo. Cómpre destacar a súa obra San Juan Bautista (1718?) e as inmaculadas feitas en barro cocido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora, filla de Antoine Duparc. Discípula de Van Loo, especializouse na realización de retratos realistas. Cómpre destacar a súa obra A muller que calceta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como George Sand, educouse baixo a tutela da súa avoa en Nohant e ingresou nun convento en París (1817-1820). En 1822 casou co barón Duvenant. En 1831 separouse e trasladouse a París. Posteriormente, volveu a Nohant e logo pasou uns anos xunto a F. Chopin na cartuxa de Valldemosa en Mallorca. En colaboración con Jules Sandeau publicou a súa primeira novela titulada Rose et Blanche (1831), baixo o pseudónimo común de Jules Sand, e fundou a revista Revue indépendante (1841), xunto con Pierre Leroux. Escribiu pezas de teatro, como Claudie (1851) ou Molière (1851), e tivo unha grande actividade como novelista con obras, como Valentine (1832), Indiana (1932), Lélia (1833), Mauprat (1837), Un hiver à Majorque (1841), Le meunier d’Angibault (O muiñeiro de Angibault, 1845), La mare au diable (O pantano do demo, 1846), François le Champi (1848), Histoire...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza defensiva de carácter secreto asinada o 7 de outubro de 1879 entre Alemaña e Austria, dirixida contra Rusia e, eventualmente, contra Francia. Ata 1914 constituíu o eixe da política alemana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Administrador colonial. Colonizador da India (1720-1754), en 1742 foi nomeado administrador xeral da Compañía de Indias. Durante a Guerra de Sucesión de Austria arrebatoulles Madrás aos ingleses (1746). Regresou a Francia en 1754 e todas as súas adquisicións se perderon na Guerra dos Sete Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Realizou gravados sobre feitos acontecidos durante a Revolución Francesa. Destaca, entre outros, A execución de Luís XVI. Realizou tamén ilustracións para libros de viaxes por Italia, Grecia e Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, conde de Dupont de l’Étang. Xeneral de Napoleón, loitou en Italia e na Península Ibérica. Derrotado en Bailén en 1808, foi sometido a consello de guerra e encarcerado no castelo de Joux. Rehabilitado por Luís XVIII, foi ministro da Guerra (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orientalista francés. Profesor en París de filoloxía hebraica e de historia do antigo Oriente, transcribiu e comentou os manuscritos do Mar Morto. Entre as súas obras destacan Livre des hymnes découverts près de la mer Morte (Libro dos himnos descubertos preto do Mar Morto, 1957) e Écrits esséniens découverts près de la mer Morte (Escritos esenios descubertos preto do Mar Morto, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Estudiou na Accademia di Siena. Entre as obras de temática relixiosa destacan Abele morente (A morte de Abel, 1839?), Cain (1840), Sappho (1857), Addolorata (1860) e Pietá (1863). Realizou tamén o monumento a Cavour en Turín. Escribiu Pensieri sull’arte e ricordi autobiografici (Pensamentos sobre a arte e recordos autobiográficos), obra publicada postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO