"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • PERSOEIRO

    Escritor chileno. Preocupouse pola renovación da linguaxe e incorporou experiencias persoais. Dos seus libros cómpre destacar El entusiasmo (1967), Tiro libre (1973), La insurrección (1981), en que trata a loita política en Nicaragua; El cartero de Neruda (1985), levada ao cine en 1995; Ardiente paciencia (1986) e El baile de la vitoria (Premio Planeta 2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ucraíno. Educado en Palestina, fundou os xornais Ha-Ares, Kĕtubim e Amudaim, e editou o diario Al-ha-mišmar e a colección popular Sifriyat po’alim. Foi o introdutor do modernismo na poesía hebrea e traduciu a diversos clásicos, como Molière ou Shakespeare. Recibiu o Premio Černikhovskih de Poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aquilo que queda por haber en exceso. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sobrada de Aguiar (Outeiro de Rei). De planta rectangular, ten dependencias auxiliares e alpendres unidos aos laterais da fachada de acceso. Nun extremo atópase a antiga torre de planta cadrada realizada en cachotaría, con reforzos de granito nos vans. Foi propiedade das familias Ribadeneira, Aguiar e Maseda de Andrade. Sufriu varias reformas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de santa María, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xunqueira de Ambía baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Sil ao seu paso por Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Realizada en cantaría e cachotaría, presenta sete vans formados por arcos de medio punto e ten a rasante alombada. O arco central foi quebrado durante a Guerra da Independencia e posteriormente restaurado. Atópase no antigo Camiño Real do Bierzo a Galicia e formou parte da vía XVIII ou Vía Nova que cruzaba a comarca de Valdeorras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sobrado ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Sobrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta alta dunha vivenda de dúas, especialmente cando ten o piso de madeira.

    2. Piso de madeira dunha casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Poulo, capital do concello de Gomesende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Melide situado no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, a 43° 02’ 30” de latitude N e 8° 01’ de lonxitude O. Limita ao N con Curtis (comarca de Betanzos), a L con Guitiriz (comarca de Terra Chá) e Friol (comarca de Lugo), ao S con Melide e Toques (comarca de Terra de Melide), e ao O con Vilasantar (comarca de Betanzos) e Boimorto (comarca de Arzúa). Abrangue unha superficie de 120,6 km2cunha poboación de 2.244h (2007), distribuída nas parroquias de Carelle, A Ciadella, Codesoso, Cumbraos, Folgoso, Grixalba, Nogueira, A Porta, Pousada e Roade. A súa capital está no lugar de Sobrado, na parroquia da Porta, a 54 km de Santiago de Compostela e a 60 km da Coruña. Está adscrito á provincia da Coruña, á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Betanzos.
    Xeografía física
    O relevo de Sobrado, situado nunha área en que conviven materiais graníticos con outros de natureza básica ou ultrabásica, responde á clara contraposición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Curtis e Vilasantar e parte dos de Boimorto e Sobrado. Está composto por 16 parroquias matrices e 8 anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de sobrar.

    2. Que é excesivo ou en moita cantidade.

    3. Que posúe algunha cousa en abundancia, especialmente referido a bens materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico e realizador cinematográfico. Dirixiu a Revista Pathé ata 1922 e colaborou nos xornais El Sol, co pseudónimo de Focus, El Debate e La Vanguardia, onde analizou diferentes aspectos técnicos do cine da época. Da súa filmografía destacan Sol y sombra (1923) e Santa Isabel de Ceres (1923); e os documentais Fandanguillo/Almería y su uva (1942), Rutas de la Alpujarra (1944), Cádiz por alegrías (1944) e Sevilla por soleares (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO