"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
GALICIA
Político, pai de Joaquín Quiroga Espín. Formado en enxeñaría de montes e dereito, pertenceu ao Partido Liberal e pactou cos conservadores para que ambos os dous tivesen sempre representación nas Cortes polo distrito de Lugo. Foi deputado por Lugo (1881-1887 e 1891-1907) e por Daimiel (1907-1908). Director xeral de Obras Públicas (1893), subsecretario de Ultramar (1897) e subsecretario de Gobernación (1901), foi director xeral de Administración e Fomento de Filipinas, e ministro de Gobernación (1906). A súa notoriedade naceu coa súa xestión de Filipinas, caracterizada por certo liberalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Afonso XIII en 1931 a Joaquín Quiroga Espín (Madrid 1880? -?). Sucedeuno en 1971 o seu fillo Joaquín Quiroga Díaz (? - Madrid 24.10.1983), II conde de Quiroga-Ballesteros. O seu sucesor foi o seu fillo Joaquín Quiroga Sartorius. Trae por armas escudo medio cortado e partido: 1º, de ouro, un carballo de sinople e base da mesma cor, cun lobo de sable pasante; 2º, de goles, cinco paus cortados ao pé de ouro; e 3º, de ouro, aciñeira de sinople e dous lobos de sable, pasantes, un diante e outro detrás; timbrado, con coroa condal.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Paco Rabal, protagonizou numerosos filmes, dos que destacan Hay un camino a la derecha (1953), Nazarín (1958), Viridiana (1961), Belle de jour (1966), Truhanes (1983), Los santos inocentes (1984, Premio de interpretación do Festival de Cannes), Juncal (1989), El hombre que perdió su sombra (1991), Goya en Burdeos (1999, Goya á mellor interpretación masculina) e Lázaro de Tormes (2000). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1992) e a Medalla de Oro de la Academia de Cine (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Rabal (Celanova), fundado a comenzos do s X.
-
GALICIA
Rabaleira pequena e Rabaleira grande son dúas praias de apenas un metro de anchura, poco utilizadas para o baño.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO:... -
GALICIA
Rabaleira pequena e Rabaleira grande son dúas praias de apenas un metro de anchura, poco utilizadas para o baño.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Grava / Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO:... -
VER O DETALLE DO TERMO
Baliza que emite enerxía electromagnética para indicar a súa situación. Permite sinalar determinadas características da superficie terrestre, marcar unha ruta aérea ou indicar o camiño que ten que seguir unha embarcación.
-
GALICIA
Artista. Nas súas instalacións amosou escenarios irrecoñecibles e suxestivos. No campo da fotografía ofreceu unha visión poética da súa cidade natal a partir de obras froito da exposición prolongada das súas cámaras manuais. Recibiu o III Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas coa fotografía Os teus lunares na miña cara e o I Concurso Anual de Fotografía Purificación García coa obra Sen Título, 2002 (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e artista plástico. Licenciado en Filoloxía Hispánica e profesor, publicou Raizames (2001) e A árbore da cegueira (2002, V Premio de Poesía Concello de Carral) e ilustrou o libro A núa lentitude. Ricardo Martínez Conde (2001), nunha edición elaborada por Teresa Monteagudo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou a súa primeira novela en 1977 co título Dos anxos e dos mortos. Das súas obras tamén destacan o conto Querido Brais (1977), premiado no concurso do Pedrón de Ouro; o drama Xogos de Damas (1988), estreado polo grupo teatral Malbarate en 1987; e as obras narrativas Loaira (1992, Premio Losada Diéguez) e Talego (1993, Premio Manuel García Barros), xunto ao libro de relatos A Sombra dos teus soños (1998). Tamén realizou incursións no ensaio con Tempo de vinganza: ensaio sobre Hamlet, de William Shakespeare (2003, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Xunqueira de Ambía, no concello homónimo. O seu cumio acada os 832 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cantidade de restroballo.
-
-
Conxunto das couces inferiores das canas dos cereais que quedan presas á terra despois da sega.
-
Conxunto do que queda ou sobra de algo porque non ten valor.
-
-
GALICIA
Guerrilleiro. Coñecido como Moncho, despois da Guerra Civil Española permaneceu encarcerado por un delito de traizón ao pasar as filas republicanas. Ingresou no Partido Comunista (PC) en 1941. Dirixiu a IV Agrupación (1947-1951) e o PC, ao desmantelar as guerrillas, decidiu envialo a Francia, onde despregou unha intensa actividade partidaria, foi delegado do V Congreso do PCE que se realizou en Praga (1952) e, en 1964, trasladouse a La Habana. O seu compromiso coa revolución cubana levouno a participar nos Comités de Defensa da Revolución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e poeta. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu nos servizos de emigración e trasladouse a Bos Aires. Foi médico da Asociación Española de Socorros Mutuos (1915-1955). Presidiu a Irmandade Galeguista e foi director de A Nosa Terra. Publicou o libro de poelas A gaita a falare (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de danza fundada na Coruña en 1949 por X. M. Rey de Viana. Desde os seus comezos promoveu espectáculos baseados na cultura tradicional galega e coidou moito a estética nas súas actuacións. En 1971, o seu fundador e director cedeu a titularidade do ballet á Deputación Provincial da Coruña, que en 1991 traspasou a xestión do mesmo ao Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). X. M. Rey de Viana foi o director e coreógrafo da compañía desde a súa creación ata a súa morte en 1995, data en que se fixo cargo da compañía a súa muller, Victoria Canedo, ata ese momento subdirectora. En 1999 o ballet iniciou unha nova etapa caracterizada pola estrea anual dun grande espectáculo baseado na cultura tradicional galega, coa participación dun amplo equipo técnico (iluminación, escenografía e vestiario) do IGAEM, acompañado polo Grupo de Música Tradicional deste mesmo organismo. Realizou máis de cincuenta montaxes coreográficas, das que destacan Danzade, Ultreia...
-
GALICIA
Perito mercantil e comerciante. Formado na Escola de Belas Artes, emigrou a Bos Aires, onde se converteu nun experto en numismática, música e fotografía. Colaborou en diversas publicacións, como Eco de Galicia e Galicia Moderna, e publicou Septenvirato (1900), Saudades. Recuerdos y memorias de Marineda (1901), Virutas (1913) e Notas de verano (1914). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO