Dupré, Giovanni

Dupré, Giovanni

Escultor italiano. Estudiou na Accademia di Siena. Entre as obras de temática relixiosa destacan Abele morente (A morte de Abel, 1839?), Cain (1840), Sappho (1857), Addolorata (1860) e Pietá (1863). Realizou tamén o monumento a Cavour en Turín. Escribiu Pensieri sull’arte e ricordi autobiografici (Pensamentos sobre a arte e recordos autobiográficos), obra publicada postumamente.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Siena

  • Deceso

    Lugar : Florencia